"Cis" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1012.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de León, Castela e León, drenado polo río Esla (4.509 h [1996]). Está accidentado polos primeiros contrafortes da Cordilleira Cantábrica. Ten importancia a minería, especialmente a extracción de carbón. A agricultura céntrase no cultivo de cereais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aminoácido non esencial que en estado natural se atopa en forma L. Obtense por oxidación da cisteína. O pelo contén cantidades importantes de cistina; a súa redución a cisteína con tioglicolato é a base dos procesos de ondulación permanente do cabelo en frío.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doenza hereditaria de carácter autosómico recesivo, na que ten lugar unha excesiva eliminación urinaria de cistina e de aminoácidos básicos (lisina, arxixina e ornitina), a causa dunha alteración na súa reabsorción tubular renal. O exceso de cistina nos ouriños predispón á formación de cálculos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inflamación aguda ou crónica da vexiga dos ouriños, xeralmente de orixe bacteriana (colibacilos, estafilococos, estreptococos e bacilo de Koch). Clinicamente, preséntanse tres síntomas cardinais: micción frecuente (polaciuria), evacuación vesical difícil ou dolorosa (disuria) e presenza de pus nos ouriños (piuria). Na inflamación crónica, a sintomatoloxía subxectiva non adoita ser tan pronunciada e a miúdo falta por completo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
cist(i/o)-.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cuberta en forma de urna arredondada, cunha abertura apical, que se forma nalgúns rodófitos por proliferación das células que recobren o procarpo despois da fecundación, e que envolve o gonimoblasto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hernia da vexiga urinaria. Aparece cando unha porción da vexiga se introduce polos condutos inguinal, crural, etc, ou provoca un colapso da parede anterior da vaxina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Punción evacuadora da vexiga urinaria que se realiza mediante un trocar ou unha agulla adecuados.
-
-
Relativo ou pertencente aos cistoflaxelados.
-
Individuo da suborde dos cistoflaxelados.
-
Suborde de dinoflaxelados que engloba protozoos flaxelados de forma esférica co citoplasma vacuolizado e cun tentáculo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de fecundación na que os cigotos se forman por unión de dous gametocitos, que non chegan, ningún dos dous, a producir gametos diferenciais. Denominada tamén conxugación, é típica das algas conxugadas (cigofíceas) e dos fungos da clase dos cigomicetos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Radiografía da vexiga urinaria. Practícase inxectando na vexiga unha substancia opaca aos raios X ou no transcurso dunha urografía intravenosa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Concreción intracelular de carbonato cálcico formada sobre algunha excrecencia da membrana de determinadas células vexetais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Avaliación do ton muscular da parede da vexiga urinaria. Realízase enchendo a vexiga de auga e determinando deseguido a presión cun manómetro adecuado que se denomina cistómetro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Manómetro empregado para a práctica da cistometría.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Exploración endoscópica da vexiga urinaria. Mediante un cistoscopio, emprégase para o exame da mucosa, da cavidade vesical e da función excretora pielouretral.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento para a práctica da cistoscopia.
-
-
Relativo ou pertencente ás cistoseiráceas.
-
Alga da familia das cistoseiráceas.
-
Familia de algas pardas da orde das fucais á que pertencen os xéneros Bifurcaria, Cystoseira e Halidrys.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Incisión na vexiga urinaria para extraer un cálculo ou un corpo estraño.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Individuo polipoide, presente nos cormidios das colonias dos sifonóforos, que ten función excretora.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento cordófono da familia dos laúdes, sen cordal, no que se obtén o son punteando co plectro as cordas, xeralmente dobres e metálicas. Utilizouse, sobre todo, nos ss XVI e XVII. Consérvanse numerosos libros e manuscritos de música especialmente escrita para el.