cistro
cistro
(< fr cistre)
s
m
[MÚS]
Instrumento cordófono da familia dos laúdes, sen cordal, no que se obtén o son punteando co plectro as cordas, xeralmente dobres e metálicas. Utilizouse, sobre todo, nos ss XVI e XVII. Consérvanse numerosos libros e manuscritos de música especialmente escrita para el.