"Est" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2747.

  • CIDADES

    Cidade da Bretaña, no departamento de Finistère, Francia, situada á beira da rada de Brest (153.099 h [1990]). Atópase baixo un dominio climático húmido, recollendo unha precipitación anual media superior aos 1.300 mm. Porto, base militar e arsenal, é un importante centro redistribuidor para o comercio marítimo e núcleo industrial, destacando os sectores eléctrico, de maquinaria, químico, alimentario e téxtil. Tamén é centro de ensino superior, sede da Université de Bretagne Occidentale e do Centro Oceanográfico de Bretaña. Desde 1239 pasou a formar parte do Ducado de Bretaña; do 1342 ao 1397 pasou a ser posesión inglesa, data na que retornou a Bretaña. No 1491 foi integrada na monarquía francesa. Brest, aínda así, non adquiriu relevancia ata que Richelieu iniciou en 1631 a construción do porto e a fortificación da cidade, que converterían Brest nunha importante base naval. Ocupada polos alemáns en 1940, converteuse no cuartel xeral da flota de submarinos que exerceron o bloqueo de Gran...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Brest-Litovsk Capital da oblast’ de Brest, Bielorrusia, situada na confluencia dos ríos Mukhavec e Bug (294.620 h [estim 1997]). Atópase a carón da fronteira con Polonia, país ao que pertenceu ata 1795, cando foi incorporada ao Imperio Ruso. Antes que polaca fora posesión lituana. Porto fluvial, durante o período soviético experimentou un notable desenvolvemento industrial, asentado sobre a base que lle proporcionaba a súa condición anterior de encrucillada dos ferrocarrís e das estradas entre Moscova, Kiev, Varsovia e a Prusia Oriental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oblast’ de Bielorrusia (32.300 km2; 1.508.000 h [estim 1997]). A capital é Brest.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Baía da costa occidental da Bretaña, Francia, dunha extensión do redor de 150 km2. Comunica co Océano Atlántico polo canal Goulet de Brest, de 2 km de largo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome obsoleto de Brest.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado de paz asinado en Brest (na actual Bielorrusia) o 3 de marzo 1918, polo que o goberno bolxevique de Rusia, en cumprimento dunha das demandas populares que propiciou a súa chegada ao poder, acordou, á marxe dos seus aliados, poñer fin á guerra que mantiña con Alemaña, Austria-Hungría, Bulgaria e Turquía (Primeira Guerra Mundial). Os rusos renunciaban aos territorios de Polonia, Estonia, Letonia, Lituania, Bielorrusia occidental e ás súas posesións no Caúcaso, admitindo a independencia de Ucraína e Finlandia, e comprometéndose ao pago de indemnizacións. O tratado foi anulado en novembro de 1918 trala rendición alemana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e gravador. Iniciouse na arte do gravado da man do seu irmán Isidoro Brocos con quen estudiou na Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago de Compostela. En 1871 trasladouse a Bos Aires, onde colaborou como gravador en diferentes publicacións. En 1872 instalouse en Rio de Janeiro onde ampliou estudios na Academia de Belas Artes. Colaborou en La Ilustración Gallega y Asturiana, onde realizou un gravado que despois realizou o seu irmán en xeso: Os últimos momentos de Herodes. En 1877 trasladouse por primeira vez a París para estudar na Escola Nacional de Belas Artes xunto a Lekman. Entre 1879 e 1881 estudiou na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid baixo a tutela de Federico de Madrazo. Regresou a París e foi discípulo de Hebert. Interesado pola obra de Ingres, gustou do debuxo e fixo da beleza un ideal. En 1883 por Rebeca dando de beber a Elizer, obtivo unha bolsa da Deputación da Coruña para estudar en Roma durante catro anos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Derivado bromado do estireno empregado en produtos baratos de perfumería, polo seu cheiro a xacinto, en substitución do aldehido fenilacético.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo e matemático inglés. Profesor de matemáticas aplicadas no Haverford College (Pennsylvania 1891-1907) e na Universidade de Yale (1907-1932), investigou en mecánica celeste. Elaborou unhas táboas da Lúa (1920) e estudiou o movemento de rotación da Terra (1926), no que descubriu a existencia de certas irregularidades, e investigou sobre as teorías planetarias, os asteroides e a resonancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proclama asinada en Coblenza o 25 de xullo de 1792 polo duque Carlos Guillerme Fernando de Brunswick, comandante do exército austro-prusiano, en nome das potencias coligadas. Este manifesto, que ameazaba coa destrución total de París se a familia real francesa padecía a mínima aldraxe, provocou o efecto contrario: o derrocamento da monarquía o 10 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Romanía, situada na rexión de Muntenia ou Gran Valaquia, que constitúe un muncipio autónomo á marxe da administración provincial do país (228 km2; 2.027.512 h [1997]). Atravesan a cidade o río Dîmbovita e o seu afluente, o Colentina. A cidade ten un aspecto moderno, con amplas avenidas e máis de vinte parques. Desde 1918 a cidade foi medrando e converteuse no centro político, educativo, cultural, financeiro e industrial do país. A súa situación, no centro de rutas comerciais cara a Bulgaria, Hungría e Ucraína, con abundantes recursos de petróleo, sal e auga, facilitaron o seu desenvolvemento industrial. É tamén un centro de ensino superior: Universitatea din Bucureşti, fundada no ano 1864 e o Institutul Politehnic Gheorghe Gheorghiu-Dej, fundado no ano 1819. Fundada probablemente no lugar onde se situaba unha antiga fortaleza romana, a primeira referencia documental data do s XIV. No s XVII substituíu a Tîrgovişte como capital do principado de Valaquia. Durante...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asinado o 28 de maio de 1812 entre Rusia e Turquía, establecía a cesión a Rusia de Bessarabia, baixo control turco, e a protección rusa de Valaquia. Así mesmo, situaba a fronteira entre ambos os dous países no río Prut.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asinado o 3 de marzo de 1886 entre Serbia e Bulgaria, significou a aceptación por parte de Serbia da unión de Bulgaria e Rumelia oriental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asinado o 10 de agosto de 1913, puxo fin á Segunda Guerra Balcánica. Supuxo unha serie de cambios territoriais: unha parte de Macedonia pasou a Serbia e a Grecia, que recibiu tamén a costa de Salónica. Romanía obtivo Salistria, e Turquía acadou Adrianápolis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asinado o 7 de maio de 1918 entre as potencias centrais e Romanía. Supuxo unha serie de cambios territoriais: Dobrudja meridional pasou a formar parte de Bulgaria e o resto da provincia foi administrada polas potencias centrais, mentres Austria-Hungría ratificou as súas fronteiras nos Cárpatos. Romanía pola súa banda anexionou Bessarabia. Ademais incluía unhas cláusulas económicas: Austria-Hungría e o Imperio Alemán gozarían do monopolio das exportacións petrolíferas e o control dos ferrocarrís e da navegación no Danubio. O tratado non se ratificou e anulouse ao finalizar a Primeira Guerra Mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Hungría, situada na beira do Danubio, na saída das gorxas entre os macizos de Pilis e Börzsöny, que na división administrativa do país constitúe un condado (525 km2; 1.861.383 h [1998]). Consta de dúas partes: Buda, o núcleo antigo, situada sobre os outeiros de Buda e o monte Gellért, á beira dereita do río, e Pest, situada nunha chaira aluvial, na beira esquerda do Danubio. Ambos os dous núcleos desenvolvéronse en círculos concéntricos: no primeiro están os distritos comerciais; o segundo desenvolveuse a partir do s XIX; o terceiro, que se estende ata un cinto de parques e xardíns, comprende os barrios residenciais a ambas as bandas de amplas avenidas radiais. Xa antes da Segunda Guerra Mundial a cidade experimentara un novo crecemento a causa do desenvolvemento da industria, que provocou o nacemento de barrios obreiros, habitados principalmente por inmigrantes procedentes das comarcas rurais. En 1950 a cidade ampliouse de novo coa anexión de sete localidades veciñas....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cultura neolítica (IV milenio a C) dos primeiros agricultores establecida ao redor dos ríos ucraínos Bug e Dniéster. Existen elementos que fan pensar que esta cultura procede dun desenvolvemento autóctono (nivel neolítico acerámico de Soroki), pero tamén existen indicios que demostran a existencia de contactos exteriores no desenvolvemento desa cultura (cerámicas relacionadas coa cultura moldava de Cris e Boian).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘coche’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asemblea lexislativa da República Federal de Alemaña ata finais de 1990 e da Alemaña unificada dende o mesmo ano. Os seus membros son elixidos por un período de 4 anos por sufraxio universal directo. Está composta por 662 membros que elixen o chanceler a proposta do Presidente da República e controlan o poder executivo. Na Confederación Xermánica (1815-1866) (Bundesversammlung) a Asemblea Federal recibía o nome de Bundestag; tamén na República de Austria foi o nome dado ao Nationalrat. Foi o órgano lexislativo da República Federal de Alemaña (1949-1990) e, posteriormente, da Alemaña reunificada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos bupréstidos.

    2. Coleóptero da familia dos bupréstidos.

    3. Familia de coleópteros principalmente tropical e escasamente representada en Europa. Os insectos adultos son de coloración brillante e teñen o corpo de forma ovada, a cabeza afundida no tórax, ollos xeralmente grandes e antenas curtas e dentadas. As larvas teñen os segmentos torácicos dilatados e deprimidos e desenvólvense principalmente na madeira ou talos de herbáceas, aínda que unhas poucas son minadoras de follas ou forman bugallos.

    VER O DETALLE DO TERMO