"Eva" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 409.

  • Estado insular de Venezuela (1.150 km2; 377.700 h [estim 2000]). A súa capital é La Asunción (20.503 h [1995]). Comprende as illas Margarita, a máis grande e onde se atopa a capital, Coche e Cubagua. O clima é tropical. A poboación vive concentrada no litoral de Margarita. A actividade principal é a pesca (ostras perleiras) e a agricultura, onde destacan os cultivos de millo, cana de azucre, cocos, bananas e patacas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que Martín Ruiz de Gamboa lle deu ao arquipélago de Chiloé en 1567, en recordo da orixe de Rodrigo de Quiroga, gobernador de Chile. Ese mesmo ano fundou a cidade de Santiago de Castro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia do vicerreinado de Nueva España que comprendía os actuais estados de Jalisco e Nayarit e parte de Zacatecas, Aguascalientes, San Luis Potosí e Durango. Conquistado por Nuño Beltrán de Guzmán, a capital estableceuse en Compostela (actual Nayarit). Na práctica funcionou como un reino independente. Coa nova organización de Carlos III foi intendencia de Guadalajara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Vigo a partir do 16 de maio de 1927, da que posiblemente só saíu un número. Subtitulada “Revista ilustrada, gráfica e informativa”, estivo dirixida por Víctor Fraiz Villanueva, mestre fusilado en 1937. Incluíu fotografías, contos, notas de sociedade, artigos e literatura. Firme defensora dos valores democráticos e de Galicia, tamén deu conta das actividades do Ateneo de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado en Madrid a partir do 17 de maio de 1937. Cesou en novembro de 1938, despois de trasladar a súa redacción a Barcelona por mor da guerra en xaneiro dese ano. Subtitulado “Portavoz de los antifascistas gallegos”, estivo dirixido por Xosé Gómez Gayoso e Manuel Moure. De tendencia comunista e antifascista, apoiou a Segunda República e fixo chamamentos para que os galegos se unisen e traballasen pola liberación de Galicia e pola creación do Frente Popular Antifascista Gallego. Nel colaboraron Ramón Cabanillas, Arturo Cuadrado ou Basilio Álvarez, promotor de El miliciano gallego, co que o semanario acabaría converxendo tras un período de convivencia de dous meses. En setembro de 1937 Castelao incorporouse á revista cos seus debuxos de guerra e textos de denuncia das atrocidades cometidas polos falanxistas en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado en Ourense a partir do primeiro de xaneiro de 1862. Cesou antes dos seis meses. Subtitulado “Periódico destinado a la defensa de los intereses morales del país”, creouse co obxectivo de promover a construción do ferrocarril entre Vigo e Ourense, sen esquecer os intereses locais da provincia. Saíu dúas veces por semana (mércores e domingo) dos obradoiros de Cesáreo Paz y Hermano. Incluíu artigos de fondo, variedades e soltos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • icerreinado dependente da monarquía hispánica que comprendía o territorio dos actuais estados de Colombia, Ecuador, Venezuela e Panamá e unha parte de Perú e de Brasil. Establecido en 1717, tras a loita pola independencia formouse, en 1819, a República da Gran Colombia, ata que se desintegrou para constituír as Repúblicas de Venezuela (1829), Ecuador (1830) e Nueva Granada (1831), que en 1889 tomou o nome de República de Colombia, da que se separou, en 1903, a República de Panamá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado en Santiago de Compostela a partir do 16 de outubro de 1870. Subtitulado “Periódico republicano federal”, tratouse dunha publicación de tendencia federalista que saíu os días 1, 8, 16 e 24 de cada mes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Ferrol a partir de xullo de 1931. De carácter infantil e distribuída gratuitamente, tivo moi pouca duración. Dirixida por Pedro Guimarey Filgueira, contou coas colaboracións de Fernández Barreiro, López Bouza, Manuel Macías ou Manuel Vázquez Ogando. Incluíu artigos sobre educación infantil, pedagoxía, contos e galego para nenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de disposicións ditadas por Filipe V entre 1707 e 1716, polas que abolía a antiga organización constitucional dos estados que integraban a coroa aragonesa, e establecía, dunha maneira máis ou menos completa, a organización política propia de Castela. Como consecuencia da vitoria que conseguira en Almansa (1707), Filipe V decidiu a abolición do réxime constitucional dos reinos de València e de Aragón, que foron integrados, en calidade de provincias, no goberno e nas leis de Castela. Foron consecuencia do afán centralizador do monarca e xurdiron como resposta ao apoio das institucións aragoneses ao arquiduque Carlos de Austria durante a Guerra de Sucesión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Nicaragua (3.123 km2; 148.492 h [1995]). A súa capital é Ocotal (25.264 h [1995]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Pedrafita (A Teixeira). O seu cumio acada os 826 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso, neto de Juan Pacheco, marqués de Villena e fillo de Alfonso Téllez-Girón y Portocarrero. Entrou ao servizo de Adrián de Utrecht e acompañouno a Roma, cando se converteu no Papa Adrián VI. Foi prelado doméstico do Papa Clemente VII e bispo de Mondoñedo (1532-1537), de Ciudad Rodrigo (1537-1539), de Pamplona (1539-1545), de Jaén (1545-1554) e de Sigüenza (1554-1560). Nomeado cardeal (1545) e bispo de Albano (1557), Carlos V fíxoo vicerrei de Nápoles (1553-1555). En 1555 foi nomeado inquisidor de Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa francesa dedicada á fabricación de automóbiles e vehículos militares, unha das máis antigas e importantes de Europa. Foi fundada polos enxeñeiros René Panhard e Emile Levassor en 1889. Fabricou o seu primeiro automóbil en 1891 e foi absorbida por Citroën en 1965.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Músico. Coñecido como Vangelis, comezou a súa carreira musical no grupo pop Formynx para logo pasar a formar parte de Aphrodite’s Child, xunto a Demis Roussos e Loukas Sideras. Xa en solitario, desenvolveu un estilo moi persoal e próximo á new age, feito que lle valeu o recoñecemento internacional. Os seus contactos co mundo do cine foron continuos, e destacou a súa participación en filmes como Chariots of Fire (1981, Oscar á mellor banda sonora orixinal), Blade Runner (1982), 1492: Conquest of Paradise (1992) e Alexandre (2004). Da súa discografía destacan Earth (1973), Direct (1988) e Mythodea (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Doutor en Historia Medieval pola Universidad Complutense de Madrid (1984), traballou en varios proxectos de investigación relacionados coa diplomática e a heráldica, e fixo traballos por encargo da Xunta de Galicia, o Consello da Cultura Galega, a Fundación Barrié de la Maza ou a Deputación de Lugo. Foi director do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento desde 1994, investigador do Consejo Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e vicepresidente da comisión de heráldica da Xunta de Galicia desde 1993. Escribiu Manual de Heráldica Española (1987 e 2000), Palos, Fajas y Jaqueles. La fusión de armerías en Galicia en los siglos XIII al XVI (1996), Don Pedro Fernández de Castro, VII Conde de Lemos. Mecenas y político (1997), Emblemas Municipais de Galicia   I-II, e Los señores de Galicia (2000). Membro do Consello da Cultura Galega desde 1995 e da Real Academia de la Historia, é membro titular da Académie Internationale d’Heraldique...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta francés, vizconde de Parny. De nome Évariste-Désiré de Forges, empregou a ironía e a burla para escribir sobre temas relixiosos e políticos. Parte da súa obra dedicoulla á súa amada Esther Lelivre, que el mesmo bautizou como Eléonore. Escribiu Poésies érotiques (1778), Opuscules poetiques (1779) e a parodia bíblica La guerre des dieux (1799), contestada por Chateaubriand. Foi membro da Académie Française (1803).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político que xurdiu inicialmente como corrente interna de Izquierda Unida (1992) e que celebrou o seu congreso constituínte en novembro de 1996. En marzo de 1998 tivo lugar o I congreso de Nueva Izquierda, en que Cristina Almeida foi elixida presidenta do partido e Diego López Garrido secretario xeral. Integrouse como corrente no PSOE.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ilustrador e deseñador gráfico. Colaborou coa revista Caminar (1975) e desde 1977 traballou no eido da publicidade, nacional e internacional, e en publicacións como Faro de Vigo, La Voz de Galicia, Can sen Dono e Xo. Ilustrou obras como Os enredos de Olalla (1990), A fuxida dos nenos (1994), Gluf contra Blef (1998), Papá Ogro (1999), Soños de Carme (2000), Un susto para Glub (2000) e Estela, a domadora de ras (2002). Parte da súa obra está exposta no Museo do Humor de Fene.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Diplomático e político. Foi deputado nas Cortes de Cádiz (1814), ministro de Estado (1820-1821 e 1838-1840) e embaixador en Lisboa (1834-1848). Presidiu o Consello de Ministros (1838-1840) e, coa derrota do goberno, tivo que exiliarse ata que acabou a rexencia de B. Espartero.

    VER O DETALLE DO TERMO