Pacheco y Ladrón de Guevara, Pedro
Pacheco y Ladrón de Guevara, Pedro
Relixioso, neto de Juan Pacheco, marqués de Villena e fillo de Alfonso Téllez-Girón y Portocarrero. Entrou ao servizo de Adrián de Utrecht e acompañouno a Roma, cando se converteu no Papa Adrián VI. Foi prelado doméstico do Papa Clemente VII e bispo de Mondoñedo (1532-1537), de Ciudad Rodrigo (1537-1539), de Pamplona (1539-1545), de Jaén (1545-1554) e de Sigüenza (1554-1560). Nomeado cardeal (1545) e bispo de Albano (1557), Carlos V fíxoo vicerrei de Nápoles (1553-1555). En 1555 foi nomeado inquisidor de Roma.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : La Puebla de Montalbán, Toledo -
Deceso
Lugar : Roma