"Icía" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 672.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade fundada o 29 de outubro de 1977 en Santiago de Compostela que ten como finalidade a defensa dos intereses dos libreiros, do libro e da cultura de Galicia. Ademais, procura a mellora profesional e material dos seus asociados, promove o libro e a lectura a través de diversas actividades, e representa o sector en todos os foros de decisión e debate. Ao longo da súa historia, presidírona Xesús Couceiro Rivas, Ángel Martínez Ferrer, Xosé M. Alonso Martínez e Xaime C. Corral Prieto. Está formada por sete Agrupacións de Libreiros (Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo). Publicou os tres primeiros tomos do catálogo das publicacións en galego dende as Cantigas de Santa María ata o ano 1993. Anualmente, edita antoloxías e monografías dos escritores homenaxeados no Día das Letras Galegas. Ademais, encárgase da organización das Feiras do Libro Novo e as do Libro Antigo e de Ocasión que se celebran en Galicia, xunto con xornadas monográficas sobre...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización xurdida entre 1914 e 1915 e baseada na efémera Federación de Marineros del Morrazo. Con forte presenza en Marín e Cangas, tentou integrar as sociedades de mariñeiros, maquinistas e patróns de cabotaxe de toda Galicia. Alentada por militantes socialistas, como o marinense Xosé Hervés e o canteiro residente en Cangas Lorenzo Corbacho, tentou intervir no control das artes depredadoras e na erradicación da dinamita nas faenas pesqueiras. Desapareceu en 1922, logo de ter desenvolvido unha intensa conflitividade mariñeira nas rías de Vigo e Pontevedra a finais da segunda década do s XX.
-
PERSOEIRO
Mártir. Bispo de Foligno, morreu durante a persecución de Decio. A súa festividade celébrase o 24 de xaneiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mártir xunto co seu irmán Primo no s III en Roma. Na iconografía adoitan representarse xuntos con cravos ou feridas nas mans e cun león aos pés. A súa festividade celébrase o 9 de xuño.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que ten a súa orixe no latín Felicianus, cognome romano, xentilicio de Felix. A forma feminina correspondente é Fabricia. As variantes son Felicio/Felicia e os hipocorísticos Felo/Fela. Entre os santos que levaron este nome, un foi mártir co seu irmán Primo no s III en Roma. A súa festividade celébrase o 20 de outubro (bispo) e 9 de xuño (F. e Primo).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga rexión do Oriente Próximo ao longo da costa mediterránea, que se corresponde co Líbano e partes de Siria e Israel. Foi a patria dos fenicios e tivo como cidades principais Biblos, Beirut, Tiro e Sidón.
-
GALICIA
Xornalista. Foi redactor de El Pueblo Gallego, ademais de colaborar noutros xornais galegos. Especializado en temas locais, asinou moitos dos seus artigos co pseudónimo de D’Artagnan. Ademais, presidiu a Asociación da Prensa e dirixiu a Hoja del Lunes de Vigo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao ácido ferricianhídrico.
-
Ácido que deriva formalmente do anión hexacianoferrato(III), de fórmula [Fe(CN) 6 ] 3- .
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xenérico dos sales que derivan do anión hexacianoferrato(III), de fórmula [Fe(CN)6]3-. Os ferricianuros obtéñense tratando un sal de ferro(III) cun exceso de cianuro alcalino, segundo a reacción Fe2(SO4)3+12KCN "Times New → 3K2SO4+2K3Fe(CN)6. Tratando un ferricianuro soluble con Fe2+ obtense o ferricianuro ferroso, ou azul de Turnbull.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Libro de Xosé Carlos Fernández Díaz editado en 2006 por Ir Indo edicións.El Ferrocarril en Galicia é unha obra única na bibliografía ferroviaria de Galicia, xa que proporciona unha ampla visión do mundo do ferrocarril no país galego. Nela pódese contemplar a construción das liñas existentes, explicacións sobre o retraso na chegada do ferrocarril á nosa Comunidade, ou mesmo a falta de desenvolvemento e competitividade relacionados coa comunicación. Toda a rede ferroviaria descríbese con datos estatísticos (estacións, pontes, túneles, accesos a portos, etc.). Ademais, realiza unha comparativa cos servizos existentes na Galicia de hoxe e os do resto do Estado, poñendo de manifesto o inferior número de relacións externas e internas con respecto a outras comunidades españolas. No capítulo de “Plans recentes” ofrécese ao lector un amplo repaso por multitude de plans frustrados e anulados, substituídos por outros igualmente esquecidos e inútiles. Tamén fala da falta de investimentos, incluso en...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico bisemanal editado a partir de 1849 na Coruña. Fundado por Fernando Rubine e Faustino Domínguez, a través dos seus artigos tentaba revitalizar o sector pesqueiro en Galicia. Incluíu revistas de mercados europeos e americanos, e novas xerais e locais. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Domingo Puga.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en decembro de 1857 na Coruña e subtitulada “Periódico destinado exclusivamente al desarrollo de los intereses materiales del país”. Editado e impreso nos obradoiros tipográficos de Xoán Rey Romero, da súa redacción encargábase Federico Martínez de la Riva. Ademais da información económica e de sociedade, incluíu algunhas composicións poéticas en galego.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Corpo de voluntarios do Fragoso que no mes de marzo de 1809 participaron na reconquista de Vigo, ocupada polas tropas francesas. O 14 de marzo, as partidas do Fragoso e San Antoniño, acaudilladas polo monxe franciscano Andrés Villageliú e por frei Giráldez, lograron deter os reforzos que, procedentes de Pontevedra, se dirixían a Vigo para auxiliar aos soldados franceses cercados no interior das murallas da cidade. O día 28, lograda a rendición dos franceses, entraron na zona vella da cidade.
-
-
-
Privilexio ou exención de carácter político, económico ou xurídico que tiñan os habitantes dun lugar, vila ou comarca durante a Idade Media concedida polo soberano ou señor xurisdicional.
-
Territorio ou localidade que gozaba da condición de franquía.
-
carta de franquía
Documento medieval en que se recollía a concesión efectuada polo soberano ou señor xuridisccional aos habitantes dalgunha vila, lugar ou comarca e no que se recoñecía un determinado estatuto xurídico, unhas garantías de liberdade civil e política ou a exención de cargas e tributos. Apareceron por primeira vez a finais do s XI nos territorios do N de Europa e estendéronse cara ao S durante os ss XII e XIII.
-
-
-
Exención do pagamento de certos dereitos ou servicios públicos.
-
Nas aseguradoras, tanto por cento sobre o valor dos efectos asegurados ou cantidade fixa, a partir da que comeza a contar a responsabilidade do asegurador.
-
-
Contrato establecido entre dúas empresas, polo que unha delas (franqueadora) concede a outra (franqueada) o dereito a fabricar ou utilizar unha marca comercial, a cambio dunha compensación económica.
-
Situación na que está un barco cando ten paso franco para se facer ao mar ou coller un rumbo determinado.
-
Situación en que se coloca un barco para saír dun porto ou lugar de ancoraxe. O barco colócase pola parte de fóra de todos os outros que están ancorados no mesmo lugar e nun punto onde poida xirar con facilidade e continuar o seu rumbo libre de obstáculos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación que se creou oficialmente en 1984 coa intención de promover o uso do galego nas administracións públicas. Os seus membros fundacionais foron Xosé González Martínez, Xoaquín Monteagudo Romero, Xermán García Cancela e Carlos Díaz Abraira. En 1984 a AFNLG propúxolle a Xerardo Estévez, a convocatoria dunha xuntanza de rexedores municipais galegos para orientar a política lingüística nos concellos galegos. Posteriormente a AFNLG asinou con colectivos pertencentes ao ámbito do dereito convenios de colaboración para normalizar e estender o uso do galego. Coa Dirección Xeral de Política Lingüística editáronse por primeira vez textos xurídicos en lingua galega e creáronse gabinetes de asesoramento lingüístico nas audiencias provincias e no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Como consecuencia disto, maxistrados como Daniel García Ramos, Pablo Sande, Orencio Pérez González, Benito Montero, Carlos Varela, Xosé Xoán Barreiro Prado e Fernando Leiceaga, moitos xulgados e tribunais de...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundación sen ánimo de lucro creada en 1989 por Caixa Galicia coa finalidade de promover as actividades culturais en calquera das súas posibles manifestacións. Ten a súa sede principal na Coruña. Centrouse no eido da investigación, das belas artes e da promoción cultural e na concesión de bolsas. Convoca diversas actividades de índole cultural. O interese polas artes plásticas deu lugar á creación da Colección Caixa Galicia (1996), con sede na Coruña, constituída por fondos xa existentes e enmarcada nunca política de novas adquisicións que ten en conta as achegas da arte máis nova en Galicia. Pintura, escultura, instalacións e fotografía constitúen os fondos da colección. Posúe varias salas de exposicións e participa así mesmo, en mostras de arte contemporánea. Conta cun servizo pedagóxico para estudiantes e realiza talleres para os mais novos. Dende o curso 1997-1998 concede diversas bolsas de estudios no estranxeiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
[FOESGA] Fundación sen ánimo de lucro que se constituíu o 23 de abril de 1997. Entre os seus obxectivos inclúense a organización de actividades docentes de caracter universitario, profesionais, sociais ou culturais, relacionadas con aspectos estratéxicos do desenvolvemento de Galicia, para a organización de todo tipo de prácticas docentes.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación bisemanal aparecida en Santiago de Compostela o 26 de maio de 1812. Cesou probablemente en xuño de 1814. Trátase do voceiro da Xunta Superior de Galicia e foi o substituto da “Gaceta instrutiva de la Junta Superior de Galicia” cando esta se trasladou dende A Coruña a Santiago de Compostela. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Manuel María de Vila. Incluíu, ademais de información xeral, extractos das sesións das Cortes de Cádiz.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal progresista e liberal editado en Santiago de Compostela a partir do 1 de xaneiro de 1879. Cesou a súa edición o 30 de novembro de 1918. Subtitulouse “Diario de Santiago”, posto que foi o substituto dun xornal que levaba esta mesma cabeceira. Fundado e dirixido por Manuel Bibiano Fernández, contra 1900 foi substituído por A. Fernández Tafall e, posteriormente, por Francisco Vázquez Enríquez. Saía todos os días agás os domingos. Incluía información sobre temas agrícolas, o ferrocarril, a saúde, a moda, os xogos florais, etc. Ademais inseriu algúns poemas, contos e folletíns sobre historia, economía e dereito. Ás veces, incluía tamén suplementos literarios.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista editada en Vigo a partir do 4 de agosto de 1929. Subtitulouse “Letras, artes, industrias, actualidades...” Fundada por Eugenio de Olano e dirixida por Xosé Luís Viñas Castro, tentaba reflectir as novidades que chegaban de Europa e América coas achegas de intelectuais destacados da época. No aspecto literario incluíu poemas, contos, entrevistas e recensións dos libros da Biblioteca de Estudios Gallegos. No apartado gráfico, inseríronse fotografías de Ksado e ilustracións de Maside.