Federación Regional de Obreros de la Industria Pesquera de Galicia
Federación Regional de Obreros de la Industria Pesquera de Galicia
Organización xurdida entre 1914 e 1915 e baseada na efémera Federación de Marineros del Morrazo. Con forte presenza en Marín e Cangas, tentou integrar as sociedades de mariñeiros, maquinistas e patróns de cabotaxe de toda Galicia. Alentada por militantes socialistas, como o marinense Xosé Hervés e o canteiro residente en Cangas Lorenzo Corbacho, tentou intervir no control das artes depredadoras e na erradicación da dinamita nas faenas pesqueiras. Desapareceu en 1922, logo de ter desenvolvido unha intensa conflitividade mariñeira nas rías de Vigo e Pontevedra a finais da segunda década do s XX.