"Jos" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1142.

  • PERSOEIRO

    Inspector médico. Licenciado en Medicina e Cirurxía e en Xornalismo. Foi deputado na lexislatura constituínte (1977-1979) no Congreso de los Diputados pola Unión de Centro Democrático (UCD). Entre outros cargos, exerceu como director da Residencia Sanitaria de Vigo e do Hospital Xeral de Galicia. Recibiu, entre outros galardóns, a Orden del Mérito Constitucional, a Medalla de Oro Constitucional e a Medalla de Oro da Federación de Baloncesto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • José Martínez Couselo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escultor. Participou, entre outras mostras, na I Mostra Unión Fenosa (1989), na Bienal de Pontevedra (1989), na Mail Art Pontevedra Santiago (1989), na Semana Verde de Galicia en Silleda (1989), na Semana Cultural de Vila de Cruces (1988) e na Mostra Artistas do Deza (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Foi aprendiz nun taller de imaxinería en Barcelona e discípulo de Agustín Querol en Madrid, onde instalou o seu taller e coñeceu a arte escultórica da talla directa. En 1905 instalouse en París, onde coincidiu con Picasso, Juan Gris, Apollinaire, Mateo Hernández e César Vallejo. Aconsellado por Rodin, asistiu á Académie Julien. Esculpiu directamente a pedra, o mármore, a madeira, etc. A partir de 1925 traballou con ferros vellos e material de refugo, feito que lle proporcionou o recoñecemento nos EE UU. En 1929 instalouse en Nova York e en 1940 recibiu a nacionalidade estadounidense. Da súa produción destaca o grupo de Alicia no país das marabillas no Central Park de Nova York. Dende 1970 foi membro da Academy of Fine Arts de Nova York.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Piragüista olímpico. Participou na categoría C-1 (canoa individual) nos Xogos Olímpicos de Atlanta 1996 e Sydney 2000, nas probas de 500 m e 1000 m. No ano 2000 proclamouse Campión de España de C-1. Tamén acudiu a varios campionatos mundiais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Discípulo de João Cutileiro, estudiou na Escola de Belas-Artes de Lisboa (1975-1980). Influído polas propostas de Beuys, da arte pobre e da arte mínima, a súa obra evolucionou desde as formas abstractas sobre materiais nobres, como a madeira, a pedra ou o bronce, ata a construción de espacios abstractos a base de materiais sintéticos. A finais dos anos oitenta introduciu novos materiais, como o bronce ou o ferro cuberto de xeso ou pintado. Na década dos noventa, as súas instalacións enchéronse de cadeiras, madeiras, mesas ou espellos combinados con corpos xeométricos nun intento de cuestionarse a inestabilidade dos equilibrios. Participou na mostra Opening Project que inaugurou o European Ceramics Work Centre de ‘s-Hertogenbosch (1991-1992) e na Illa das Esculturas (Pontevedra, 1999). Recibiu o Premio Europeo Robert Schumann en 1987.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro. Encargouse da remodelación en 1750 do Arsenal de Ferrol, deseñado por Cosme Álvarez de los Ríos (1747). Fixo os grandes paseos con árbores, incluíu as fontes e adaptou o edificio á topografía do lugar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista inglés. Exerceu como médico ata 1930. A súa obra tivo gran difusión entre os anos 1940 e 1950 cando se levou ao cine. Entre os seus libros destacan Hatter’s Castle (O castelo do odio, 1931), The Citadel (A cidadela, 1937) e The Keys of the Kingdom (As chaves do reino, 1941).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador da arte, diplomático e xornalista. Foi correspondente na Guerra de Crimea. En 1874 coñeceu a Giovanni Battista Cavalcaselle, con quen desenvolveu o seu traballo de historiador. Entre as súas obras destacan A new history of painting in Italy (Unha nova historia da pintura en Italia, 1864-1866) e Raphael: his life and works (Rafael: a súa vida e traballos, 1882).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antropólogo e arqueólogo. Estudou en Barcelona e en 1939 marchou exiliado a Venezuela, onde se nacionalizou. Fixo expedicións científicas a diferentes lugares de África e América. Fundou a cátedra de Arqueoloxía da Universidad Central de Venezuela, dirixiu o Museo de Ciencias Naturales de Caracas (1944-1963) e o departamento de Antropoloxía do Instituto Venezolano de Investigaciones Científicas. Entre as súas obras destaca Arqueología de Venezuela (1966).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político chileno. Participou nos principais feitos da independencia chilena. Foi ministro de Guerra e Mariña (1830 e 1841-1842), intendente de Valparaíso (1842) e de Concepción (1848). Candidato ás eleccións presidenciais de 1851, foi derrotado e iniciou unha sublevación en Concepción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Contista ecuatoriano. Da súa produción destacan Horno (1932), Los Sangurimas (1934) e Guasinton (1938).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Botánico. En 1931 obtivo a cátedra de Botánica Descritiva da facultade de Farmacia de Madrid. Foi xefe da sección de flora tropical e, en 1936, director do Jardín Botánico de Madrid. En 1939 exiliouse e foi profesor do Instituto Botánico de Bogotá. En Cali exerceu como xefe da Comisión Botánica do Valle de Cauca e como director da Escuela Superior de Agricultura Tropical. Desde 1947 residiu nos EE UU, onde foi conservador do Field Museum of Natural History de Chicago e investigador da Smithsonian Institution de Washington. Entre as súas obras destacan Nota a la flora de Colombia (1934) e Estudios sobre plantas andinas. Tamén traballou na edición da enciclopedia Flora Neotrópica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo. Entre 1867 e 1868 foi profesor de latín e grego no Colegio del Rosario e no Seminario Conciliar de Santafé de Bogotá. Continuador da obra de Andrés Bello, foi o fundador dos estudios dialectais en Hispanoamérica. En 1882 trasladouse a París e, de volta a Bogotá, publicou Gramática de la lengua latina (1867), en colaboración con Miguel Antonio Caro, e Apuntaciones críticas sobre el lenguaje bogotano (1867-1872), obra de referencia da dialectoloxía hispanoamericana. En 1874 apareceron as súas Notas a la Gramática de la lengua castellana de Andrés Bello, e iniciou a composición do Dicionario de construción y régimen de la lengua castellana (1886-1893), obra da que Cuervo só publicou dous volumes (desde o a ata o d); o Instituto Caro y Cuervo concluiríaa en 1994, con oito volumes e 9.500 voces. Despois da súa morte, todos os manuscritos inéditos depositáronse nos fondos da Biblioteca Nacional de Bogotá e, anos despois, foron publicados...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Ourense. Ocupou a coenxía en Salamanca, ata que en 1866 foi designado polo rei, como bispo de Ourense, cargo que ocupou ata a súa morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado. En 1964 entrou a formar parte da Unión de Artes Gráficas da Central Nacional Sindicalista (CNS). En 1976 foi o artífice da creación da Organización de Fabricantes de Pastas de Papel y Cartón. En 1977 participou na comisión xestora que fundou a Confederación Española de Organizaciones Empresariales (CEOE), da que foi presidente en 1984, cargo no que foi confirmado en 1990, 1994 e 1998. En representación da patronal asinou o Acuerdo Económico y Social (AES) co primeiro goberno socialista. Foi vicepresidente de Sarrió Papelera de Leiza (1987) e presidente de Celulosa e Papel de Ferrol (1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • José Fernández Cuevas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar, biólogo e naturalista. Profesor na década dos oitenta da Escola Naval Militar de Marín. Foi presidente da primeira xunta rectora do Parque Natural das Illas Cíes dende 1981 ata 1985 e un dos promotores da súa declaración como espazo protexido. Participou como naturalista nas dúas primeiras expedicións españolas á Antártida (1988-1989 e 1989-1990), e elaborou o primeiro catálogo español de cetáceos, pinnípedos e aves daquel continente. Publicou numerosos artigos dedicados á divulgación dos valores naturais de Galicia en Faro de Vigo, Diario de Pontevedra e La Voz de Galicia, que asinou co seu nome o co pseudónimo Rasele. Formou parte, xunto con Borobó, Maximino Sar, E. Fernández de la Cigoña, Blanco Tobío, Fariña Jamardo, Hipólito de Sa e outros, do grupo Los Endovélicos de Galicia. Entre os seus libros destacan Fauna gallega y algo más (1978), que marcou o comezo dunha literatura ecoloxista en Galicia; Más allá de la corredoira...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e militar. Nos seus temas destacan as escenas hípicas e militares. Traballou en París no estudo de Detaille e estableceuse máis tarde en Barcelona. Pintou os retratos oficiais de Antonio López, Afonso XIII, Joan Prim e do presidente mexicano Porfirio Díaz. Ilustrou a obra de Francesco Barado La vida militar en España (1887).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto holandés. Estudiou na Academia de Anveres e exerceu como arquitecto municipal de Roermond. Discípulo de Viollet-le-Duc, traballou na restauración da catedral de Maguncia. Construíu numerosas igrexas en estilo neogótico, entre as que destacan a de St. Catharina en Eindhoven (1859) e St. Wilibrordus (1864-1866) en Amsterdam. Realizou tamén o Rijksmuseum de Amsterdam (1877-1885).

    VER O DETALLE DO TERMO