Croft, José Pedro

Croft, José Pedro

Escultor. Discípulo de João Cutileiro, estudiou na Escola de Belas-Artes de Lisboa (1975-1980). Influído polas propostas de Beuys, da arte pobre e da arte mínima, a súa obra evolucionou desde as formas abstractas sobre materiais nobres, como a madeira, a pedra ou o bronce, ata a construción de espacios abstractos a base de materiais sintéticos. A finais dos anos oitenta introduciu novos materiais, como o bronce ou o ferro cuberto de xeso ou pintado. Na década dos noventa, as súas instalacións enchéronse de cadeiras, madeiras, mesas ou espellos combinados con corpos xeométricos nun intento de cuestionarse a inestabilidade dos equilibrios. Participou na mostra Opening Project que inaugurou o European Ceramics Work Centre de ‘s-Hertogenbosch (1991-1992) e na Illa das Esculturas (Pontevedra, 1999). Recibiu o Premio Europeo Robert Schumann en 1987.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Porto