Creeft Champane, José de

Creeft Champane, José de

Escultor. Foi aprendiz nun taller de imaxinería en Barcelona e discípulo de Agustín Querol en Madrid, onde instalou o seu taller e coñeceu a arte escultórica da talla directa. En 1905 instalouse en París, onde coincidiu con Picasso, Juan Gris, Apollinaire, Mateo Hernández e César Vallejo. Aconsellado por Rodin, asistiu á Académie Julien. Esculpiu directamente a pedra, o mármore, a madeira, etc. A partir de 1925 traballou con ferros vellos e material de refugo, feito que lle proporcionou o recoñecemento nos EE UU. En 1929 instalouse en Nova York e en 1940 recibiu a nacionalidade estadounidense. Da súa produción destaca o grupo de Alicia no país das marabillas no Central Park de Nova York. Dende 1970 foi membro da Academy of Fine Arts de Nova York.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Guadalajara

  • Deceso

    Lugar : Nova York