"OCI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 818.
-
-
Relativo ou pertencente aos diplodócidos.
-
Dinosauro pertencente á familia dos diplodócidos.
-
Familia de dinosauros, da infraorde dos saurópodos, de pescozos e colas moi longos, corpo e extremidades delgadas e cabeza diminuta. Eran relativamente lixeiros, comparados cos braquiosauros, ao presentaren as vértebras con moitos ocos que se convertían nun complexo enreixado que seguía soportando as mesmas forzas ca as vértebras macizas doutros animais. A familia comprende os xéneros: Brontosaurus, Dicraeosaurus, Diplodocus e Mamenchisaurus.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de disociable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode disociar.
-
-
Acción e efecto de disociar ou disociarse.
-
-
Reacción pola que un composto químico se transforma en dúas ou máis substancias máis simples, elementais ou non, como por exemplo, a reacción do cloruro de amonio que dá cloruro de hidróxeno e amoníaco, ou a de ioduro de hidróxeno que dá hidróxeno e iodo.
-
calor de disociación
Enerxía que se absorbe cando un mol dunha substancia dada se disocia nos seus elementos constituíntes.
-
disociación iónica
Reacción de equilibrio entre unha substancia en solución e os seus ións. Segundo Arrhenius (1887), as propiedades das solucións dos electrólitos explícanse aceptando que se dá unha fracción de electrólito disociada en ións en equilibrio coa forma molecular non disociada. Así, defínese unha constante de disociación determinada a partir do grao de disociación (fracción disociada), que depende da concentración e que se pode avaliar experimentalmente. A teoría de Arrhenius unicamente é válida para solucións moi diluídas de electrólitos débiles e, ademais, ignora o papel do disolvente que participa tanto no efecto enerxético que acompaña a disolución dos ións, como no efecto dialéctrico que inflúe sobre as forzas electrostáticas entre os ións. En 1923 Debye e Hückel enunciaron a súa teoría da disociación completa dos electrólitos fortes, segundo a que se admite que estes se dan só en solución en forma iónica e que as forzas interiónicas, ignoradas por Arrhenius, fan diminuír a velocidade entre...
-
disociación térmica
Reacción de ruptura dos enlaces dunha molécula e liberación dos átomos constituíntes conseguida con temperaturas elevadas, cando a enerxía de axitación térmica dos gases chega a superar as enerxías de enlace.
-
presión de disociación
Presión do gas en equilibrio co sólido a unha temperatura determinada, cando o sólido se disocia dando lugar a un ou máis produtos gasosos.
-
-
Ruptura da unidade psíquica da personalidade, perceptible mediante a observación de movementos ou expresións contrarias ao contexto intelectual ou emocional que os rodea.
-
Procedemento que consiste nunha sucesión de conceptos ou de elementos incompatibles desde o punto de vista semántico ou lóxico nun mesmo período gramaticalmente correcto. Foi habitual na literatura surrealista, nas imaxes de tipo onírico.
-
Aumento da cantidade de albumina no líquido cefalorraquídeo, cunha cifra normal ou moi pouco aumentada do número de células.
-
...
-
-
-
Separar algo daquilo ao que estaba unido ou asociado.
-
Someter a disociación.
-
Producirse unha disociación.
-
-
-
Relativo ou pertencente á disociación.
-
Que disocia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parto doloroso, difícil e lento, polo que é un perigo para o neno. A causa pode ser materna, fetal ou placentaria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á distocia.
-
-
Que obedece ou se deixa instruír ou conducir facilmente.
-
Aplícase ao material que é fácil de traballar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de dócil.
-
-
Proba empregada na medicina forense que se practica sobre órganos como os pulmóns, o corazón ou o fígado dunha criatura que se presenta cadáver, co fin de saber se a morte aconteceu antes da saída do corpo da nai ou durante o parto.
-
Técnica de análise química que se emprega para determinar a composición e a proporción dos compoñentes dun material, como as que levan a determinar a fórmula química dun mineral ou a controis de calidade en materiais de construción.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á docimasia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Eritrocito en forma de fouce.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Anemia hemolítica crónica, peculiar da poboación negra, caracterizada pola presenza de numerosos drepanocitos que conteñen unha hemoglobina anormal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra inacabada de Jean-Jacques Rousseau publicada en 1762 e dividida en catro libros. No primeiro ocupouse da formación das sociedades e do contrato social; no segundo, da soberanía, entendida como a vontade xeral, e os seus dereitos; no terceiro enunciou as principais formas de goberno (democracia, aristocracia e monarquía) e o seu exercicio; no cuarto analizou algunhas institucións sociais, como as maxistraturas gregas e romanas, e a relixión, e propuña que o Estado debería establecer unha relixión civil depositaria do código moral. O autor fundamentou a necesidade de formas sociais e do Estado, xa que a liberdade natural do home está alienada, e presentou o contrato social como un pacto do individuo coa comunidade, entendida como suxeito de dereito político, coa finalidade de unir as vontades para acadar e conservar un ben maior. Nese convenio o home perde a súa liberdade pero vese recompensado coa defensa que recibe do establecemento de leis protectoras. A soberanía, que se fundamenta...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mª de los Ángeles de las Heras Ortiz.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa española de construcións mecánicas fundada no ano 1900, continuadora das antigas instalacións de Duro y Cía en Asturias. En 1966 incorporou o patrimonio siderúrxico de UNINSA (posteriormente ENSIDESA), e en 1967 agregou HUNOSA. A súa principal actividade é a fabricación de bens de equipamento para a industria siderúrxica, centrais hidroeléctricas e nucleares, cemento e minería. En 1991 SMDF transformouse en Grupo Duro Felguera.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade internacional creada en 1930 por un grupo de economistas e estatistas europeos e norteamericanos para o desenvolvemento da teoría económica coa axuda da estatística e das matemáticas. Desde 1933 publicou a revista Econométrica para a divulgación de estudios cuantitativos empíricos e teóricos.
-
PERSOEIRO
Rei de Escocia (1097-1107), fillo de Malcolm III e santa Margarida. Recibiu o reino de Guillerme II de Inglaterra (1094) e fíxose co poder logo de destronar o usurpador Donaldbane (1097).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que se coñece o sínodo de bispos de liña monofisita celebrado en Éfeso no 449 e presidido por Dióxoro, patriarca de Alexandría. Durante a celebración do sínodo, os monofisistas de Eutiques impediron a intervención dos legados pontificios, feito que o Papa León I, ao coñecer a nova, cualificou como acto de bandoleiros.