"OCR" (Contén)
Mostrando 15 resultados de 295.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Christlich-Demockratische Union.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido demócrata-cristián fundado en 1975 en Vigo, a partir da Unión Democrática Española de Federico Silva Muñoz. Liderado por Xaime Isla Couto, mantivo unha firme reivindicación nacionalista xunto á orientación federalista. En 1976 produciuse a súa confluencia con Esquerda Democrática Galega, e agrupados constituíron o Partido Popular Galego.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización política francesa xurdida en 1967 da reunificación entre a Union Démocratique du Travail (UDT) e a Union pour la Nouvelle République (UNR), ambas de orientación gaullista e que se dividiran polas diferenzas con respecto á descolonización de Alxeria. Dirixida por G. Pompidou (1969-1974), adoptou unha posición conservadora baixo a dirección de Jacques Chirac e en 1976 converteuse en Rassemblement pour la République (RPR).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización ilegal constituída por oficiais demócratas do exército español que propugnou, nos derradeiros anos do Franquismo, o establecemento dun réxime de liberdades e o afastamento do exército de compromisos políticos concretos. Autodisolveuse despois das eleccións lexislativas de 1977.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización política francesa creada en 1978 por Valéry Giscard como unha alianza de partidos de centro non gaullistas. Integrada polo Parti Radical, o Parti Républicain, o Centre des Démocrates Sociaux e o Mouvement Démocrate et Sociale de France (Parti Socialdémocrate desde 1982), nas eleccións xerais dese mesmo ano converteuse na segunda forza política do país e participou nun goberno de coalición. En 2002 integrouse na Union pour un Mouvement Populaire (UMP) co Rassemblement pour la République (RPR) e o DL.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ouriolo.
-
REPUBLICAS
Estado vietnamita establecido en Tonquín e Annam ata o paralelo 17 entre 1945 e 1976. En agosto de 1945 o Viet-minh derrocou o Emperador Bao Dai e proclamouse a República Democrática de Vietnam, implantada en Tonquín, baixo a presidencia de Ho Chi Minh. Francia recoñeceu inicialmente a nova república (1946), pero non houbo un acordo final e estoupou a Guerra de Indochina. A axuda militar de China e a URSS permitiu a vitoria de Dien Bien Phu, o que provocou o inicio de conversacións en Xenebra (1954), onde se acordou un armisticio, a partición temporal de Vietnam e a convocatoria de eleccións únicas para 1956. A República Democrática de Vietnam implantouse na zona norte e reclamou, inutilmente, a reunificación do país, mentres que se consolidaba un réxime comunista, dirixido polo Partido dos Traballadores. En 1955 Ho Chi Minh renunciou á presidencia do goberno e permaneceu como xefe de estado. Ao ser un estado deficitario desde o punto de vista agrícola, o goberno de Hanoi tivo que racionalizar...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Coloración amarela dunha parte do corpo ou dun líquido orgánico, especialmente do cefalorraquídeo. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
PERSOEIRO
Filósofo. Discípulo de Platón, sucedeu a Espeusipo na dirección da Academia. Atribuíronselle varias clasificacións do saber (en lóxica, física e ética), dos graos de saber e dos graos de verdade e de realidade. Posiblemente escribiu numerosos libros sobre matemática e astronomía dos que só se transmitiron algúns fragmentos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que estuda a idade das rochas e dos minerais, mediante datacións absolutas, a partir da idade doutras rochas ou de fenómenos xeolóxicos (datación relativa). Os tempos xeolóxicos comezan a contar no momento en que na terra sedimentou a masa presente, que probablemente coincida co momento no que se formou a codia terrestre, e acaba no momento actual. Hai dous tipos de unidades para medir os tempos xeolóxicos: as unidades cronoestratigráficas (baseadas na estratigrafía e no paleomagnetismo), e as unidades xeocronolóxicas ou unidades de tempos medidos en anos (baseados nos isótopos radioactivos). As principais unidades xeocronolóxicas son de maior a menor: eón, era, período, época, idade e crono, e as súas correspondentes unidades cronoestratigráficas son eontema, eratema, sistema, serie, piso e cromozona.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Goberno formado por anciáns.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Goberno de mulleres.
-
-
Relativo ou pertencente ao xudeocristianismo.
-
Seguidor do xudeocristianismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corrente doutrinal que sostiña a necesidade para todo cristián de observar a lei mosaica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo creado en Galicia polo Partido Comunista de Galicia (PCG) en 1975 como reflexo da Junta Democrática promovida polo PCE no ámbito español. Contou cun programa reformista, e defendeu a necesidade de que a monarquía se sometese a referendo. Non conseguiu apoios entre outras forzas políticas e posteriormente integrouse na Táboa Democrática de Galicia.