Unión Democrática Galega

Unión Democrática Galega
Nome científico: [UDG]

Partido demócrata-cristián fundado en 1975 en Vigo, a partir da Unión Democrática Española de Federico Silva Muñoz. Liderado por Xaime Isla Couto, mantivo unha firme reivindicación nacionalista xunto á orientación federalista. En 1976 produciuse a súa confluencia con Esquerda Democrática Galega, e agrupados constituíron o Partido Popular Galego.