Unión do 17 de Outubro ou Partido Outubrista
Unión do 17 de Outubro ou Partido Outubrista
Partido conservador ruso cuxo programa se baseaba nun constitucionalismo moderado. Foi fundado (1905) e dirixido polo xeneral Aleksandr Gučkov, e contaba co apoio de profesionais liberais, homes de negocios e burócratas. Propugnaba un poder lexislativo con poder real, pero o tsar tiña que ser o único responsable do poder executivo.