"Oti" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 532.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento literario romántico sueco que, a través de Iduna -órgano da Liga gótica (Gotiska Förbundet)-, propugnaba o renacemento do sentimento nacional nórdico, entroncándoo coa primitiva mitoloxía indíxena considerada paralela á clasica. Entre os autores máis representativos destacaron Erik Gustaf Geijer e Arvid August Afzelius, quen fixo unha valiosa recolleita das baladas populares tradicionais.
-
-
Relativo ou pertencente aos godos ou ao gótico.
-
Lingua extinta xermánica -sen falantes desde o s XVIII- do grupo óstico que falaban os godos. Foi un medio útil na reconstrución do protoxermánico, anterior á fragmentación lingüística. A obra coñecida máis importante en gótico é a Biblia do bispo visigótico Ulfila. Algúns dos seus trazos formais son: acento de intensidade na sílaba inicial, distinción entre vocais longas e breves, restos do dual e falta de artigo. O seu alfabeto consta de 27 caracteres, 25 deles son signos gregos modificados e dous están tirados do alfabeto rúnico.
-
Aplícase á arte desenvolvida entre o Románico e o Renacemento comprendida, segundo os países e rexións, entre os ss XIII e XIV ou XV. A denominación de gótico como sinónimo de “bárbaro” e equivalente a un estilo non suxeito a canons, foi dada no s XVI polos teóricos que non souberon ver máis alá do que indicaban as regras clásicas. O seu enxalzamento como estilo propio foi debido ao prerrafaelismo e ao neogótico do s XIX. A súa orixe sitúase en Île-de-France a mediados do s XII, coa obra do abade Suger de Saint-Denis. Naceu no período de desenvolvemento das cidades que tiveron como centro a catedral. Xeograficamente estendeuse por Europa do Norte, Central e Occidental, e chegou ata Oriente Próximo e, moito máis tarde, ata a América hispana. A diversidade xeográfica produciu unha serie de variantes arquitectónicas, nacionais e rexionais, con dúas características comúns, o arco e a bóveda de oxivas, que comportan unha evolución estrutural do sentido de masas románico nunha visión etérea do...
-
Tipo de escritura latina usada en Europa durante a Baixa Idade Media. Este novo tipo de letra apareceu xa no s XII en Francia, e durou ata finais do s XVI; pero o período gótico por excelencia vai do s XIII ao XV. Cómpre buscar a súa orixe na letra carolinxia precedente, que evolucionou cara a un manierismo con esaxeracións no trazado. Distinguíronse dous xéneros de escritura gótica: a libraria, dereita e caligráfica, e a documental, xeralmente cursiva. As características da “escritura gótica libraria” son o quebrado das liñas dereitas e o trazado anguloso e aguzado das antigas curvas, con tendencia a unha escritura a miúdo alta, estreita e pechada. Hai unha gran variedade de góticas librarias e as principais son a litúrxica ou bíblica, a francesa, a caligráfica, e as chamadas littera bononiensis e littera parisiensis, que pasou á Península Ibérica. A “escritura gótica documental ou cursiva” deriva tamén da escritura carolinxia; de orixe...
-
Posición defensiva establecida polos alemáns en Italia, ao N dos Apeninos, desde o Mar Adriático (Rimini) ata o Tirreno (Massa) para afrontar o avance aliado (1944). Detivo o avance dos aliados durante o outono de 1944, pero na primavera de 1945 foi superada e abriulles o paso cara ao val do Po.
-
Tendencia narrativa prerromántica que consiste no cultivo da novela de terror. Nada en Inglaterra a finais do s XVIII, debe o seu nome a Horace Walpole, autor de The castle of Otranto (1764). Entre as obras máis representativas destacan Vathek (1782), de W. Beckford, e Ambrosio or the Monk (1796), de M. G. Lewis.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que tende ao gótico ou que ten reminiscencias súas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Insurrección da gornición militar do Real Sitio de La Granja de San Ildefonso na noite do 12 de agosto de 1836 co obxectivo de restituír a Constitución de Cádiz. Ante os acontecementos a rexente, María Cristina de Borbón, asinou o decreto que reinstauraba a Constitución de 1812, destituíu o primeiro ministro, F. J. de Istúriz, e convocou novas Cortes Constituíntes, que proclamaron en 1837 un novo texto constitucional.
-
-
Lámina cortante que cae guiada por dous carrís verticais, empregada para decapitar os condenados a morte. Este instrumento de suplicio foi proposto no ano 1789 por Joseph-Ignace Guillotin á Asemblea Nacional francesa, como a medida de suplicio única a fin de evitar sufrimentos aos condenados. Adoptada en 1792, quedou en desuso cando foi abolida a pena de morte en Francia (1981).
-
Máquina para cortar papel, cartón, madeira ou outra cousa, formada por unha coitela grande que baixa verticalmente.
-
-
-
Aplicar a pena capital mediante a guillotina.
-
Cortar con guillotina.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos haliótidos.
-
Gasterópodo da familia dos haliótidos.
-
Familia de gasterópodos mariños. Presentan hábitos nocturnos. A cuncha oval, en forma de orella, presenta unha lista de orificios respiratorios localizados ao longo da marxe esquerda, a medida que o animal crece os orificios antigos vanse pechando de forma sucesiva. A parte interna da concha está cuberta de nácara o que o revaloriza e lle dá un aspecto iridescente moi atractivo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de gasterópodos mariños da familia dos haliótidos. A súa morfoloxía auriculada é característica común entre todas as especies. O seu tamaño varía entre os 4 e os 6 cm, raramente chegan os 8 cm, as cunchas son nacaradas no seu interior. Son de hábitos nocturnos, herbívoros e viven debaixo das rochas. As especies deste xénero máis amplamente distribuídas polas costas galegas son H. tuberculata e H. lamellosa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Combinación de alelos situados en rexións moi próximas do cromosoma, que se transmiten conxuntamente a un individuo, dun dos proxenitores. Empréganse como marcadores xenéticos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Brazo modificado ou tentáculo dos machos dos cefalópodos, adaptado para transferir os espermatozoides, pechados nun espermatóforo, á cavidade paleal da femia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arte de transportar a película fotográfica sobre a prancha ou o cilindro de impresores.
-
-
Relativo ou pertencente ás helotiáceas.
-
Fungo da familia das helotiáceas.
-
Familia de fungos ascomicetos, da orde dos helotiais, con peridio de hifas pálidas e paredes delgadas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Henōtikón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Edito de unión de tendencia neocalcedoniana, promulgado polo Emperador Zenón (482), baixo a inspiración do patriarca de Constantinopla Acacio, coa intención de reconciliar os calcedonianos e os monofisitas. Foi repudiado polo Papa Fiz III, feito que provocou o cisma acaciano.
-
-
Aplícase ás células que presentan un heterocario.
-
Aplícase ás hifas ou aos micelios constituídos por células que presentan heterocarios.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente aos heterocigotos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia cristalina que funde a 273-275°C. Pertence ao grupo das tiacidas e actúa inhibindo a reabsorción de sodio no túbulo distal e tamén produce relaxación da musculatura lisa dos vasos periféricos. En medicina emprégase como diurético no tratamento da hipertensión.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘dureza de auga’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica analítica que se emprega para medir a dureza da auga. Determína a cantidade de sales cálcicos e magnésicos que contén mediante o uso de xabón.
-
-
Relativo ou pertencente á hidrotimetría.
-
Contido en sales cálcicos e magnésicos que presenta a auga.
-