guillotina
guillotina
(
-
s
f
[HIST]
Lámina cortante que cae guiada por dous carrís verticais, empregada para decapitar os condenados a morte. Este instrumento de suplicio foi proposto no ano 1789 por Joseph-Ignace Guillotin á Asemblea Nacional francesa, como a medida de suplicio única a fin de evitar sufrimentos aos condenados. Adoptada en 1792, quedou en desuso cando foi abolida a pena de morte en Francia (1981).
-
s
f
Máquina para cortar papel, cartón, madeira ou outra cousa, formada por unha coitela grande que baixa verticalmente.