guillomo
guillomo
s
m
[PLANTA]
Planta arbustiva da familia das rosáceas, que pertence aos xéneros Amelanchier e Cotoneaster. A especie Amelanchier ovalis é un arbusto non espiñoso, de 1-3 m de altura, de follas caducas, simples, coa marxe finamente dentada, as flores en acios corimbiformes, brancas, de sépalos curtos e agudos, pétalos estreitos, carpelos biovulados e estilos libres ou soldados. O froito é globoso e de sabor doce. A especie Cotoneaster granatensis é un arbusto non espiñoso, de 2-6 m de altura, caducifolio, coas follas coa marxe enteira e pecíolo curto, flores pequenas e o froito carnoso de cor vermella.