"RCA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 608.

  • PERSOEIRO

    Rei de Dinamarca (1286-1319), fillo de Eric V e de Agnes de Brandemburgo. De nome Erik Menved, enfrontouse co clero e apresou en 1294 ao arcebispo Jens Grand. Durante o seu reinado enfrontouse aos noruegueses, aos que lles cedeu o Halland setentrional, e aos suecos. En 1309 asinou en Copenhaguen a paz con Noruega e Suecia. Despois de derrotar os nobres dirixidos por Valdemar IV de Schleswig, ocupou algunhas vilas alemanas. Desde 1313 sucedéronse as revoltas campesiñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o Pomerano (? 1382? - Rügenwalde, Pomerania 3.5. 1459) Rei de Dinamarca (1412-1439), de Suecia (Eric XIII, 1396-1439) e de Noruega (Eric III, 1389-1442), fillo do duque Bratislavo VII de Pomerania e sobriño neto da Raíña Margarida I de Dinamarca. Nomeado sucesor da raíña de Dinamarca, foi elixido rei de Noruega en 1389, de Suecia en 1396 e coroado rei dos tres países na Dieta de Kalmar (17.6.1397). Non obstante , non exerceu como rei de Dinamarca ata a morte da súa tía no 1412. Converteu Copenhaguen na capital de Dinamarca e loitou contra a Liga Hanseática e os condes de Holstein (1417-1435). O seu goberno autocrático provocou a súa destitución como rei de Suecia e Dinamarca no 1439, e de Noruega en 1442. En 1449 retirouse a Pomerania.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conde de Erill, barón de Orcau e de Rubinet. Conselleiro real de Filipe III, foi capitán xeneral (1617-1623) de Sardeña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Condesa de Barcelona, muller de Ramón Borrell. Axudou o seu home na reconstrución do país tralas campañas de Almanzor e acompañouno nalgunhas expedicións militares. Ao quedar viúva (1017), gobernou como titora durante a minoría do seu fillo Berenguer Ramón I. Trala morte do seu fillo (1035), volveu gobernar como titora do seu neto Ramón Berenguer I o Vello.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rir ás gargalladas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer cárcavas as correntes de auga de chuvia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • escarcavear.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xefe dun centro de ensino de filosofía na Antigüidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cargo ou dignidade do escolarca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de estercar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Título inferior ao de rei, atribuído a certos soberanos orientais.

    2. Arcebispo dunha comunidade ortodoxa sometida a dominio estranxeiro, pero que mantiña poder civil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Comarca administrativa do NO da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N coas comarcas de Ortegal (concellos de Mañón e Ortigueira) e Ferrol (As Somozas, San Sadurniño e Neda); ao S coa de Betanzos (Aranga, Irixoa, Vilarmaior e Miño); ao L coa de Ferrol (Fene) e coas rías de Ares e Betanzos; e ao O coa Terra Chá (concellos de Muras, Xermade e Guitiriz). Abrangue unha superficie de 541,3 km2nos que acolle unha poboación de 28.842 h (2001), distribuídos entre os concellos de Cabanas (30,3 km2; 3.292 h), A Capela (58,7 km2; 1.559 h); Monfero (172,5 km2; 2.639 h); Pontedeume (29,4 km2; 8.912 h) e As Pontes de García Rodríguez (250,4 km2; 12.440 h). Dous son os núcleos principais: As Pontes de García Rodríguez, situada a 43° 26’ 55’’ de latitude N e 7° 51’ 25’’ de lonxitude O; e Pontedeume, situada a 43° 24’ 20’’ de latitude N e 8° 10’ 20’’ de lonxitude O, que organizan cadansúa subárea funcional dentro da comarca. A máis extensa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mercado financeiro de diñeiro e capitais, global e non regulable, en que se emiten títulos ou se outorgan préstamos en divisas diferentes ás do país emisor. O mercado de diñeiro é a curto prazo, con marxes que van dun día a varios meses, e o de capitais (onde se inclúen euroempréstitos e eurobonos) é a medio e longo prazo, a partir de dezaoito meses.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Gobernador que representaba os emperadores de Bizancio en Italia e África, establecido baixo o Emperador Mauricio (582-602). Tiña, entre outras atribucións, o mando supremo das tropas, a dirección da diplomacia, a autoridade sobre a administración civil e o dereito de inspección sobre as cuestións eclesiásticas.

    2. Gobernador dun exarcado da Igrexa ortodoxa. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cargo ou dignidade de exarca.

      2. Época e duración do goberno dun exarca.

    1. Circunscrición administrativa do Imperio Bizantino en Italia e África gobernada por un exarca. Constituíuse baixo o goberno de emperador bizantino Mauricio (582-602). O exarcado de Ravenna creouse no 584 e desapareceu polos ataques dos lombardos no 751, aínda que nominalmente sobreviviu ata finais do s XII. O exarcado de Cartago, creado en 587, foi invadido polos árabes no 647 e desapareceu no 709.

    2. Demarcación territorial da Igrexa ortodoxa que se corresponde basicamente coas homónimas do Imperio Bizantino. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xefe babilónico das comunidades xudías en Babilonia despois do exilio (s VI a C). Representaba os xudeus ante o goberno e recadaba os impostos. O cargo desapareceu no s XI. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización constituída en 1932 por 26 sociedades campesiñas dos concellos de Cambre, Culleredo, Oleiros e Carral. Foi a única federación comarcal integramente campesiña con que contou a Confederación Regional Galaica. O seu principal alicerce foi a Unión Campesina Republicana de San Pedro de Nós (Oleiros, 1931), composta por veciños retornados de América. En 1933 agrupaba a 1.600 afiliados. Foi reorganizada durante a Fronte Popular debido á represión posterior á folga xeral convocada pola CNT en nadal de 1933 e ao fracaso da revolución de Asturias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización pertencente á FAI constituída en Vigo no mes de xaneiro de 1936. Estivo composta por unha ducia de grupos afíns de Vigo, Tui, A Guarda, Chapela, O Porriño e Moaña que reunían a uns 70 militantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo confederal que reunía os sindicatos de industria pesqueira de Cariño, Espasante, O Barqueiro e Cedeira afectos á CNT. Foi constituído a comezos do ano 1936, conforme ao mandato do pleno da Federación Regional de Industria Pesquera de outubro de 1935, enfocado cara ao agrupamento dos sindicatos mariñeiros de cada bisbarra.

    VER O DETALLE DO TERMO