Federación Comarcal de Industria Pesquera de Cariño

Federación Comarcal de Industria Pesquera de Cariño

Organismo confederal que reunía os sindicatos de industria pesqueira de Cariño, Espasante, O Barqueiro e Cedeira afectos á CNT. Foi constituído a comezos do ano 1936, conforme ao mandato do pleno da Federación Regional de Industria Pesquera de outubro de 1935, enfocado cara ao agrupamento dos sindicatos mariñeiros de cada bisbarra.