"RG" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2188.

  • ou luitpoldings Familia feudal alemana. Os seus membros tamén se coñecen pola denominación de luitpoldings, que tomaron o nome do castelo que posuía en Franconia. Gobernaron a Marca de Austria e, durante algún tempo, os ducados de Saxonia e Baviera. Leopoldo I (ou Luitpold) o Ilustre (morto no 984), fillo de Arnulfo II, duque de Baviera, foi o primeiro margrave de Austria, título que recibiu no 976. Enrique II Jasomirgott (morto en 1177), oitavo margrave de Austria e duque de Baviera, foi o primeiro duque hereditario de Austria dende 1156. O seu fillo Leopoldo V o Virtuoso (morto en 1194), segundo duque de Austria, adquiriu Estiria en 1192. A liñaxe extinguiuse en 1246 á morte de Federico II o Belicoso, quinto duque de Austria e duque de Estiria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou luitpoldings Familia feudal alemana. Os seus membros tamén se coñecen pola denominación de luitpoldings, que tomaron o nome do castelo que posuía en Franconia. Gobernaron a Marca de Austria e, durante algún tempo, os ducados de Saxonia e Baviera. Leopoldo I (ou Luitpold) o Ilustre (morto no 984), fillo de Arnulfo II, duque de Baviera, foi o primeiro margrave de Austria, título que recibiu no 976. Enrique II Jasomirgott (morto en 1177), oitavo margrave de Austria e duque de Baviera, foi o primeiro duque hereditario de Austria dende 1156. O seu fillo Leopoldo V o Virtuoso (morto en 1194), segundo duque de Austria, adquiriu Estiria en 1192. A liñaxe extinguiuse en 1246 á morte de Federico II o Belicoso, quinto duque de Austria e duque de Estiria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Cultivou diversos xéneros literarios, poesía, prosa e comedias para a radio. Entre a súa obra poética cómpre salientar Die gestundete Zeit (O tempo aprazado, 1953); así mesmo, escribiu Das dreissigste Jahr (O ano trinta, 1961), unha obra en prosa narrativa e a novela Malina (1972).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante e explorador. Participou en diversas expedicións árticas e dirixiu a que saíu na busca de John Ross en 1833. Explorou o NO de Canadá ata o 1835 e fixo estudios sobre as auroras boreais e as variacións da agulla imantada. En 1836 descubriu o río que leva o seu nome. Publicou dous libros sobre as súas exploracións: Narrative of the Artic Land expedition to the mouth of the Great Fish-River 1833-1835 (Narración da expedición das Terras Árticas á boca do Gran Río dos Peixes 1833-1835, 1836) e Narrative of an expedition with H. M. ship “Terror” 1836-1837 (Descrición dunha expedición coa nave H. M. “Terror” 1836-1837, 1838).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • George Vasiliu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade de Alemaña, no land do Renania do Norte-Westfalia, na beira esquerda do Rin. Converteuse nun dos barrios residenciais de Bonn, cidade á que se uniu en 1968.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do land de Hessen, Alemaña, na vertente meridional do Taunus (51.600 h [1990]). A cidade desenvolveuse ao carón do castelo dos landgraves de Hessen-Homburg, onde residiron desde 1622 ata 1886.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Land de Alemaña (35.752 km2; 10.374.505 h [1997]). A capital é Stuttgart. Comprende sete rexións naturais: o Alto Rin, a Selva Negra, o Odenwald, o Neckarland, os Alpes de Suabia, os Prealpes e a rexión propiamente alpina, e está drenado polas concas do Rin, do Danubio e do Neckar. A poboación experimentou un forte incremento desde 1945 debido á chegada de refuxiados procedentes da República Democrática Alemana. Baden-Wüttemberg está moi industrializado; destacan as industrias téxtiles, de maquinaria e de electrónica. Ao acabar a Segunda Guerra Mundial o estado de Baden foi dividido polas potencias aliadas en dúas partes: o N foi incluído dentro da zona de ocupación norteamericana e formou o land de Wüttemberg-Baden. O S incluíuse dentro da zona de ocupación francesa e constituíu o land de Baden. No ano 1950 organizouse un referendo consultivo e votouse maioritariamente pola formación dun estado unificado; polo tanto Baden, Wüttemberg e Hohenzoller...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista. Licenciado en Filoloxía Románica pola Universidade de Barcelona, no ano 1948 chegou a catedrático de Gramática Histórica da Lingua Española na Universidade de Barcelona e en 1977 a catedrático de Gramática Histórica Catalana. Foi reitor da Universidade de Barcelona (1978-1986). Desde 1987 foi o responsable do equipo catalán de PatRom (Patronímica Románica), dicionario histórico das liñaxes románicas. Desde 1989 presidiu a Sección Filolóxica do Instituto de Estudios Cataláns e foi presidente de honra da Société de Linguistique Romaine. A súa investigación no campo da lingüística histórica, sobre todo catalá, está dentro da tradición de Ramón Menéndez Pidal: tratou temas morfolóxicos, sintácticos, fonéticos, semánticos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Foi profesor na Sapienza de Roma e defensor das teorías iatromecánicas. Publicou De praxi medica (Da praxe médica, 1696) de sentido case hipocrático, que se converteu nun libro clásico de medicina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Eduard Georgievič Dz’ubin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Autor, en Dresden, da Frauenkirche (1726-1738), un dos grandes monumentos da arquitectura barroca protestante, destruída no ano 1945 polos bombardeos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor canadense en lingua francesa. Entre as súas obras cómpre destacar Les médisances de Claude Perrin (As murmuracións de Claude Perrin, 1945) e La neige et le feu (A neve e o lume, 1948).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico e actor de teatro norteamericano. Dirixiu nos anos vinte comedias de John Bunny, dramas románticos e filmes de intriga policial que lle proporcionaron certo recoñecemento en Hollywood. Algúns dos seus filmes son The new stenographer (O novo escenógrafo, 1911), Bunny all at sea (Bunny no mar, 1912), Tarantula (Tarántula, 1916), Cinema murder (Asasinato de cine, 1920) e Revelation (Revelación, 1924).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ensaísta e propulsor teatral. Fundou na Universidade de Harvard o 47 Workshop, laboratorio teatral no que se formou unha xeración de actores e autores dramáticos norteamericanos. Escribiu The Development of Shakespeare as a Dramatist (O desenvolvemento de Shakespeare como dramaturgo, 1907) e Dramatic Technique (Técnica Dramática, 1919).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Georgij Melitonovič Balančivadze.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, escribiu tanto en ruso como en lituano, sobre todo a partir de 1930. Entre as obras en ruso destacan Zeml’ia stupeni (Chanzos da terra, 1911) e Gornaja tropa (O camiño da montaña, 1912); entre as obras en lituano están Ikurtuves (Festa da iniciación, 1941) e Ašarų vainikas (A grinalda de bágoas, 1942).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador de arte. Elaborou o esquema evolutivo das formas anteriores ao Románico e defendeu a teoría de que a arte medieval de Occidente ten raíces orientais. É autor de Art sumerien, art roman (Arte sumeria, arte romana, 1934), Lithuanian folk art (Arte popular lituana, 1948), La troisième sculpture romaine (A terceira escultura romana, 1958) e Formations, déformations à la stylistique ornamentale dans le sculpture romaine (Formacións, deformacións na estilística ornamental na escultura romana, 1986). Estudou en profundidade a evolución dos termos fantásticos e simbólicos a través da arte medieval en obras como Le Moyen Âge fantastique (A Idade Media fantástica, 1955). Así mesmo, foi un profundo coñecedor da arte anamórfica: Anamorphoses ou perspectives curieuses (Anamorfoses ou perspectivas curiosas,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Bengala Occidental, na India, preto da fronteira con Bangladesh (104.648 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Baviera, Alemaña, á beira do Regnitz (70.200 h [1990]). Localízase nos contrafortes do Steigerwald e constitúe un importante núcleo industrial. Posúe abundantes edificios medievais, entre os que destaca a catedral (ss XI-XIII), que inclúe importantes esculturas (Cabaleiro de Bamberg). Ten a súa orixe nun establecemento comercial que xurdiu ao pé do castelo dos Babenberg. O Emperador Enrique II fundou no ano 1007 un bispado, que foi secularizado en 1803, cando a cidade se incorporou a Baviera. As forzas do exército alemán que reprimiron o goberno soviético e espartaquista de Múnic en xaneiro de 1919 partiron desta vila.

    VER O DETALLE DO TERMO