"Red" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 824.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Masa grande e densa de fume.
-
PERSOEIRO
Humanista. En 1573 trasladouse a Flandres como conselleiro de Luis de Requesens. Propugnou a tradución da Biblia ás linguas vernáculas polo que as súas obras foron prohibidas no Concilio de Trento. Da súa produción destaca Institutiones rhetoricarum libri tres (1554), Bononia sive de libris sacris in vernaculam linguam convertendis (1556) e Concejo y consejeros del príncipe (1559).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador e etnógrafo. Licenciado en Dereito e Historia, comezou a colaborar dende neno no Museo de Pontevedra. Profesor de bacharelato e da Escola Normal de Pontevedra, foi auxiliar (1952) e secretario (1954) do Museo de Pontevedra, subdirector da Casa-Museo de Rosalía de Castro e, dende 1979, secretario técnico de arquivos, bibliotecas e museos da Xunta de Galicia. Realizou estudios de arqueoloxía, antropoloxía e etnografía. Colaborou, entre outras publicacións, en Museo de Pontevedra, Gallaecia e Cuadernos de Estudios Gallegos. Colaborou con L. García Alén e X. M. Gómez Vilasó en La alfarería de Galicia (1983) e con Antonio de la Peña publicou Grabados rupestres de la provincia de Pontevedra (1980). Escribiu A alfarería na literatura popular galega (1980) e Pontevedra monumental (1982), con debuxos de X. Conde Corbal. Pertenceu ás seccións de arqueoloxía e etnografía do Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos e ao...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Titulouse na Escuela Superior de Arquitectura de Madrid (1952). As súas primeiras obras mostran a influencia do racionalismo, como o Panteón de los Españoles en Roma (1957). Traballou con J. A. Corrales e R. Vázquez Molezún. Entre as súas obras destacan o edificio de oficinas do Banco de Granada no Cantón Grande da Coruña (1979), o Auditorio Manuel de Falla de Granada (1974-1978) e o Auditorio Nacional de Madrid (1982-1988). Recibiu o Premio Nacional de Arquitectura en 1956 polo colexio maior Santo Tomás de Aquino da cidade universitaria de Madrid, realizado con R. de la Hoz.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Estudiou dereito en Oviedo e foi cronista oficial de Viveiro. Director do xornal El Baluarte de Galicia, La Revista Ovetense e La Crónica de Asturias, colaborou en Faro Asturiano, Galicia e Vida Gallega. Autor de pezas teatrais, poesías e obras en prosa, da súa produción destaca El alma de D. Pedro García, De balcón a balcón, La hoja de otoño e A muller de ferro. Postumamente editouse Fuego del alma! (1911).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e cronista de Viveiro. Iniciou o seu labor xornalístico no Faro Asturiano de Oviedo, e dirixiu La Revista Ovetense e La crónica de Asturias. Posteriormente, dirixiu o periódico conservador El Baluarte, de Mondoñedo. Na súa localidade natal exerceu como bibliotecario e colaborou na prensa local, no Álbum Histórico, Científico y Literario de Galicia, e nas revistas Galicia e Vida Gallega. En moitos dos seus artigos amosou o seu interese polos aspectos etnográficos, sobre todo as tradicións e as lendas. Como dramaturgo escribiu, entre outras obras, De balcón a balcón, e como poeta, Fuego del alma (1911).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Comezou a súa carreira co guión e dirección das obras, en formato vídeo, El incidente (1983) e Madrid-2 (1984). Codirixiu e foi guionista da longametraxe Urxa (1989). O seu último proxecto como director foi A barbería (1993). Nese mesmo ano fundou a empresa Síntese Vídeo Infografía. Ao longo da súa carreira traballou como crítico de cine no xornal La Voz de Galicia co pseudónimo Ocho y cuarto, e impartiu cursos de Iniciación á Linguaxe Audiovisual en Pontevedra, Marín e Vilagarcía de Arousa. Recibiu o premio de curtametraxes de ficción no Festival Internacional de Cine de Troia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. Ingresou como secretario de sala da Audiencia Territorial da Coruña (1906), foi nomeado vicesecretario de goberno do Tribunal Supremo (1922) e secretario (1931). Elixido deputado independente por Pontevedra en 1933, participou nas campañas de defensa da Misión Biolóxica. Dirixiu Diario de La Coruña e El Ideal Gallego, e colaborou en La Voz de Galicia, Faro de Vigo e na revista Vida Gallega. Foi presidente da Asociación de Prensa da Coruña en 1906. Publicou Estilos consuetudinarios y prácticas económico-familiares y marítimas en Galicia (1909) e Arqueología jurídico-consuetudinaria-económica de la Región Gallega (1912).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bioquímico estadounidense. Traballou nas universidades de Charlottesville e Dallas. En 1987 demostrou que as proteínas G actuaban coma mensaxeiros secundarios na transmisión de sinais, activando e desactivando certos procesos biolóxicos. En 1994 recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina, que compartiu con Martin Rodbell.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Lexicógrafo. Foi autor dun Ditionnaire de l’ancienne langue française et de tous ses dialectes du IXe au XVe siècle (1880-1902, 10 vols), con moita documentación. Escribiu tamén unha extensa historia da literatura francesa (1859-1867) e diversos tratados de carácter relixioso.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo de orixe xermánica, composto de *got ou *guth ‘Deus’ e *frithu ‘paz, amizade’; atéstase nos documentos longobardos italianos coas formas latinizadas Gottifredus, Godifredus ou Godefridus. Destacan con este nome Godofredo IV de Boulogne, que encabezou a primeira cruzada (1095), Godofredo de Dinamarca (ss VIII-IX) e san Godofredo de Amiens (1066-1115), celebrado o 8 de novembro.
-
PERSOEIRO
Frade premostratense e bispo de Amiens. Na iconografía leva vestiduras episcopais e, como atributo, un can. A súa festividade celébrase o 8 de novembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Dinamarca (798-810). Resistiu as acometidas de Carlomagno (800) e comezou a construción dunha serie de fortificacións entre os fiordes Sli e Eider. Detivo o avance dos vendos ao destruír Reric, unha das súas marcas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cruzado, duque da Baixa Lorena (1089-1095). Coñecido como Godofredo de Bouillon, apoiou o Emperador Enrique IV no seu enfrontamento co Papa Gregorio VII e este, como recompensa, recoñeceuno como herdeiro do seu tío Godofredo III, duque da Baixa Lorena. En 1095 tomou, xunto cos seus irmáns, o hábito de cruzado e vendeu todos os seus bens para sufragar a Primeira Cruzada. Tras xurar fidelidade ao emperador bizantino Aleixo I Comneno, tomou Xerusalén. Elixido rei polos cruzados, renunciou a este título e proclamouse protector do Santo Sepulcro (1099-1100). Á súa morte converteuse nun personaxe lendario, heroe dunha canción de xesta e dun poema de T. de Tasso.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Síndrome que consiste nunha invasión do seo cavernoso por unha lesión neoplásica da naso-farinxe; maniféstase por oftalmoplexía, neuralxia ou anestesia do territorio do trixémino e parálise do nervio hipogloso.
-
GALICIA
Etnógrafo. Doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1974) e catedrático de bacharelato (1980), foi xefe da sección de Etnografía e Folklore do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento. O seu labor investigador centrouse na prehistoria e etnografía galegas. Das súas obras destacan Lendas galegas de tradición oral (1983), Entroido en Galicia (1987), en colaboración con X. R. Mariño Ferro, Antropología y Etnografía de las proximidades de la Sierra de Ancares (1990), en colaboración con X. Rodríguez Campos e C. Gonzalez Pérez, Sociedade e tecnoloxía tradicional do val de Ancares (1996), en colaboración con C. Gonzalez Pérez, e La invención del estado nación (2001). É membro correspondente da Real Academia Galega, da sección de Antropoloxía Cultural do Consello da Cultura Galega e da Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Licenciado en Belas Artes, foi profesor de debuxo no instituto Salvador de Madariaga e na Escola de Artes e Oficios da Coruña. Cursou estudios de arquitectura. Realizou as reconstrucións artísticas de San Cosme de Maianca e San Xulián de Serantes. Ilustrou Escudos reales, municipales y nobiliarios de La Coruña (1967), de Carlos Martínez-Barbeito, e La Coruña en seis rutas (1975), de Teodoro Santodomingo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Arxila areosa que se utiliza, polas súas propiedades, para quitar manchas.
-
Escouras piroclásticas de proxección volcánica de medidas inferiores aos 64 mm, incoherentes, negras pardas ou avermelladas.
-
-
Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘carne’.
-
-
MACIZO
Macizo da Península Ibérica, o máis importante do Sistema Central, separado da serra de Guadarrama pola Paramera de Ávila, que se estende polas provincias de Ávila, Toledo e Cáceres. O val do Tiétar limita a vertente meridional, mentres que os vales do Tormes e do Alberche limitan a vertente setentrional. Presenta formas suaves onde non lle afectou a erosión, e a vexetación é escasa a causa da degradación que sufriu; o piñeiro e o carballo son as árbores principais.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente á greda.
-
Que é semellante á greda.
-
Que contén greda.
-