Gredos
Gredos
Macizo da Península Ibérica, o máis importante do Sistema Central, separado da serra de Guadarrama pola Paramera de Ávila, que se estende polas provincias de Ávila, Toledo e Cáceres. O val do Tiétar limita a vertente meridional, mentres que os vales do Tormes e do Alberche limitan a vertente setentrional. Presenta formas suaves onde non lle afectou a erosión, e a vexetación é escasa a causa da degradación que sufriu; o piñeiro e o carballo son as árbores principais.