"Rel" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 842.

  • de desemparellar ou desemparellarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que algo deixe de estar emparellado.

    2. Separar algo que estaba igualado.

    3. Desunirse o que estaba emparellado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Desfacer a lea que forman unha ou varias cousas.

    2. Solucionar un asunto complexo.

    3. Deixar de estar encerellada unha cousa.

    4. Saír dunha situación complicada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tirar os grelos a unha planta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de desorellar.

    2. Que non ten orellas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cortar as orellas a unha persoa ou animal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ás cousas que lles correspondería ser semellantes e non o son.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor inglés. Coñeceu a D. G. Rossetti e, aínda que realizou unha obra propia dos prerrafaelistas, non o admitiron como membro do grupo. Entre as súas obras destaca The mock marriage of Orlando and Rosalind (O matrimonio finxido entre Orlando e Rosalinda, 1853).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DIARIOS

    Diario de carácter absolutista e católico que se editou entre febreiro e marzo de 1813 na Coruña. Acompañaba a cabeceira o título “Los guerrilleros por la religión, la patria y el rey”. Fundado e dirixido por frei Nicolao de Castro e frei Manuel Martínez, contaba coa colaboración de frei Nicolao de Santa María. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Francisco Cándido Pérez Prieto, nos de Antonio Rodríguez e, finalmente, nos talleres do Exacto Correo de España en La Coruña. Contiña artigos que satirizaban a política liberal e defenden os postulados monárquico-absolutistas. Non conseguiu un mínimo apoio popular e deixouse de editar por problemas económicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e xornalista. Exerceu como avogado e procurador en Compostela, ademais de ser asesor da cámara de propiedade urbana. Decano do colexio de procuradores, desempeñou o cargo de xuíz municipal de Conxo. No ano 1924 fundou El Compostelano, xornal que dirixiu ata 1945, ano no que foi adquirido pola Editorial Compostela e que pasou a denominarse La Noche.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (284-305). Comandante da garda imperial e máis tarde cónsul, foi elixido emperador por un tribunal de xenerais á morte de Numeriano (284). Logo da desaparición de Carino (285), irmán de Numeriano e coemperador, o Senado recoñeceulle a dignidade imperial. Asociou ao poder a Maximiano, un oficial da súa confianza, e cedeulle o control da metade occidental do Imperio, mentres se reservou o goberno da metade oriental e a dignidade de Augusto Iovius. A bipolarización da autoridade imperial permitiu que Maximiano reprimise o movemento bagauda e que Diocleciano recuperase Armenia. Non obstante , os conflitos políticos e sociais medraban no Imperio, polo que en maio do 293 vinculou o poder a outros dous militares, en calidade de césares: Constancio Cloro para Occidente e Galerio para Oriente. Diocleciano controlaba Tracia, Exipto e Asia, o césar Galerio gobernaba as provincias danubianas, Maximiano administraba Italia e África, e o seu césar Constancio, Hispania, a Galia e Britania....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador. Discípulo de Berchem e Van Laer, viaxou a Italia (1650), onde asimilou a pintura mitolóxica da escola boloñesa. Cultivou a paisaxe, a pintura de animais, os retratos e a pintura satírica. Realizou obras de pequeno formato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Naturalista e escritor inglés, irmán de Lawrence Durrell. Organizou importantes expedicións científicas para a captura e preservación de especies naturais. Fundou e dirixiu o zoo de Jersey (1958) e o Jersey Wildlife Preservation Trust (1969), para a protección de especies en extinción. As súas obras tratan, case sempre, sobre aventuras relacionadas coa súa paixón polos animais. Da súa produción cómpre destacar a triloxía formada por My Family and Other Animals (A miña familia e outros animais, 1956), Birds, Beasts and Relatives (Paxaros, bestas e familiares, 1969), The Garden of the Gods (O xardín dos deuses, 1978), Fillets of Plaice (Filetes de acedía, 1971), The Stationary Ark (A arca estacionaria, 1976) e Amateur Naturalist (Naturalista afeccionado, 1982), ademais das súas series televisivas sobre a historia natural, a vida e a etoloxía dos animais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor inglés. É autor de seis libros de poemas e de novelas dun barroquismo exaltado, con influencias de James Joyce e Henri Miller. Da súa produción destacan The Black Book (O caderno negro, 1938), Cefalú (1947), as catro novelas de Alexandria Quartet (O cuarteto de Alexandría, 1957-1960) e as cinco de Avignon Quintet (Quinteto de Aviñón, 1974-1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial fundada en Vigo en 1964 polos irmáns Emilio, Xosé María e Álvaro Álvarez Blázquez. Un dos obxectivos fundamentais deste proxecto foi o de divulgar, dun xeito económico, a narrativa galega nos sectores máis populares. Publicou inicialmente unha serie de volumes de investigación titulados como Cuadernos de Arte Gallego. A partir de 1967 editou unha colección de textos breves co nome de O Moucho e outra denominada Pombal, na que se recolleron obras de autores clásicos da literatura galega como Rosalía de Castro, Curros Enríquez ou Eduardo Pondal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Editora Técnica Alvarellos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e político. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1905 ingresou na carreira xudicial e desempeñou cargos en Galicia, Asturias, Girona, León e Madrid. Representou a España nos congresos de Dereito Penal Internacional de Bruxelas (1926) e Bucarest (1929). En 1931 foi nomeado fiscal xeral da República. Deputado nas Cortes Constituíntes de 1931 en representación da provincia de Lugo, participou na discusión do proxecto da lei orgánica do Tribunal de Garantías Constitucionales. Durante a Guerra Civil mantivo a administración de xustiza ao seu cargo. Detido en Barcelona en 1939 trala ocupación da cidade polas tropas franquistas, foi xulgado nun consello de guerra e executado. Da súa obra científica destacan Memoria sobre la Fundación Aguirre: el origen y desarrollo de las fundaciones benéficas a través de la historia y del derecho, Proyecto de Ley orgánica de los Tribunales de justicia ordinaria, Bases para una novísima organización...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de emparellar ou emparellarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Xuntar dúas cousas, persoas ou animais formando parella.

    2. Igualar poñendo ao mesmo nivel dúas cousas ou persoas.

    3. Formar parella unha cousa, persoa ou animal con outro.

    4. Igualarse dúas cousas ou persoas

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dispoñer os feixes de cereal en carrelas.

    VER O DETALLE DO TERMO