"Rodríguez" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 437.

  • Xosé María Crespo Rodríguez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Licenciado en Ciencias da Información, foi xefe de edición e redactor xefe de La Región. Dentro deste mesmo grupo de comunicación ocupou o cargo de subdirector de Atlántico Diario (1992). Integrado na CRTVG, foi subdirector e xefe de informativos da TVG.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido como Luis Gordillo, a súa obra estivo influída polo informalismo e pola pop-art (serie Las cabezas, 1963-1966), aínda que foi considerado un dos pioneiros da nova figuración madrileña. Concibiu a pintura como unha prolongación psíquica, entre o automatismo e o control. Aínda que as súas primeiras obras (La pecera, 1970; La familia, 1972; Gran veloz iscariote dúplex, 1973-1974), estaban máis abertas ao humor, tamén realizou series de suicidas (1975-1976) e series edipianas (1975-1976). A súa tendencia ao informalismo acentuouse nos polípticos-mosaicos de 1981-1982 e en cadros de gran formato como Situación meándrica 3 e Vesícula. Recibiu o Premio Nacional de Artes Plásticas (1981) e a Medalla de Oro de las Bellas Artes (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Neuropsiquiatra. Estudou medicina na Universidad de Salamanca, especializándose en psiquiatría e neuroloxía. Foi médico residente no Hospital de Toén e profesor do Colexio Universitario de Ourense. Membro numerario da Sociedad Española de Historia Nacional e do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, escribiu diversos artigos e publicou Los macizos montañosos orensanos e El Parque de San Lázaro (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Foi gobernador de Lugo, Ourense, Palencia, Badajoz, Huesca e Burgos. De ideas carlistas, colaborou na década de 1840 co liberalismo e representou como deputado o distrito de Chantada (1851-1852 e 1858-1865), a sección de Lugo e foi senador pola provincia de Lugo (1884-1885).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor e director de dobraxe. Formado en arte dramática, exerceu como profesor de teatro para nenos. Poeta do Grupo Chamartín de Madrid, foi representante de España en diversos certames internacionais de teatro. Introdutor das técnicas da dobraxe en Galicia, foi director artístico de dobraxe en Estudio 1.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor e director teatral. Formado en Brasil, ao seu regreso a Galicia fundou en Vigo o Teatro Artello, co que realizou Romance de Micomicón e Adhelala (1977), de E. Blanco-Amor; e Viaxe ao país de Ningures (1977), de M. Lourenzo. Organizador do Obradoiro de Investigación Dramática, posteriormente cofundou a Compañía Luís Seoane, para a que realizou a música de Dansen (1980), de B. Brecht; e dirixiu Dous perdidos nunha noite suxa (1980), de P. Marcos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Coñecido como Julio Antonio, formouse con Marià Pedrol e con Fèlix Ferrer, aínda que tamén frecuentou o taller de Miquel Blay en Madrid. En Almadén comezou a serie Los bustos de la raza, en que sobresaen Minera de Puertollano (1909) e Minero de Almadén (1910). Realizou monumentos aos Herois de la Independència, Carmo ou Goya (Madrid) e tamén o mausoleo de Alberto Lemonnier. Da súa obra, de raíces clásicas e de concomitancias renacentistas, destacan Venus Mediterrània (1912) e María, la gitana (1908).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Membro do PSOE desde 1976, foi deputado no Congreso (1977-1983). Presidente da Junta de Extremadura desde 1982 e secretario xeral do PSOE en Extremadura desde 1988, desde 2004 é secretario executivo da comisión executiva federal do PSOE. Recibiu a Gran Cruz de la Orden del Infante D. Henrique (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresario da comunicación. Foi presidente de Hércules de Ediciones, de Nova Construción Galega SA, de Inmobiliaria Residencial del Noroeste SA e da Fundación Rodríguez Iglesias, creada para promover a arte e a cultura galega. Foi o artífice da publicación Proyecto Galicia e recibiu a distinción de Galego do ano do grupo El Correo Gallego (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Debuxante e deseñador gráfico. Coñecido como Loquis, formouse en Madrid, Barcelona e París. Promotor da aplicación do debuxo á informática, traballou como deseñador gráfico no Centro de Cálculo da USC (1967). Colaborador das revistas Teima, Coordenadas, A Nosa Terra, Dorna e Ajoblanco, traballou en banda deseñada, publicidade e carteis, ademais de realizar exposicións colectivas e individuais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Colaborador de La Concordia e director de La Opinión en Monforte de Lemos, en 1904 instalouse en Montevideo, onde foi redactor de La Democracia e El Diario Español. Fundou en Bos Aires o semanario El Correo de Galicia (1908). É autor de Jornadas de lucha (1924) e Memorias de un periodista (1945), da comedia Gente de casa e da zarzuela La Galleguita, en colaboración con R. Fernández Mato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cantante de tangos. Emigrado a Arxentina, nos seus inicios musicais participou no coro do teatro Colón, na capital arxentina, e cantou tangos en diversas emisoras de radio. Caracterizado por un dicir elegante e emotivo, a súa clara dicción e o doce acento, colaborou con algunhas das máis afamadas orquestras do momento, como as de Osvaldo Fresendo, Juan Carlos Cobián, Julio de Carlo, Ciriaco Ortiz e Francisco Lomuto. En 1935 formou o trío Morel-Lesende-Mora, en colaboración con Joaquín M. Mora e Héctor Morel e, posteriormente, colaborou co Trío nº1, con Juan C. Cobián, C. Ortiz e C. Puglisi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Foz 13.12.1951) Xeógrafo e pedagogo. Catedrático de Didáctica das Ciencias Sociais da Universidade de Santiago de Compostela, a súa dedicación profesional está relacionada coa formación inicial e continuada do profesorado. Publicou varias obras de carácter didáctico e xeográfico, das que destacan Valor y usos del suelo urbano en Lugo (1989), Os ríos galegos: morfoloxía e réxime (1992), en colaboración con F. J. Río Barja, Didáctica das ciencias sociais na educación infantil (1995) e La actividad humana y el espazo geográfico (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psiquiatra. Foi catedrático de Psiquiatría da Universidade de Santiago de Compostela, director do Departamento de Medicina, Radioloxía e Medicina Física, Psiquiatría e Saúde Pública e membro do Consello Asesor Técnico de Especialidades Médicas da Consellería de Sanidade. Publicou Estudio de epidemiología psiquiátrica en la comunidad gallega (1989) e Interacción psicosomática na clínica de atención primaria (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Coñecido como Antón Lopo, realizou traducións ao galego de Oscar Wilde, Vikram Seth e Hafez Shirani, e coordinou a sección cultural AFA e o suplemento “Revista das Letras” de O Correo Galego. Foi un dos cofundadores do Laboratorio de Indagacións Poéticas, co que participou en diversos espectáculos, como o libro de poemas orais Prestidixitador (2001). No campo da investigación publicou Fermín Bouza Brey. Unha Fotobiografía (1992) e Guía de Santiago de Compostela (1993), ademais do ensaio Mishima, que existiu nunca (1995). Na súa obra poética, caracterizada polo verso libre, distánciase do propio eu e converte o poeta nun elemento máis da composición, dándolle protagonismo ao mundo que o rodea e deixando nun segundo lugar as súas vivencias. Concibe unha poesía desenfadada e amena, centrada no cotián, onde inclúe abundantes elementos narrativos, xogando coa ironía e a provocación. É autor dos libros de poemas Sucios...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante e humorista gráfico. Coñecido como Gogue, foi o creador de personaxes como Floreano, Monchiña e Epifanio, que aparecen diariamente desde 1989 en Faro de Vigo. Deuse a coñecer internacionalmente con caricaturas de personaxes de Hollywood, políticos e deportistas. Colaborador de El Correo Gallego, Diario 16, Babel Magacin (Pennsylvania) e Earth Times (Nova York), pertence á NCN (National Caricaturist Network) e á AWN (Animation World Network). Publicou Personaxes vigueses (1981), Cen tolos da ría (1993) e Floreano (1994). Recibiu o primeiro premio (1999 e 2001) no Homer Davenport Cartoon Contest, en Oregon, e o primeiro premio no Winsenheimer Cartoon of the Week (2004), en Kansas City.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta e xornalista. Formado en humanidades e filosofía, e vinculado ao colectivo galego en Catalunya, colaborou en diversos medios de comunicación de Galicia, Catalunya e Arxentina (Coordenadas, Dorna, Treboada ou Alborada) e foi cronista oficial do Centro Galego de Barcelona. Na súa poesía, de carácter socialrealista, reflicte a súa visión saudosa de Galicia, a frustración dos que cambiaron o mundo rural polo urbano e as malas condicións de vida na cidade. Da súa obra poética destacan Poemas populares galegos (1968), Saudade do bulleiro (1970), Soldada mínima (1979) e Onte e hoxe vivencial (1995), e da súa narrativa Reencontro coa aldea (1983), Galegos en Catalunya (1983 e 1985) e Volta a España a pé (1990). Desde 1995 o concello de Paradela convoca un certame literario co seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e escritor. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, exerceu en Lugo. Publicou o estudo médico Las preocupaciones en Medicina. Conocimientos útiles de la familia. Reglas para conservar la salud, para no dejarse engañar por los curanderos y para conocer a los médicos (1896), e no ámbito da literatura cultivou unha gran diversidade de xéneros. En poesía destacan Cousas de mulleres (1895), Pasaxeiras (1898) e Gallegadas, con alegrías de la tierra (1908); en prosa escribiu A cruz de salgueiro (1893), onde combina os temas de Galicia con cuestións universais, e en teatro publicou a comedia de costumes O chufón (1915).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor. Comezou a súa carreira na compañía Marigaila, coa que estreou Ensaio festivo (1981), de G. Gambaro; e A noite das tríbadas (1983), de O. Enquist. Co Centro Dramático Galego protagonizou Agasallo de sombras (1984), de Roberto Vidal Bolaño; e Caderno de Bitácora (1985), de F. Taxes. En 1985 fundou a compañía O Moucho Clerc. No ámbito cinematográfico foi protagonista de Sempre Xonxa (1989), de Chano Piñeiro; e participou en Continental (1989), de X. Villaverde.

    VER O DETALLE DO TERMO