"SS" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1221.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ía romana que ía de Roma a Florencia pasando por Bolsena, Chiusi e Arezzo.
-
GALICIA
Xurista e diplomático francés. Durante a Segunda Guerra Mundial foi membro do goberno francés no exilio. Representante de Francia na ONU (1946-1948 e 1950-1951), foi un dos redactores da Declaración universal dos dereitos humanos (1948). Delegado da UNESCO, chegou a ser presidente da Comisión de Dereitos Humanos da ONU (1955-1957). Escribiu diversos tratados de dereito e, en colaboración con R. Aron, Trente ans d’histoire, 1918-1948 (Trinta anos de historia 1918-1948, 1949-1950). En 1968 recibiu o Premio Nobel da Paz.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor italiano. Membro do movemento Corrente, cultivou a temática feminina, principalmente retratos e maternidades. En 1946 formou parte da Nova Secesión Artística Italiana.
VER O DETALLE DO TERMO -
FAMILIAS
Familia de astrónomos franceses de orixe italiana. Destacou inicialmente Giovanni Domenico Cassini , ao que sucedeu no observatorio de París o seu fillo Jacques Cassini (París 1677-Thury, Clarmont 1756), o primeiro que mediu o arco do meridiano dende Dunkerque ata Perpignan (1713). O fillo deste, César François Cassini de Thury (París 1714-Thury 1784) herdou a dirección do observatorio e iniciou os traballos de levantamento do mapa topográfico de Francia, labor que acabou o seu fillo e sucesor no observatorio, Jacques Dominique Cassini (París 1748-Thury 1845).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo francés. Profesor de astronomía na Universidade de Boloña, en 1667 chamouno Colbert para ser director do observatorio de París. Entre 1671 e 1684 descubriu catro satélites de Saturno e a división do anel deste planeta que leva o seu nome (división de Cassini). Mediu os períodos de rotación de Marte e Xúpiter. Estudiou, tamén, o movemento dos satélites de Xúpiter e publicou unhas táboas aplicables á navegación. Determinou a paralaxe solar e foi o primeiro en considerar cientificamente o fenómeno da luz zodiacal. Publicou Opera astronomica (Obra astronómica, 1666).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da provincia de Frosinone, no Lazio, Italia (32.664 h [1991]). Está situada ao pé dun outeiro onde se alza o mosteiro de Montecassino. Cidade de orixe volsca, no 312 a C foi conquistada polos romanos, que estableceron alí unha colonia. Desde o s IX estivo fortificada. En 1799 as tropas francesas saqueárona. Ata 1871 recibiu o nome de San Germano.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo alemán. Profesor universitario en Hamburgo, Oxford, Göteborg e Yale. Dentro da dirección neokantiana da escola de Marburg, interesouse polo estudo da problemática epistemolóxica na filosofía e na ciencia modernas. Ademais da lista de categorías kantianas, considerou outras formas de pensamento, as formas simbólicas, tal e como expuxo en Philosophie der symbolischen Formen (Filosofía das formas simbólicas, 1923-1929).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de moluscos gasterópodos mariños, da familia dos casídidos, coa cuncha de forma globosa, grosa e maciza. Son propios dos mares cálidos e viven nos fondos areosos de pouca profundidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Licor doce francés de cor vermella escura, escasamente alcohólico, elaborado fundamentalmente con grosella. O máis coñecido é o procedente de Dijon. Emprégase principalmente en coctelería, combinado sobre todo con cava. Na súa rexión de orixe mestúrase con viño branco e recibe a denominación de rince cochon (‘auga de lavar porcos’).
-
PERSOEIRO
Militar e político. Loitou en México, Cuba e Santo Domingo (1862-1871). Dominou a insurrección cantonalista de Cartagena (1873) e destacou na Terceira Guerra Carlista. Foi ministro da Guerra (1887) con Sagasta, deputado por Cartagena e senador por Canarias. Propuxo unha polémica reforma militar que non foi aprobada e dimitiu en 1889.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Deuse a coñecer como autor de contos en 1942. A súa participación na Resistencia durante a Segunda Guerra Mundial inspiroulle diversas novelas nos anos cincuenta entre as que destaca La ragazza di Bube (A rapaza de Bube, 1960).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Participou na defensa da República española e na Resistencia francesa. Foi director do Musée National d’Art Moderne de París (1946-1964). Autor de novelas como Éloge de la folie (Eloxio da loucura, 1925) ou Le bel automne (O fermoso outono, 1950), cultivou tamén a poesía e o ensaio. Como crítico de arte publicou Panorama des arts plastiques (Panorama das artes plásticas, 1960) e organizou a exposición Les Sources du XX siècle para o Consello de Europa en 1960.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Crítico literario e ensaísta. Director literario de Edicions 62, foi o primeiro presidente da Associació d’Escriptors en Llengua Catalana (1978-1983) e colaborou en diversas revistas como Ínsula, Índice ou Serra d’Or. Da súa produción destacan as obras: Notas sobre literatura contemporánea (1955), La hora del lector (1957), Poesia, realisme, història (1965), Josep Pla o la raó narrativa (1978), La cultura e les cultures (1985) e Els escenaris de la memòria (1988). Recibiu a Creu de Sant Jordi en 1983.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e político italiano. De ascendencia nobre, recibiu en Milán unha sólida formación humanista. Estivo ao servizo de Ludovico Il Moro, de Francesco Gonzaga, co que combateu contra os franceses no Garellano, de Guidubaldo da Montefeltro e de Francesco Maria della Rovere, en Urbino. Durante estes anos desempeñou múltiples cargos, como as súas embaixadas en Inglaterra, en Milán, ante o rei de Francia, e en Roma, onde tratou a Raffaello Sanzio. Foi nuncio do Papa Clemente VII na corte imperial de Madrid, onde gozou da estima de Carlos V. A súa obra mestra é Il Cortegiano (1528), un tratado en catro libros en forma de diálogo no que ofrece unha visión idealizada da sociedade aristocrática do Renacemento. Xunto con Machiavelli, contribuíu á creación do ideal humano renacentista que debía ter unha formación integral e conxugar o exercicio físico coa elegancia dos modais, a cultura literaria e a virtude. Compuxo, ademais, unha égloga titulada Tirsi, o prólogo á...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Wessex e de Kent (685-688) despois de destituír o Rei Centwine. Durante o seu reinado mantivo Sussex e Surrey, recuperou a illa de Wight e South Hampshire, e invadiu Kent. Fundou mosteiros e foi bautizado polo Papa Serxio I.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Franciscano italiano. Foi nomeado gardián do convento de menores de Worms en 1221. Coñecido pola súa obra poética e musical, escribiu dúas biografías sobre san Francisco de Asís por encargo de Gregorio IX no 1229, aínda que non foron descubertas ata 1894, data da súa publicación. Unha das súas obras máis relevantes foi a secuencia da misa de defuntos Dies irae, dies illa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
O Distrito Central de Negocios é o centro financeiro, empresarial e administrativo dunha gran cidade. Caracterízase polo dominio do comercio e das actividades administrativas, de xeito que os inmobles dedicados a usos terciarios representan máis do 75% do espacio, mentres que as vivendas ocupan unha porcentaxe inferior ao 25%.
-
PERSOEIRO
Primeiro rei dos saxóns occidentais (500 ou 519-534) e fundador da dinastía do seu nome. Todos os soberanos ingleses agás Canuto, Hardecanuto, Harold I, Harold II e Guillerme o Conquistador, considéranse descendentes seus. Conquistou Wessex cara ao 500 e tomou posesión da illa de Wight no 530.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e naturalista francés. Coñecido como Adelbert von Chamisso, dirixiu o xardín botánico de Berlín e introduciu o concepto de alternancia de xeracións (1819). Entre 1815 e 1818 realizou unha viaxe ao redor do mundo que describiu en Reise um die Welt mit der Romanzoffischen Entdeckungsexpedition (Viaxe ao redor do mundo coa expedición descubridora de Romanzoff, 1821). Ademais, publicou Peter Schlemihls wundersame Geschichte (A marabillosa historia de Peter Schlemihl, 1814). Como poeta cultivou baladas e outras formas románticas.
VER O DETALLE DO TERMO