"Uri" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 983.

  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘espello’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Silicato de boro e calcio. Cristaliza no sistema rómbico, con cristais prismáticos. Pertence ao grupo dos plaxioclases. Mineral pouco frecuente, pode ser incoloro, branco, amarelo ou castaño, e ten unha dureza de 7,0 -7,5 e unha densidade de 2,9 -3,0.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos dasiúridos.

    2. Mamífero da familia dos dasiúridos.

    3. Familia de mamíferos marsupiais caracterizados por presentar tres pares de incisivos na mandíbula inferior, fociño longo, ollos e orellas grandes, extremidades anteriores con cinco dedos e as posteriores con catro ou cinco, sempre con todos os dedos independentes e a cola longa. Teñen o marsupio en posición moi posterior e, os máis deles, son pequenos, de menos de 100 g, principalmente insectívoros e de actividade nocturna. Distribúense por Australia e Nova Guinea, e aínda que algúns representantes desta familia, que abrangue máis de medio centenar de especies, habitan en medios moi diversos, están especialmente asociados ao deserto rochoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • hiosciamina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagogo e psicólogo francés. Doutorouse en Letras en 1937, despois de exercer como profesor na Escola Normal. Ensinou pedagoxía e psicoloxía na Universidade de Estrasburgo (1945-1956) e, despois, foi catedrático de Ciencias da Educación na Sorbonne e desempeñou o cargo de director do laboratorio de pedagoxía. Centrou os seus estudios na adolescencia e, sobre todo, nos intereses e necesidades desta etapa e no seu aproveitamento pedagóxico. É autor, entre outras, de La crise d’originalité juvénile (1937), Comment étudier les adolescents (1938), Les étapes de l’éducation (1952), La psychologie de l’enfant (1956) e Traité des sciences pédagogiques (1969), en colaboración con Gaston Mialaret, unha extensa enciclopedia que trazaba o panorama das ciencias da educación nos pasados anos setenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Unidade táctica do exército romano formada por dez soldados de cabalería e dirixida por un decurión.

    2. División da asemblea de cada un dos municipios ou colonias romanas formada polos decurións.

    3. Grupo aproximado de dez alumnos asignados a un decurión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudiante, no antigo ensino de gramática, que estaba a cargo dun decurión ou formaba parte dunha decuria.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Xefe dunha unidade de cabalería formada por dez soldados no exército romano.

    2. Membro da curia municipal do Imperio Romano, encargado da recadación dos impostos e que respondía deles cos seus bens. Exercían este cargo os cidadáns acomodados. Dende o s II converteuse en hereditario e desapareceu no s IV.

      1. Estudiante avantaxado no antigo ensino de gramática, que se encargaba de tomarlle a lección a un grupo de dez alumnos ou menos.

      2. decurión de decurións

        Persoa encargada de tomarlles a lección aos decurións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista francés. Foi profesor na École de Langues Orientales e especializouse en linguas africanas. Destacan as súas obras Manuel dohoméen (1894), Essai de manuel pratique de la langue mandée (1901), Vocabulaires comparatifs (1904), Les noirs de l’Afrique (1922), Civilisations negro-africaines (1925) e Les nègres (1927).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo belga. Estudiou filoloxía románica na Universidade de Liexa, na que posteriormente foi profesor, e na Sorbonne. Centrou as súas investigacións na lingüística histórica, na dialectoloxía, na literatura medieval e na literatura valona. Escribiu unha tese sobre o xénero pastoral na Francia anterior ao Renacemento, e especializouse na edición de textos franceses da Idade Media (Le tournoi de Chauvency, 1932, e Le lai d’Aristote de Henri d’Andeli, 1951). En canto á creación e transmisión dos cantares de xesta defendeu a teoría de autor individual fronte ás hipóteses neotradicionalistas. Foi membro da Academia Real de Lingua e Literatura Francesas de Bélxica e, desde 1964, membro correspondente do Institut d’Estudis Catalans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Auriga de Delfos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teórico de arte, gravador e pintor francés. Estudiou na Académie Julian e na École des Beaux-Arts de París. Membro dos nabís, publicou en Art et Critique o artigo “La définition du Néo-traditionnalisme” (A definición do neotradicionalismo, 1890) no que expuxo o que se considera a clave da estética contemporánea ao afirmar que un cadro era esencialmente unha superficie plana cuberta de cores dispostas nunha certa orde. Admirador dos nazarenos alemáns e dos italianos prerrenacentistas, fixo unha arte de formas modernistas e cores planas. Cofundador dos Ateliers d’Art Sacré (1919), aínda que a miúdo supeditou a arte á relixión, sostivo a teoría da arte pola arte e foi un dos enunciadores teóricos da pintura abstracta. Realizou ilustracións e decorou edificios relixiosos e civís. Entre as súas obras destacan Les muses (As musas, 1893), L’éternel été (O verán eterno, 1900) e Hommage à Cézanne (Homenaxe a Cézanne, 1900). Escribiu Théories (Teorías,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de despresurizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anular ou reducir os efectos da presurización nun recipiente ou espazo pechado, especialmente nunha aeronave.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos dicrúridos.

    2. Ave da familia dos dicrúridos.

    3. Familia de aves, da orde dos paseriformes, á que pertence o xénero Dicrurus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico británico. Estudiou enxeñería eléctrica en Bristol e física en Cambridge. Foi profesor na Cambridge University e na Florida State University Tallahassee. Desenvolveu en 1925 unha fórmula nova de tipo matemático da mecánica, aínda que xa existía unha grazas a W. Heisenberg, L. de Broglie e E. Schrödinger. Formulou a teoría cuántico-relativista do electrón en 1929, e prediciu a existencia do positrón, confirmado despois de forma experimental por C. D. Anderson en 1932. Foi codescubridor da estatística Fermi-Dirac e un adaíl da teoría cuántica da radiación. Colaborou con A. Bohr, W. Heisenberg e W. Pauli na elaboración dunha interpretación probabilística da mecánica cuántica. En 1933 compartiu o Premio Nobel de Física con Erwin Schrödinger.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Emisión difícil ou dolorosa ao expulsar os ouriños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á disuria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Profesor na Cambridge University e dirixente do partido comunista, estudiou a transición do feudalismo ao capitalismo e a orixe deste último. Entre as súas obras, destacan Studies in the Development of Capitalism (Estudios sobre o desenvolvemento do capitalismo, 1946) e Economic Theory and Socialism (Teoría Económica e Socialismo, 1955).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín informativo do teatro galego. Estaba dirixido por Celestino Ledo e coordinado por Francisco Pillado. Entre os seus colaboradores figuraban Pilar Pin, Santiago Fernández, Franciso Vidal, Francisco X. Pose, Carlos Gurméndez, Miguel Anxo Fernán-Vello, Xoel Gómez e Pedro Blanco Llano. Incluíu debuxos de Xaquín Marín e fotografías de J. Garaizábal, xunto con artigos de crítica, entrevistas, recensións críticas de obras galegas e traducións de textos de autores estranxeiros, como A voda do latoeiro, de John Millington Synge, e O Escorial, de Michel de Chelderode. Entre 1980 e 1982 editáronse un total de cinco números nos que se recollía información sobre a oferta teatral das compañías profesionais e as crónicas correspondentes aos feitos máis significativos do teatro galego da época, como a desaparición da Mostra de Ribadavia, a constitución da Asociación Profesional do Teatro Galego, a apertura da Sala Luís Seoane na Coruña, ou a posta en marcha das primeiras iniciativas...

    VER O DETALLE DO TERMO