Don Saturio

Don Saturio
[PUBLIC]

Boletín informativo do teatro galego. Estaba dirixido por Celestino Ledo e coordinado por Francisco Pillado. Entre os seus colaboradores figuraban Pilar Pin, Santiago Fernández, Franciso Vidal, Francisco X. Pose, Carlos Gurméndez, Miguel Anxo Fernán-Vello, Xoel Gómez e Pedro Blanco Llano. Incluíu debuxos de Xaquín Marín e fotografías de J. Garaizábal, xunto con artigos de crítica, entrevistas, recensións críticas de obras galegas e traducións de textos de autores estranxeiros, como A voda do latoeiro, de John Millington Synge, e O Escorial, de Michel de Chelderode. Entre 1980 e 1982 editáronse un total de cinco números nos que se recollía información sobre a oferta teatral das compañías profesionais e as crónicas correspondentes aos feitos máis significativos do teatro galego da época, como a desaparición da Mostra de Ribadavia, a constitución da Asociación Profesional do Teatro Galego, a apertura da Sala Luís Seoane na Coruña, ou a posta en marcha das primeiras iniciativas institucionais desde a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

Palabras veciñas

Don Quijote | Don Quixote | Don Santiago | Don Saturio | Don Sincero | Don Sincero | Don Teófilo