Don Santiago
Don Santiago
Publicación aparecida en Santiago de Compostela a partir de novembro de 1894, que levou por subtítulo “Semanario escolar, festivo y literario”. Contou coas colaboracións de M. Lois Vázquez, Toñífero, Mascarita, Ramón Martínez Esparis, Látigo e Heraclio Pérez Placer. Editábase todos os sábados e imprimíase nos obradoiros tipográficos de Fernández Tafall Hermanos. Dividiuse nas seccións: “Mezclilla semanal”, “Murmuraciones”, “Plumazos”, “Por teléfono”, “Cantares” e “Charada”. No apartado literario incluíronse fragmentos de textos e de poesías, entre eles un dedicado a Ramón Núñez, de Filomena Dato Muruais.