"car" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3676.
-
GALICIA
Ensaísta, investigador e catedrático de Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela. Publicou estudos sobre a cultura galega e o pensamento filosófico de diferentes intelectuais galegos. Ao redor da figura de Amor Ruibal escribiu El pensamiento de Amor Ruibal: una revisión de la filosofía a la luz de la correlatividad (1968). Ademais, editou a obra de Amor Ruibal Los problemas fundamentales de la filosofía y el dogma (1993) e coordinou o volume colectivo Amor Ruibal en la actualidad (1972). Outras obras súas son Rosalía de Castro entre a poesía e a política (1987) e Descubrindo a Otero Pedrayo (1991). Así mesmo, editou as Obras selectas I e II (1973 e 1983) de Otero Pedrayo e coordinou o libro Pensamento galego I (1977). Dende o seu posto docente promoveu a fundación das licenciaturas de Filosofía, Pedagoxía...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Profesor de Historia Medieval na Universidade de Santiago de Compostela. O seu traballo de investigación, centrado na historia social e política durante a Idade Media en Galicia, expúxoo en diferentes libros e artigos, entre os que cómpre salientar os seguintes: Defensores e traditores: un modelo de relación entre poder monárquico e oligarquía na Galicia altomedieval, 718-1037 (1988), Do mito á realidade: a definición social e territorial de Galicia na alta Idade Media, séculos VIII e IX (1992), As razóns dun nome: Pobra do Caramiñal (1992), escrito en colaboración con Ana Boullón Agrelo, e Gallegos del año mil (1998). É membro da Sociedade Española de Estudios Medievais e editor-correspondente de Early medieval Europe.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estudio do impulso que a contracción cardíaca lle comunica ao corpo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situado no concello de Carballo, semella que a utilización das augas sulfuradas termais se remonta á época romana; sen embargo, o seu uso moderno é de 1716, aínda que non se explotaron ata 1817. O antigo Balneario foi demolido e, na actualidade posúe un moderno complexo hostaleiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situado no concello de Carballiño, comezou a ser explotado mineiro-medicinalmente en 1816. Na actualidade conta con instalacións exclusivamente balnearias e vén sendo un dos máis concorridos de España.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘almacén (de patacas)’.
-
-
Golpear cunha estaca.
-
Golpear as ondas do mar contra as rochas.
-
-
PERSOEIRO
Príncipe de Asturias e de Girona, fillo de Filipe IV e de Isabel de Francia. Foi elixido no ano 1632 polas Cortes de Castela como príncipe herdeiro, aínda que morreu de varíola antes de acceder ao trono. Retratouno en numerosas ocasións Velázquez e o seu círculo (Baltasar Carlos a caballo, 1634-1635, e Baltasar Carlos cazador, 1635-1636).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente á banca ou aos bancos de crédito.
-
Denominación do grupo de economistas ingleses que se opuxo ao Peel Act de 1844 e ás teses da Currency School. Hai que sinalar entre eles, en primeiro lugar, a Thomas Tooke, Johan Fullarton e James William Gilbart. Conseguiron a adhesión da maioría dos principais economistas, en particular a de John Stuart Mill, contra os homes prácticos e os funcionarios do Bank of England. As súas críticas pódense sintetizar en tres ideas principais: en primeiro lugar, o control da emisión é insuficiente para garantir a estabilidade; en segundo lugar, a convertibilidade é suficiente para asegurar a estabilidade monetaria; en terceiro lugar, o Bank of England non pode dividirse en departamento emisor e departamento bancario.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Creba económica dunha empresa ou persoa que polo xeral ten a súa orixe nunha actividade fraudulenta. A palabra ten a súa orixe na Idade Media, cando os cambistas que caían na miseria rachaban o banco no que sentaban para efectuar as súas operacións nos mercados, nun xesto que significaba o cesamento das súas actividades.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade oficial de crédito a longo e a medio prazo fundada no ano 1872 en Madrid, promovida polo Banco de París e dende os Países Baixos. Dende a súa formación tivo como obxectivo os préstamos hipotecarios sobre inmobles situados no ámbito estatal español. No ano 1933 pasou a ser controlado totalmente por accionistas españois. Dende o 1962 depende do Instituto de Crédito oficial (ICO), integrado en Argentaria (Corporación Bancaria de España) en 1991.
-
PERSOEIRO
Poeta. Iniciou estudios de Arquitectura que abandonou debido a unha doenza física. No Brasil comezou a súa produción literaria en xornais e foi profesor de literatura hispanoamericana na Faculdade Nacional de Filosofia. Considerado como o pai da poesía modernista brasileira, entre as súas obras poéticas destacan: A cinza das horas (1917), Carnaval (1919), Libertinagem (1930), Estrela da tarde (1962); como prosista escribiu Crônicas da província do Brasil (1937) e Apresentação da poesia brasileira (1946), entre outras. As súas investigacións levárono a mergullarse nos cancioneiros medievais galego-portugueses, dando como froito o poema “Cossonte”, onde emula a famosa cantiga “Ondas do mar de Vigo” de Martín Códax.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Economista auditor e político. Foi concelleiro socialista en Vigo, director xeral de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia e director do Instituto Galego de Vivenda e Solo da consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas. Así mesmo, foi parlamentario autonómico socialista. Ocupou o cargo de director financeiro nunha empresa viguesa do metal e director financeiro de Feve (2004-2005). Dende 2005 a 2009 foi Director Xeral de Transportes.
VER O DETALLE DO TERMO
-
PERSOEIRO
Documentalista, produtor e director de fotografía. Foi un dos pioneiros do cine español a principios do século XX. Aprendeu o seu oficio na produtora Gaumont de París. En 1907 instalou un laboratorio de revelado e copias en Barcelona xunto ao seu irmán, o operador Ramón de Baños. Estreou a súa carreira coa rodaxe de escenas de zarzuelas e curtametraxes. Entre as súas realizacións destacan: La malquerida (1914), baseada na obra homónima de Jacinto Benavente, Sangre y arena (1916), versión da obra de Blasco Ibáñez, Don Juan Tenorio (1921), unha das primeiras adaptacións da obra de Zorrilla, e La gitana blanca (1925).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto neoclásico. Iniciou, no 1818, a urbanización da Xénova moderna (antiga Via Carlo Felice e Piazza delle Fontane Marose) e construíu o Palazzo dell’Accademia Lingustica e o Teatro Carlo Felice (1826-1828).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
ariedade da cantiga de amigo ou da cantiga de amor. As barcarolas, denominadas tamén mariñas, adoitan estar ambientadas ao redor do mar, dun río ou dun lago, elementos que se converten na causa de separación dos amantes ou nun reflexo positivo do seu reencontro. Todas as cantigas de amigo que pertencen ao xénero barcarola presentan retrouso e teñen carácter paralelístico. Entre os seus cultivadores máis representativos atópanse Estevan Coelho, Pai Gomez Charinho, Mendinho, Roi Fernandiz de Santiago, Nuno Porco, Johan Zorro, Juião Bolseiro, Nuno Fernandez Torneol e Martin Codax. Para algúns estudiosos a súa orixe atópase, a causa do seu carácter arcaico e popular, na tradición lírica peninsular anterior á trobadoresca. Outros negan a súa existencia apoiándose na ausencia de tipificación xenérica nos tratados de poética medieval.
-
Peza composta en compás 6/8 que evoca as cancións entoadas polos gondoleiros venecianos e o ritmo do movemento do remo. Na época romántica fíxose moi popular a súa composición. Destaca a barcarola inicial do acto III da ópera de Offenbach Les contes d’ Hoffmann (Os contos de Hoffmann, 1881).
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, situado á beira do río Alcarrache, no pé da serra de Santa María (3.938 h [1996]). As súas principais actividades económicas son a agricultura e a gandería. Tamén destaca a industria da cortiza. Este perfil agropecuario favoreceu durante o s XX a emigración dos seus habitantes cara a outras áreas máis desenvolvidas, especialmente Catalunya, factor que desencadeou transformacións na súa dinámica demográfica que repercutiron nun forte descenso con respecto ás cifras iniciais. En Barcarrota naceu Hernando de Soto, conquistador da Florida.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Foi o fundador do grupo pictórico Ancla (1974), do que foi elixido secretario xeral en 1995. Realizou exposicións individuais e participou noutras de carácter colectivo en Galicia e en diversas cidades de España, Portugal e Francia. Escribiu unha monografía sobre Julio Argüelles, editou o Directorio de Académicos 1996 da Real Academia de Belas Artes de Galicia e Un museo para Ferrol, e coordinou Ferrolanos hoy: el barítono Julio Barcón (1996). Así mesmo, fundou e dirixiu as revistas Arte Galicia (1979) e Poesía Galicia (1981). Foi galardoado, entre outros premios, coa medalla de prata do I Salón Militar de Pintura (1981) e co II premio de Pintura Isaac Díaz Pardo (1989). É membro da Asociación Española de Críticos de Arte (1982), da Asociación Internacional de Críticos de Arte (1994) e da Real Academia Galega de Belas Artes (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Estudiou Filosofía e Letras e foi profesor nos EE UU, especializado na Literatura española, publicando varios volumes dun estudo sobre este tema. No eido da poesía publicou Otoñales e Rosas místicas (1912). En colaboración con Alberto Jardón, realizou a tradución da obra de Víctor Catherein, Filosofía del Derecho. Derecho Natural Positivo. Sobre a literatura galega, á parte dunha conferencia sobre Rosalía, publicada en Nova York no ano 1923 co título de Rosalía de Castro, deu ao prelo En torno al lirismo gallego del siglo XIX (1926).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor, gravador e escritor vasco. Irmán de Pío Baroja, a súa pintura representa a expresión plástica do espírito da Xeración do 98; a súa temática é paisaxística e tecnicamente achegada ao Impresionismo. Destaca a calidade dos seus gravados, influídos por Goya. Escribiu novela, teatro e contos, case todos nun ambiente vasco, pero literariamente é coñecido pola obra Gente del 98 (1952), que constitúe unha escolma de artigos que apareceran no Diario de Madrid en 1935. Fundou en 1926 o teatro de cámara El Mirlo Blanco, do que foi o seu director. Recibiu a segunda medalla na Exposición Nacional de Belas Artes de 1906 e a primeira medalla en 1908.
VER O DETALLE DO TERMO