barcarola

barcarola

(

  1. s f [LIT]

    ariedade da cantiga de amigo ou da cantiga de amor. As barcarolas, denominadas tamén mariñas, adoitan estar ambientadas ao redor do mar, dun río ou dun lago, elementos que se converten na causa de separación dos amantes ou nun reflexo positivo do seu reencontro. Todas as cantigas de amigo que pertencen ao xénero barcarola presentan retrouso e teñen carácter paralelístico. Entre os seus cultivadores máis representativos atópanse Estevan Coelho, Pai Gomez Charinho, Mendinho, Roi Fernandiz de Santiago, Nuno Porco, Johan Zorro, Juião Bolseiro, Nuno Fernandez Torneol e Martin Codax. Para algúns estudiosos a súa orixe atópase, a causa do seu carácter arcaico e popular, na tradición lírica peninsular anterior á trobadoresca. Outros negan a súa existencia apoiándose na ausencia de tipificación xenérica nos tratados de poética medieval.

  2. s f [MÚS]

    Peza composta en compás 6/8 que evoca as cancións entoadas polos gondoleiros venecianos e o ritmo do movemento do remo. Na época romántica fíxose moi popular a súa composición. Destaca a barcarola inicial do acto III da ópera de Offenbach Les contes d’ Hoffmann (Os contos de Hoffmann, 1881).

Palabras veciñas

barcalés -sa | Barcalés, El | barcaleta | barcarola | Barcarrota | barcaxe | barcaza