barcaxe
barcaxe
(
-
s
f
Frete dunha barca.
-
s
f
[HIST]
Rédito que daba o arrendamento ou o establecemento de barcos a favor do erario real ou señorial.
-
s
f
[HIST]
Dereito de orixe medieval esixido pola facenda ou polos señores xurisdicionais para a utilización dun servizo público de barca coa finalidade de atravesar un río, onde a falta de ponte impedía a continuidade dunha ruta. No estado español desapareceu como dereito señorial no 1813, coa abolición das xurisdicións señoriais, e tamén, de xeito definitivo como recurso do Tesouro Público coa reforma do 1881.