Barcarrota

Barcarrota

Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, situado á beira do río Alcarrache, no pé da serra de Santa María (3.938 h [1996]). As súas principais actividades económicas son a agricultura e a gandería. Tamén destaca a industria da cortiza. Este perfil agropecuario favoreceu durante o s XX a emigración dos seus habitantes cara a outras áreas máis desenvolvidas, especialmente Catalunya, factor que desencadeou transformacións na súa dinámica demográfica que repercutiron nun forte descenso con respecto ás cifras iniciais. En Barcarrota naceu Hernando de Soto, conquistador da Florida.