"lla" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2798.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga das palilleiras que corresponde á voz que designa a ‘tea que cobre o labor na tilla’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á torre ou castelo con canóns.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gornecer con pezas de artillería unha fortificación, un navío, etc.
-
ILLAS
Illa do Atlántico Sur que depende administrativamente da colonia británica de Santa Helena (88 km2 1.117 h [1993]). É de orixe volcánica e está situada a 1.600 km do cabo Palmas, en Liberia. A illa goza dun clima tropical temperado polos ventos alisios do SL. A capital é Georgetown. Foi descuberta polo portugués João de Nova o día da Ascensión de 1501. Os ingleses ocupárona en 1815 e foi administrada polo almirantado británico ata finais de 1922; logo foi anexionada a Santa Helena.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Facer ou presentar unha cousa con parecido ou semellanza a outra.
-
Ter aparencia dalgunha cousa ou representar esa cousa.
-
Ter grande semellanza unha persoa ou unha cousa con outra, no aspecto físico ou no moral.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acto ou efecto de asoballar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que asoballa.
-
-
Exercer a autoridade, o dominio ou forte influencia sobre alguén que o rexeita por suporlle unha humillación.
-
Humillar unha persoa a outra.
-
Pisar sen o debido coidado un terreo sementado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización de mariñeiros fundada en 1900 en Bueu. Nas súas directivas participaron destacados membros do republicanismo local. O seu regulamento, con data do 19 de xaneiro de 1900, estipulaba a organización de toda a clase traballadora do mar nunha asociación que defendese os seus intereses, tanto entre os seus asociados como na representación do sector diante das autoridades gobernativas. En 1904, esta asociación mariñeira interveu no conflito que enfrontou a mariñeiros, que reclamaban un aumento dos quiñóns que cobraban por ir á parte, e armadores locais. A organización de Bueu, apareceu nos primeiros momentos de estruturación mariñeira en sociedades de resistencia (1895-1910), nun momento de total indefensión do sector ante as autoridades gobernativas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pao gordo e curto co que se remexen as papas para que non formen gromos ao cocer.
-
VER O DETALLE DO TERMO
O máis antigo dos grandes clubs de fútbol ingleses, fundado en 1874 en Birmingham. Membro fundador da Liga inglesa en 1888, foi campión do torneo en sete ocasións; posúe outros tantos títulos de Copa e en cinco ocasións venceu na Copa da Liga. Na tempada 1981-1982 proclamouse Campión de Europa, adxudicándose a Supercopa de Europa subseguinte. O Real Club Deportivo de La Coruña e o Real Club Celta de Vigo enfrontáronse a el na Copa da UEFA nas tempadas 1993-1994 e 1998-1999, respectivamente. En ambas ocasións os equipos galegos eliminaron aos viláns, logo de vencer nos partidos de volta disputados no estadio Villa Park de Birmingham (0-1 e 1-3 respectivamente).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Territorios do noroeste da Hispania romana habitados respectivamente por ástures-cántabros e galaicos. Estas dúas rexións foron incluídas na provincia da Lusitania por Augusto, na súa primeira organización provincial do ano 27 a C, coa finalidade de controlar mellor o territorio ástur neses anos que estaba en guerra contra Roma (guerras ástur-cántabras, 29 - 19 a C). A razón desta intensa acción de sometemento por parte dos romanos vén explicada pola presenza no territorio de minerais coma o ouro ou o minio. Unha vez finalizada a conquista, Augusto procedeu a unha segunda reestruturación administrativa, que tivo lugar entre os anos 16 e 13 a C co gallo da súa segunda viaxe á Península Ibérica, na que Asturia e Gallaecia son incorporadas á Provincia Citerior Tarraconensis. Os núcleos ou cidades principais reciben o nome de Augustus: Bracara Augusta, Lucus Augusti e Asturica Augusta, á vez que se forman os correspondentes convento xurídico asturicense, lucense e bracarense. Con Caracalla...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Comarca da Comunidade Autónoma de Cantabria, entre os ríos Saja, ao L, e Nansa, ao O, na fronteira co Principado de Asturias. Limita ao S coa cordilleira Cantábrica. Trátase dunha rexión litoral no que o seu trazo máis característico é a rasa, produto dos distintos niveis de abrasión mariña ao longo da historia. Destacan os núcleos de Torrelavega, Suances, Santillana del Mar, Cabezón de la Sal e San Vicente de la Barquera.
-
VER O DETALLE DO TERMO
atafal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparello de marisqueo, que pode ser utilizado tanto a pé como dende unha embarcación. Consiste nunha rede de estrutura semellante ás betas, conformada por unha malla de abertura variable, e que se distribúe por panos de rede unidos uns a outros. Para traballar con ela búscase un lugar polo que vaia pasar o peixe e, cando está a marea baixa, crávase o aparello na area por medio dunhas estacas, fixándoo cuns rizóns ou pedras. Unha vez subida a marea, e mediante as cortizas da propia rede, o aparello queda tirante e listo para que os peixes enmallen nel. Tamén se pode colocar o aparello dende unha embarcación e coa marea chea, pero é un procedemento dificultoso que require máis traballo. O xeito de colocar a atallada varía segundo a zona na que se sitúe: en círculo, rodeando un banco de peixe ou en liña cando se pretende tapar unha saída dese propio banco (un esteiro, a desembocadura dun río, etc). Por outra banda, o tamaño do aparello dependerá da extensión da zona que se pretende cubrir,...
-
-
de atallar.
-
Que lle foi impedida a continuación do seu camiño ou o seu curso.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar no que se corta a auga para o regadío.
-
-
Ir por atallos.
-
Facer que un camiño resulte máis curto.
-
Deter o curso e o progreso de alguén ou dalgunha cousa.
-
-
-
Berro de guerra, principalmente dos mouros, ao entrar en batalla.
-
Berro moi forte por mor dunha dor ou dunha situación de angustia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Batalla que tivo lugar na chaira de Atapuerca (Burgos) en setembro do 1054, entre os fillos de Sancho III de Navarra, García IV de Navarra e Fernando I de Castela, a causa das aspiracións deste último nos territorios casteláns que ampliaran o Reino de Navarra. García morreu na batalla e os casteláns ocuparon La Rioja e A Bureba.