Aston Villa Football Club

Aston Villa Football Club

O máis antigo dos grandes clubs de fútbol ingleses, fundado en 1874 en Birmingham. Membro fundador da Liga inglesa en 1888, foi campión do torneo en sete ocasións; posúe outros tantos títulos de Copa e en cinco ocasións venceu na Copa da Liga. Na tempada 1981-1982 proclamouse Campión de Europa, adxudicándose a Supercopa de Europa subseguinte. O Real Club Deportivo de La Coruña e o Real Club Celta de Vigo enfrontáronse a el na Copa da UEFA nas tempadas 1993-1994 e 1998-1999, respectivamente. En ambas ocasións os equipos galegos eliminaron aos viláns, logo de vencer nos partidos de volta disputados no estadio Villa Park de Birmingham (0-1 e 1-3 respectivamente).

Palabras veciñas

Astley, Philip | ASTM | astomatoso -sa | Aston Villa Football Club | Aston, Francis William | Astor Casalderrey, Rafael | Astorga