Astor Casalderrey, Rafael
Enxeñeiro de Camiños, Canales e Portos. Foi xefe da construtora Eman, director técnico na fábrica de prefrabricados Bein, director técnico do estudo de arquitectura e enxeñería Aricsa e secretario do colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canales e Portos de Galicia. É profesor titular de Cálculo Estrutural na Facultade de Arquitectura Técnica da Coruña, profesor de Ampliación de Física na Escola Superior de Arquitectura da Coruña e enxeñeiro municipal do concello de Oleiros. Realizou obras no xardín de Santa Cristina, a urbanización P P 5 3 en Santa Cruz, o cuartel da Policía Municipal, o adro de Santa Eulalia de Liáns, a nova lonxa de peixe da Coruña, o proxecto das oficinas de Acopesca e o deseño dun panel de formigón aparafusado á cimentación que soporta empuxes de graneis de ata 4.000 m de altura. Elaborou o inventario de pontes antigas para a Dirección Xeral do Patrimonio da Xunta, estudios sobre o Camiño Portugués a Santiago e artigos sobre temas de enxeñería histórica. Entre os seus libros destacan: Libro de problemas de descriptiva, Una de puentes, breve historia del puente e La vuelta a Galicia en cuarenta puentes y medio.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Pontevedra