"llo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1518.

  • Liñaxe natural de Ourense. Relaciónanse tamén con esta caste os apelidos Brullo, Burullo, Burullón e Borullo. As súas armas levan, en campo de goles, un vurullón coas roupas do neno recén nado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enxoval do neno que vai nacer, xeralmente colocado nunha cesta de vime.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Moble de cámara dos ss XVII e XVIII, comunmente de nogueira, en forma de mesa ou mesiña auxiliar, provista dalgún caixón ou armario, destinado ao arranxo de papeis e de vasillas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tumor esférico e coriáceo que se forma nas pólas ou follas dos carballos, inducido por himenópteros parasitos da familia dos cinípidos, que poñen os ovos no seu interior. Dentro do bugallo desenvólvese a eiruga da avespa, que se alimenta do tecido neoformado. Na primavera seguinte, o insecto adulto abandona o bugallo. Empregáronse para a industria de curtidos pola súa alta concentración de taninos. Os nenos adoitan utilizalos para xogar con eles coma se fosen buxainas.

    2. globo ocular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido que ten a súa orixe nun alcume. Este alcume sería aplicado a un individuo ‘baixo e regordecho’. Tamén se atesta na época medieval en feminino aplicado a mulleres: “Maria Bugalha” (doc ano 1292 en E. Rivas Quintas Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 399).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e director teatral. Iniciou a súa andaina no teatro independente en Logroño. De volta a Galicia, creou o grupo Olimpo co que estreou Antígona (1978), espectáculo creado a partir do texto de Sófocles. Posteriormente, marchou a Madrid onde traballou no café-teatro e nalgunhas curtametraxes e películas. En 1988 regresou a Pontevedra e creou a Aula de Formación de Actores, que funcionou ata 1992 e coa que realizaría diversos espectáculos entre os que salientan O oso (1990), a partir da peza de Anton Pavlovič Čekhov, ou A puta no manicomio (1990), sobre a coñecida obra de Dario Fo. En 1994 participou como actor no espectáculo Macbeth, realizado por Producións Teatrais do Sur.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación que reciben algunhas plantas que presentan estruturas globosas densas, semellantes a bugallos; é o caso de Erica tetralix, con umbelas terminais arredondadas e compactas, ou algunhas especies do xénero Ranunculus, con froitos en forma de glomérulos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Restos que quedan de froitos como a uva, oliva ou mazá despois de pasaren pola prensa ou de esprimírense.

    2. Terreo ou lugar con lama e barro, que se forma cando se mestura a auga con terra, follas, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Castaña asada e cocida, xeralmente sen casca.

    2. Ourizo que só ten unha castaña sa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que se estendeu por Castela, fundando casa en Ávila, amais doutras provincias españolas. En Galicia estableceuse nas vilas de Baiona, Priegue (Nigrán), Porriño, dende onde saíu unha rama que se asentou na vila cacereña de Alcántara no s XVIII. As súas armas levan, en campo de prata, dous leóns, de goles, rampantes e enfrontados, que sosteñen, nas súas poutas, unha coroa de ouro; no xefe, sobre a coroa, unha cruz plana de goles, cantonada de catro lises, de azul; bordo de ouro, con sete ferros de lanza, de azul, coas puntas ensanguentadas, postos en cadanseu anaco de hasta. Recóllese tamén outro escudo que trae, en campo de prata, dous leóns rampantes de goles enfrontados, superados dunha cruz plana de goles; bordo de ouro con oito ferros de lanza de azul, coas puntas ensanguentadas, postos en cadanseu anaco de pao.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Bolo de fariña de millo, cocido co caldo ou por separado, que se facía no entroido e nos tempos de escaseza de pan.

    2. Castaña asada ou cocida, xeralmente coa casca. OBS: Nalgunhas zonas de Galicia refírese á castaña verde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Domenico di Giovanni.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da parroquia de Caxide no concello de Parada do Sil, na marxe esquerda do río Sil. O seu cumio atópase a 1.289 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador alemán. Foi discípulo do seu pai, o gravador Thoman Burgkmair (1444-1523) e de Martin Schongauer. A súa produción pictórica contén tres táboas, coas basílicas de San Pedro (1501), San Xoán do Letrán (1502) e Santa Cruz de Xerusalén, os retablos do Rosario, de san Xoán Evanxelista (1518) e da Santa Cruz (1519). Como gravador destacan os traballos para o Emperador Maximiliano e diversas xilografías do seu Libro de Horas. O seu fillo Hans Burgkmair o Mozo (1500?-1559) tamén foi gravador e pintor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Autónoma de Andalucía, provincia de Sevilla, situado ao N da capital, na marxe dereita do Guadalquivir, nas faldras de Sierra Morena (3.451 h [1996]). A súa base económica é agrícola (laranxas, cereais, legumes, viña e aceite) e gandeira (gando lanar e cabrún).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Autónoma de Extremadura, na provincia de Badajoz, situado ao SO de Zafra e drenado polo río Bodión (3.406 h [1996]), ao pé de Sierra Morena. Caracterízase pola presenza de amplas chairas de aciñeiras e sobreiras. A súa economía é principalmente agrícola (oliveiras, cereais) e gandeira (gando lanar, porcino, cabrún e vacún). Destacan tamén as actividades relacionadas coa recolección de produtos naturais non cultivados, como os espárragos silvestres, o cortiza e a madeira. No sector industrial conta cunha fábrica transformadora de granito e pequenas industrias familiares. Entre o seu patrimonio arquitectónico cómpre salientar a ermida do Cristo, do s XVI, e a igrexa de Santa María de la Encina, de estilo neoclásico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de León, Comunidade Autónoma de Castela e León, situado na comarca de El Páramo, ao SO da cidade de León (1.999 h [1996]). As principais actividades económicas son as agropecuarias; entre elas destacan o cultivo dos cereais (fundamentalmente trigo e forraxes) e a cría dos gandos bovino e ovino. Os elementos máis salientables da súa paisaxe son os seus numerosos muíños de vento.

    VER O DETALLE DO TERMO