Burguillos del Cerro
Burguillos del Cerro
Municipio da Comunidad Autónoma de Extremadura, na provincia de Badajoz, situado ao SO de Zafra e drenado polo río Bodión (3.406 h [1996]), ao pé de Sierra Morena. Caracterízase pola presenza de amplas chairas de aciñeiras e sobreiras. A súa economía é principalmente agrícola (oliveiras, cereais) e gandeira (gando lanar, porcino, cabrún e vacún). Destacan tamén as actividades relacionadas coa recolección de produtos naturais non cultivados, como os espárragos silvestres, o cortiza e a madeira. No sector industrial conta cunha fábrica transformadora de granito e pequenas industrias familiares. Entre o seu patrimonio arquitectónico cómpre salientar a ermida do Cristo, do s XVI, e a igrexa de Santa María de la Encina, de estilo neoclásico.