"ovi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 688.

  • Provincia autónoma de Rusia (36.000 km2; 201.100 h [estim 1999]). A súa capital é Birobidžan (83.667 h [1995]). As fragas cobren máis dun terzo do seu territorio. O clima é monzónico e o río máis importante é o Amur. Posúe minas de estaño e fabrica maquinaria agrícola e materiais para a construción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antropólogo estadounidense. Realizou investigacións en Surinam, Haití, Trinidad, Brasil e en distintos lugares de África e interesouse polos procesos de cambio cultural e aculturación na liña de F. Boas. Das súas obras destacan The Economic Life of Primitive Peoples (1940), Man and His Works (1948) e The Human Factor in Changing Africa (1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión dos Balcáns. Está situada ao S de Bosnia, entre Montenegro, ao S e ao SL, e Dalmacia, ao O, que a separa do Adriático, excepto nun estreito corredor que dá á canle Neretva, diante da illa de Pelješac. É unha rexión moi montañosa, formada por cordilleiras, macizos calcarios e polja cársticos e que está drenada polo río Neretva. Rexión pobre, a poboación é escasa, e vive sobre todo da gandería ovina. O principal núcleo urbano é Mostar. Formou parte da Iliria romana e posteriormente foi ocupada polos godos (s IV) e polos eslavos (s VII). Integrouse no reino croata de Tomislav, pero foi conquistada polos bizantinos (1040), máis tarde foi sometida ao poder dos príncipes serbios (1180-1321) e despois dos bosnios (1322-1377). O voivoda Estebo Vukčić separouna coa axuda do sultán e recibiu o título de duque ou herceg. Unida ao Imperio Turco entre 1482 e 1878, posteriormente pasou a depender da administración austro-húngara. Asociada a Bosnia...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Herzegovina ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Herzegovina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pensador e publicista. Os seus ideais revolucionarios ocasionáronlle o desterro e desde 1847 residiu en París, Londres, Niza e Xenebra. Destacan as súas memorias Byloje i dumy (Pasado e pensamentos 1852-1868).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado patolóxico consecuencia da carencia relativa dunha ou varias vitaminas, como é o caso da falta da vitamina A (xeroftalmia), B (beri-beri), C (escorbuto) e D (raquitismo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Exerceu como xornalista no Severo-Donetszki Kommunist e no diario Krasnaia Bachkiria. Redactor xefe do periódico moscovita Bednota, aprendeu fotografía con Rodtchenko. Da súa obra cómpre salientar diversas imaxes sobre grandes construcións soviéticas, fotografías aéreas e varios documentais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de improvisar.

      1. Cousa improvisada.

      2. Execución musical espontánea non codificada nin escrita. Na música polifónica medieval, improvisábase sobre un canto dado. A partir do s XVI foi a base da música instrumental que acompañaba e enriquecía o canto. Formas musicais baseadas na improvisación foron o preludio, o tiento, a intonatio, a fantasía e o ricercare. Nos ss XVII e XVIII foi limitada aos instrumentistas de teclado e ás cadencias de concertos e música vocal. A música de jazz está estreitamente vinculada á improvisación.

      3. Invención de diálogo no curso dunha interpretación. A improvisación constitúe unha das características principais da commedia dell’arte. Nas técnicas modernas empregouse a improvisación de diálogo e accións durante os ensaios como unha medida de integración do actor no proceso de creación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen improvisa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer algo de xeito rápido sen preparación ou organización previa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sen estar preparado, de repente, sen previo aviso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non se pode mover nin modificar.

    2. Aplícase á persoa que non pode ser cambiada do seu posto ou cargo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de inamovible.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non se pode conmover ou convencer.

    2. Que non se altera, cambia ou move facilmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Discípulo de W. K. Röntgen, foi director do instituto físico-agronómico de San Petersburgo e membro directivo da Academia das Ciencias da URSS. Estudiou as propiedades físicas e eléctricas dos cristais e dos semicondutores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non pode ser removido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, dramaturgo e historiador. Máximo representante do simbolismo realista ruso. Rector da Universidade de Bakú, emigrou a Italia (1924) e converteuse ao catolicismo. Escribiu Rimskije sonety (Sonetos romanos, 1925) e Svet vecěrnyj (Luz de tarde, 1914-1944).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ruso. Loitou na guerra civil, foi protexido por Gor’kij, e en 1921 comezaron a publicarse as súas experiencias: Partizany (Guerrilleiros, 1921) e Bronepojzd 14-69 (O tren blindado 14-69, 1922). Despois de 1925 cambiou de estilo e dedicouse a manifestar a primitividade do escritor e do seu mundo: Tajnoje tajnykh (Misterio dos misterios, 1927), Pokhoždenija fakira (Viaxes dun faquir, 1935) e Vstreči s Maksimom Gorkim (Encontros con Maksim Gor’kij, 1947).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político bosníaco. Graduado en Dereito, dedicouse á defensa dos dereitos da comunidade musulmá na antiga República Federal Socialista de Iugoslavia. Fundou o Partido de Acción Democrática (SDA)(1988), formación política de carácter musulmán, nacionalista e laico, coa que foi escollido presidente de Bosnia-Herzegovina nas eleccións de 1990, declarando a independencia en 1992, que deu paso a unha guerra civil. Aínda que a súa pretensión inicial era a creación dun estado multiétnico, aceptou os acordos de Dayton de 1995, que supuxeron o repartimento do territorio. Tralas eleccións de 1996 converteuse no primeiro presidente da presidencia tripartita, cargo que revalidou en 1998 e do que dimitiu, por motivos de saúde, en 2000.

    VER O DETALLE DO TERMO