"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
CONTINENTES
Continente situado ao redor do Polo Sur e que xuntamente coas illas próximas está no interior dos 60° de latitude S. Ten 14.100.000 km2 de superficie, comprendidas as illas (140.000 km2) e a plataforma continental con xeo flotante (1.160.000 km2).
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
Desde o punto de vista tectónico, distínguense dúas grandes unidades, separadas por unha liña ideal que vai do mar de Weddell ao mar de Ross. A unidade occidental, moito máis pequena oriental, pódese interpretar como unha prolongación da cordilleira andina: é un conxunto de serras alpinas e de fosas (as dúas principais son as que forman os mares de Weddell e de Ross) que constitúen un zócolo rochoso discontinuo por debaixo da espesa capa de xeo. Nesta área encóntrase o cume máis alto da Antártida, o monte Vinson, de 5.140 m de altitude. A maior aliñación de carácter anticlinal forma a grilanda de illas unidas á Península Antártica: as Shetlands do Sur... -
PUNTA
Punta do litoral da parroquia de Suevos (concello de Arteixo) situada entre o porto de Suevos, ao S e a punta Langosteira ao N.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Antas de Ulla baixo a advocación de san Xoán. Nela sitúase a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Almería, Andalucía, no Campo de Vera (2.659 h [1996]), situado no val do Almanzora. Ten cultivos de horta, cereais, oliveiras, figueiras e laranxeiras, amais de gandería. Explota canteiras de mármore.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe de procedencia portuguesa. Algúns xenealoxistas din que pertencen a esta familia os Antas de Ourense. As súas armas levan, en campo de goles, unha cruz formada por seis losanxes de prata en forma de cruz; catro colocados en situación de pau e unidos nos seus extremos, e os outros dous postos un a cada lado do segundo losanxe, tocándoo nos seus extremos.
-
GALICIA
Concello da comarca da Ulloa situado na provincia de Lugo no centro da comunidade autónoma, (42°46’ 57’’ N - 7° 53’ 18’’ O). Limita ao N co concello de Palas de Rei, ao L co de Monterroso, ao S cos de Taboada (comarca de Chantada) e Rodeiro (Deza), e ao O co de Agolada (Deza). Abrangue unha superficie de 103,6 km 2 cunha poboación de 2.549 h (2007) distribuídos nas parroquias de Agüela, Alvidrón, Amoexa, Antas de Ulla, Árbol, Arcos, Areas, Barreiro, Casa de Naia, A Cervela, Cibreiro, Cutián, Dorra, Facha, Olveda, Peibás, Queixeiro, Reboredo, O Rial, San Fiz de Amarante, San Martiño de Amarante Santa Mariña de Castro de Amarante, Santiso, Santo Estevo de Castro de Amarante, Senande, Terra Chá, Vilanuñe e Vilapoupre. A capital municipal é Antas. Atópase a 45 km de Lugo, está adscrito á diocese de Lugo e ao partido xudicial de Chantada.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O territorio do municipio de Antas de Ulla, situado ao L da serra do Farelo, vese afectado polo dominio... -
GALICIA
Parroquia do concello de Antas de ulla. baixo a advocación de San xoán.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa de orixe románica construída entre 1225 e 1230. Conserva só parte da nave, na que destaca o tímpano da portada principal, semicircular e decorado cunha cruz de Santiago no medio, flanqueada por un epígrafe hoxe ilexible.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Entallador e escultor barroco coñecido pola súa obra como retablista. Foi mestre titular das obras da Catedral de Santiago de Compostela (1639-1664). Na súa etapa de formación pódense identificar as seguintes obras: o retablo da capela de San Xacinto no Convento de San Domingos de Bonaval (1618); o trazado do cadeirado do coro baixo do mosteiro de San Paio de Antealtares, así como os entalles, que realizou xunto con Bertomeu Delgado (1619); o retablo para a capela maior da Igrexa de Santa María a Grande, en Pontevedra, -substituído posteriormente por un retablo gótico de Maximino Magariños-; e dous retablos colaterais na Igrexa da Nosa Señora de Fisterra (1640). A súa formación clasicista faise efectiva na actividade que desenvolve na Catedral de Santiago de Compostela, tanto no retablo da capela da Purísima Concepción (1637) como na decoración da capela maior ou no tabernáculo, traballos realizados baixo a dirección de Vega Verdugo. Tamén é o autor de varias obras menores para a Catedral...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antaio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antimetabolito inhibidor da histamina, empregado no tratamento das alerxias.
-
-
Diante de, en presencia de.
-
Por efecto de, á vista de, atendendo a.
-
-
-
alce.
-
Pel adubada e curtida do animal do mesmo nome con acabado de aspecto aveludado, que se emprega en peletería para todo tipo de prendas masculinas ou femininas. A partir dos anos setenta o ante vai na parte exterior de prendas de moito abrigo que teñan polo interior pel de pelo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Anta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Locución que significa ‘denantes do mediodía’, empregada para indicar as horas do día que van da media noite ata o mediodía, e que nos países anglosaxóns acostúmase a indicar detrás da hora mediante a abreviatura a m.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ad quem.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Esposa de Proitos, Rei de Argos. Estaba namorada de Belerofontes e, cando este a rexeitou, acusouno ante o seu home de intentar seducila.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo asinado o 17 de agosto de 1077 entre Diego Páez, bispo de Compostela, e Faxildo, abade do mosteiro de Antealtares. A Concordia de Antealtares constitúe un documento de especial riqueza informativa: por unha banda é o máis antigo documento coñecido sobre o martirio do Apóstolo Santiago. Contén información sobre a traslatio do seu corpo desde o porto de Ioppe, a descuberta do sepulcro polo anacoreta Paio e a construción da primitiva Igrexa de Santiago polo Rei Afonso II. Pola outra banda, ofrece valiosos datos sobre a construción románica da catedral e sobre a primitiva disposición do Mosteiro de Antealtares, así como da situación e número de construcións da Compostela do momento. Por último, a Concordia fixa por escrito os novos termos para delimitar a superficie territorial do Mosteiro de Antealtares.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pacto asinado no mosteiro de San Paio de Antealtares o 7 de xuño de 1458 entre varios nobres da Terra de Santiago (Moscoso, Soutomaior e Montaos) e os concellos de Santiago, Muros e Noia. Deu lugar á constitución dunha Irmandade para loitar contra os abusos cometidos por outros nobres, principalmente polo arcebispo de Compostela, Rodrigo de Luna. O documento reflicte a inexistencia da xustiza real, feito que era aproveitado por determinados señores, fundamentalmente o arcebispo e os seus servidores, para roubar e destruír os bens dos congregados en Antealtares. No Manifesto estableceuse a responsabilidade dos señores sobre os roubos cometidos polos seus serventes, ao tempo que se tomaban medidas para garantir a seguridade nos camiños. Ademais, convidábase a outras vilas a sumarse á Irmandade, ofrecemento que foi aceptado por Pontevedra. A conflitiva situación que provocou a Irmandade obrigou a Rodrigo de Luna a fuxir de Compostela, resultando inútiles os diversos intentos conciliadores...