"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
-
Persoa de pequena estatura.
-
Cousa que non acadou o seu desenvovemento completo, particularmente algunhas froitas.
-
Rocada pequena de la, liño ou estopa.
-
-
-
carrapizo.
-
carrapicho.
-
Unidade de medida para áridos que equivale a unha onza.
-
-
-
Que produce carraxe.
-
Aplícase a quen se irrita con facilidade.
-
Dise de quen mostra valor e ánimo.
-
-
GALICIA
Realizador cinematográfico. Rematados os seus estudios de dirección de fotografía, incorporouse ao mundo profesional en 1985 e traballou como axudante de dirección en filmes como The Adventures of Baron Munchausen (As aventuras do barón Munchausen, 1987), de Terry Gilliam; Indiana Jones and the Last Crusade (Indiana Jones e a última cruzada, 1988), de Steven Spielberg; La forja de un rebelde (1988), de Mario Camus; Las cosas del querer (1988), de Jaime Chávarri; ou Luna negra (1989), de Imanol Uribe. Iniciouse no campo da publicidade como axudante de dirección e xefe de produción na realización de anuncios. Escribiu guións para cine e televisión, amais dalgunha obra teatral (Sangre, 1991). En formato vídeo dirixiu a finais dos anos oitenta Adiós al temor e Máis do mesmo. Soubo aproveitar o éxito e os premios das súas primeiras curtametraxes en 35 mm como A sorte cambia (1991) e Coitadiños (1992), para acceder á realización da súa primeira longametraxe, Dáme lume (1994). Esta película, a...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Músico e compositor portugués. Foi primeiro mestre de capela da catedral de Santiago de Compostela e da de Braga, cargo que desempeñou dende 1613 ata o seu pasamento en 1637. Consérvanse diversas composicións da súa autoría, entre as que destaca unha das obras musicais máis antigas na que a arpa desempeña a función de baixo continuo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor e crítico literario. Catedrático de Lenguas Romances da Brown University en EE UU, foi presidente da asociación internacional de Estudios Gallegos e secretario da Modern Languages Association. Escribiu, entre outras obras: El romancero lírico de Lope de Vega, Poesía selecta, El castigo sin venganza e El perro del hortelano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filósofo, etnólogo e avogado. Catedrático de Ética na Universitat Autònoma de Barcelona. Estudiou o pensamento moral e xurídico hispánico dende unha perspectiva tradicionalista afastada do positivismo. En colaboración co seu irmán Joaquim escribiu Historia de la filosofía española: filosofía cristiana de los siglos XIII al XV (1939-1943). Publicou diversas investigacións sobre filósofos, xuristas e médicos como Luis Vives: su significación hispano-renacentista (1942) ou Balmes y la filosofía de la historia (1947).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar. Logo de licenciarse na Academia de Infantería de Toledo foi enviado a África. Á súa volta destinárono a Murcia e posteriormente a Vigo como capitán do rexemento de Infantería. O 20 de xullo de 1936 participou activamente na sublevación da guarnición de Vigo ao proclamar nun bando, lido na Porta do Sol, o estado de guerra. No transcurso da súa lectura morreron vinte persoas e cincuenta resultaron feridas. Foi o responsable da represión desatada na área de Vigo (Lavadores, Cabral, O Calvario, Teis, etc) que durou ata o día 26 de xullo e que causou numerosas víctimas civís. Tamén dirixiu a represión en Tui, onde resistían os agraristas, os grupos próximos á CNT e á Fronte Popular, leais á República. Logo das súas actuacións en Galicia foi destinado á fronte asturiana, onde morreu.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
carrexo.
-
Viaxe que fai o carro ou a carreta cargado.
-
Transporte que tiña que realizar anualmente co seu carro o vasalo ou foreiro como servizo para o seu señor.
-
-
PERSOEIRO
Poeta arxentino. Iniciouse influído pola corrente modernista, tal e como se reflicte en Misas herejes (1912); posteriormente evolucionou cara a unha poesía sinxela. A súa obra reuniuse en Poesías (1913).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Vicerrei de Navarra e gobernador de Galicia. Primeiro conde e marqués de Caracena e primeiro conde de Pinto. Formou parte do Consello de Estado e foi lugartenente de València (1605-1615). Como consecuencia do decreto do 22 de setembro de 1609, tivo lugar a expulsión dos moriscos de València, e el mesmo se ocupou de dirixir as operacións de embarque.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. A súa obra, publicada postumamente en 1611, contén sonetos, cancións e églogas. Da súa produción destacan, sobre todo, a Fábula de Acis y Galatea e o Libro de la erudición poética, primeiro manifesto do culteranismo, onde expuxo a necesidade de crear unha linguaxe poética, culta e hermética.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintora británica. Entre 1910 e 1914 estudiou na Slade School of Art de Londres, onde coñeceu a Mark Gertler, quen a introduciu no grupo de Bloomsbury. Nas súas obras empregou diferentes soportes como o cristal, os azulexos e os enreixados.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintora inglesa. Estudiou debuxo e pintura na academia de Amédée Ozefant en 1936 e, ao ano seguinte, coñeceu a Max Ernst, quen a introduciu no círculo dos surrealistas de París e con quen colaborou na escenografía de Ubu Roi (1938), de Alfred Jarry. En 1938 expuxo cos surrealistas en París e Amsterdam. En 1943 coñeceu o mecenas Edward James. Dende aquela, e logo dunha estancia en Nova York e Chicago (1985 e 1988), viviu en Ciudad de México, onde desenvolveu unha actividade pictórica encadrada no surrealismo. Cara ao 1941 colaborou coas publicacións View e VVV. Entre as súas obras destacan Autorretrato (1938), The Meal of Lord Candlestick (A comida de lord Candlestick, 1938), Pain Chant (Canto de sufrimento, 1947), Kabala (Cábala, 1960) e Labyrinth (Laberinto, 1991). Escribiu os contos fantásticos La dame ovale (A dama oval, 1939), a novela curta Little Francis (A pequena Francis, 1937) e a...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Peter Alexander Rupert Smith.
-
PERSOEIRO
Astrónomo. Foi o primeiro en rexistrar a observación dunha erupción solar e estudiou as manchas solares. Descubriu que na rotación do Sol, a velocidade depende da latitude, de xeito que a rotación do ecuador solar é máis rápida ca a da resta da esfera. Publicou Catalogue of 3735 circumpolar stars observed at Redhill (Catálogo de 3.735 estrelas circumpolares observadas en Redhill, 1857) e o libro Observations of the solar spots (Observacións dos puntos solares, 1864).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte da parroquia de Seteventos, no concello do Saviñao. O seu cumio acada os 603 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista e político. Licenciado en Dereito, foi profesor de Dereito Político e Constitucional na Universidade de Santiago de Compostela. Foi subdelegado do ministerio de Obras Públicas e Urbanismo na Coruña e xerente da gran área de expansión industrial de Galicia. Senador polo PSOE na lexislatura 1977-1982, ocupou o cargo de tenente de alcalde da Coruña e de alcalde interino tralo cesamento de Domingo Merino. Deputado no Parlamento galego entre 1982 e 1996, formou parte da Asemblea de parlamentarios que aprobaron o Estatuto de Autonomía e da comisión mixta de transferencias da Xunta de Galicia ás deputacións. Pertence ao Consello Consultivo de Galicia. Membro da Asociación de Estudios Galegos, do Seminario de Estudios Galegos, da Asociación Española de Ciencia Política e Dereito Constitucional e da Asociación Española de Estudio do Dereito Europeo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e crítico teatral e cinematográfico. Licenciado en Dereito en 1951 pola Universidade de Santiago de Compostela, doutorouse na Universidad de Madrid coa tese El concepto de accidente de trabajo en el Derecho Social, publicada en 1953. Foi catedrático de Historia Social do Traballo. En 1956 nomeárono secretario xeral da Union Internationale des Miroitiers-Vitriers. Colaborou en diversos programas de Radio Galicia, na sección de crítica teatral e cinematográfica, e en diferentes revistas de carácter xurídico, como Revista de Derecho del Trabajo e Bollettino Informativo dell’Istituto Giuridico Spagnolo in Roma. Publicou, entre outras, El despido justo (1957), Historia social del trabajo (1971) e Introdución al sindicalismo (1971). Foi distinguido coa Encomienda de la Orden Civil de Alfonso X o Sabio.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista e político. Doutor en Dereito e licenciado en Ciencias Políticas e Económicas. Profesor de dereito político e de teoría do estado, director do Instituto de Estudios da Administración Local e membro do Instituto Internacional de Ciencias Administrativas. Forma parte do corpo de letrados do Consejo de Estado, do corpo de secretarios de administración local e do corpo de técnicos da administración civil e do estado. Foi presidente da comisión de sanidade e asistencia social do I Plan de Desarrollo (1959), procurador en Cortes e secretario xeral técnico do ministerio da Gobernación. En 1973 foi nomeado director xeral da Administración Local e en 1974 ministro da Presidencia, cargo que exerceu ata marzo de 1975. En 1976 participou na formación de Alianza Popular (AP) e foi elixido deputado por este partido nas Cortes constituíntes de 1977. Entre 1982 e 1986 exerceu como vicepresidente segundo do Congreso de los Diputados. Colaborou nas revistas Documentación Administrativa, Ciencia...
VER O DETALLE DO TERMO