"car" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3676.

  • Aumento da medida do corazón, que se orixina por unha hipertrofia das paredes cardíacas ou por unha dilatación das cavidades do corazón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que dá froitos grandes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado insular de África, no Océano Índico, situado fronte á costa suroriental africana, da que o separa o canal de Moçambique (587.041 km2; 16.437.000 h [estim 2001]). A capital é Tananarive.
    Xeografía física
    O relevo está formado por un altiplano de rochas erosionadas que ocupa a rexión interior. Cara ao L descende bruscamente formando unha pequena chaira costeira, mentres que o descenso é máis suave cara ao O. O clima é tropical, con temperaturas elevadas nas zonas baixas e variables no interior, a causa da altitude. As precipitacións son abundantes. Os ríos son numerosos e con gran caudal, e destacan o Betsiboka e o Mangoky. Un 85% das especies da flora e fauna son endémicas. A rexión oriental caracterízase pola selva pluvial sempre verde e rica en epífitos. Na rexión occidental predominan as sabanas con árbores que perden a forraxe durante a época seca e con vexetais paquicaules e espinosos. Na parte meridional, a vexetación...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto italiano. Representou o período de transición do Renacemento ao Barroco en Roma. Construíu a fachada da igrexa de Santa Susanna (1603), exemplo do estilo da Contrarreforma, traballou no Palacio Chigi e foi arquitecto oficial en San Pedro do Vaticano, onde fixo a fachada da basílica e a nave lonxitudinal (1606-1626), cambiando o plan central de Michelangelo pola planta de cruz latina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista, empresario e político. En 1972 presidiu o Banco Central de Honduras (BCH) e coordinou o Gabinete Económico, encargándose de supervisar as medidas de axuste económico pedidas polo Fondo Monetario Internacional. Foi elixido en 1993 deputado ao Parlamento Centroamericano (Parlacén) e nomeado presidente da República de Honduras o 27 de xaneiro de 2002 polo Partido Nacional (PN), substituíndo a Carlos Flores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica que estudia os campos magnéticos que crea o corazón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Erudito. Pretendeu superar a escolástica e ligar a tradición reformista hispánica, ancorada no erasmismo, coas novas correntes do pensamento europeo. En literatura fixo unha dura e implacable crítica do barroco decadente. Elaborou o primeiro proxecto reformista ilustrado, que foi rexeitado. Escribiu Vida de Miguel de Cervantes (1733) e Orígenes de la lengua española (1737), dúas achegas importantes á crítica literaria e á filoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Educar mal a unha persoa ou animal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten cara ou aspecto desagradable ou repulsivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Causar algún dano físico a alguén.

    2. Facerse dano nalgunha parte do corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e humanista. Destacou a súa obra como historiador da arte. Escribiu Het Schilder Boeck (O libro da pintura, 1604) e biografías de pintores italianos, flamengos e alemáns dos ss XV e XVI, en que se recoñeceu por primeira vez a orixinalidade da pintura nórdica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inxerir alimentos sólidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar finlandés. Foi xeneral do exército tsarista (1910) e axudante de campo de Nicolao II (1912) e, cando se proclamou a independencia de Finlandia (1917), dirixiu aos gardas brancos que se impuxeron aos bolxeviques finlandeses. Rexeu o país (1918-1919) e construíu a liña Mannerheim na zona fronteiriza coa URSS do istmo de Carelia. Foi mariscal de Finlandia (1933) e en 1941 declarou a guerra á URSS, á beira de Alemaña, aínda que en 1944, como cabeza do estado, firmou o armisticio coa URSS e declarou a guerra a Alemaña (1945). Ao ano seguinte retirouse a Suíza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Economista e político. Foi voceiro (1983-1991) e presidente (1987-1991) do PP no concello de Vigo (1983-1991). Foi vicepresidente da Deputación Provincial de Pontevedra, senador na IV lexislatura (1989-1993) e deputado nacional desde 1993. Escribiu o artigo “La Financiación de la empresa pesquera” (1981) e a colaboración “Ramón Díaz del Río” no libro Viguíssimos (1998), de Xurxo Lobato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Incunable impreso o 10 de xuño de 1496 en Monterrei por Juan Gherlinc para a diocese de Braga. O único exemplar coñecido deste manual desapareceu no incendio da biblioteca do Pazo Arcebispal de Braga o 15 de abril de 1866.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Poñer unha marca en algo ou alguén para distinguilo e recoñecelo.

      2. Poñer o prezo a un produto comercial.

      3. Facer que algo se distinga ou recoñeza mediante unha marca.

    1. Indicar un aparato cantidades ou magnitudes.

    2. Anotar un tanto.

    3. Accionar, no disco ou teclado dun teléfono ou noutro aparato dixital,un número.

    4. Servir de marca ou sinal para recoñecer ou indicar algo.

    5. Deixar marca sobre algo ou alguén.

    6. Facer que algo se distinga dun xeito destacado.

    7. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Deportista. Foi campioa de España de natación desde 1986 ata 1993 en 200 metros costas. Foi cuarta na Copa de Europa (Sabadell, 1989), participou no campionato do mundo en Perth (1991) e obtivo a medalla de prata nos Xogos do Mediterráneo de Atenas (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Sabucedo (A Estrada) e Quireza (Cerdedo). O seu cumio acada os 504 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Nápoles e Sicilia, filla do Emperador Francisco I e de María Tareixa I de Austria. Casou en 1767 co Rei Fernando I das Dúas Sicilias, sobre quen exerceu unha grande influencia. Coa Revolución Francesa e a execución da súa irmá, a Raíña María Antonieta, púxose á fronte dos reaccionarios e foi responsable dos cruentos acontecementos de Nápoles (1799). Ocupada a cidade por Napoleón I Bonaparte, refuxiouse coa súa familia no Reino de Sicilia, e posteriormente en Austria.

    VER O DETALLE DO TERMO