marcar
(< ital marcare? < longobardo *markan?)
-
v t
-
Poñer unha marca en algo ou alguén para distinguilo e recoñecelo.
Ex: A miña nai marcoulle o mandilón da escola a meu irmán pequeno.
-
Poñer o prezo a un produto comercial.
Ex: Marcaremos esas pezas de roupa antes de que comecen as rebaixas.
-
Facer que algo se distinga ou recoñeza mediante unha marca.
Ex: O profesor marcoume os exercicios que tiña que facer.
-
-
v t
Indicar un aparato cantidades ou magnitudes.
Ex: Hoxe os termómetros marcarán as temperaturas máis altas do verán.
-
v t
[DEP]
Anotar un tanto.
Ex: O Celta marcou un gol impresionante na final. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: Marcou de cabeza e lograron forzar a prórroga.
-
v t
Accionar, no disco ou teclado dun teléfono ou noutro aparato dixital,un número.
Ex: Cando viu a pelexa marcou o número da policía. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: Ti marca que che contestan nun intre.
-
v t
Servir de marca ou sinal para recoñecer ou indicar algo.
Ex: Aquela árbore marca a estrema dos nosos montes.
Sinónimos: sinalar. -
v t
Deixar marca sobre algo ou alguén.
Ex: Marcoulle o lombo por ter escapado da casa.
-
v t
Facer que algo se distinga dun xeito destacado.
Ex: Ese vestido márcalle toda a cadeira.
-
v t
Facer que se note a cadencia de algo rítmico.
Ex: Nun desfile é fundamental marcar ben o paso.
-
v t
Darlle certa fixación ao cabelo marcando as ondas.
Ex: Márcame o pelo que mañá teño unha voda. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: Quero que me laves e marques.
-
v t
[DEP]
ixiar de preto un xogador a un rival para impedir ou dificultar o seu xogo.
Ex: O defensa marcou con perfección o dianteiro contrario.
-
v t
[FÍS]
Introducir un indicador ou un isótopo radiactivo a un elemento ou substancia, para poder detectalo e seguir os seus desprazamentos.
-
v t
Deixar marca na personalidade dunha persoa.
Ex: Marcouno o feito de ser fillo de emigrantes. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: Quedou marcado pola morte do seu pai.
Palabras veciñas
marcador -ra | marcanciáceo -a | marcapasos | marcar | Marcas | marcasita | marcaxeIndicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles marco
marcas
marca
marcamos
marcades
marcan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles marcaba
marcabas
marcaba
marcabamos
marcabades
marcaban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles marquei
marcaches
marcou
marcamos
marcastes
marcaron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles marcara
marcaras
marcara
marcaramos
marcarades
marcaran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles marcarei
marcarás
marcará
marcaremos
marcaredes
marcarán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles marcaría
marcarías
marcaría
marcariamos
marcariades
marcarían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles marque
marques
marque
marquemos
marquedes
marquen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles marcase
marcases
marcase
marcasemos
marcasedes
marcasen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles marcar
marcares
marcar
marcarmos
marcardes
marcaren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
marca
-
-
marcade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles marcar
marcares
marcar
marcarmos
marcardes
marcaren
marcada
marcados
marcadas