marcaxe

marcaxe

(< marcar)

  1. s f [DEP]

    Acción e efecto de marcar un xogador a outro do equipo contrario.

    Ex: Non houbo goles nun partido onde triunfaron as férreas marcaxes sobre as dianteiras.

  2. s f

    Liña que indica a separación entre dúas terras.

    Ex: A marcaxe das terras fixo que rifasen.

    Confrontacións: linde.
  3. marcaxe radioactiva [QUÍM/BIOL]

    Procedemento mediante o que se substitúe un ou varios átomos dunha molécula por un indicador ou isótopo radioactivo. Deste xeito, a radioactividade destas moléculas permite seguirlle o rastro e as reaccións químicas que sofren. Para as aplicacións á química, á bioloxía e á medicina, disponse dun gran número de móleculas marcadas (por exemplo con  14 6 C e 36 16 S) que permiten estudiar cuantitativamente o metabolismo dunha serie de elementos.

Palabras veciñas

marcar | Marcas | marcasita | marcaxe | marceada | marcear | Marceau, Marcel