"eo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3592.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Home que cambia a miúdo de opinións e de afeccións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo deus mariño da mitoloxía grega que atalaiaba o rabaño de focas e doutras bestas mariñas de Posidón. Tiña o don da profecía e o poder de tomar calquera forma para subtraerse de quen o interrogaba.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hidrólise enzimática das proteínas que ten lugar tanto dentro coma fóra das células e que é necesaria para que os aminoácidos resultantes poidan atravesar as membranas celulares.
-
-
Relativo ou pertencente á proteólise.
-
Que provoca a proteólise.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
albumosa.
-
-
Sentenza de Deus, recollida na Xénese, sobre a serpe no Paraíso, entendida polos Pais e os esexetas católicos como o primeiro anuncio da salvación: un descendente da muller, Xesús, vencerá as forzas demoníacas (serpe).
-
Evanxeo apócrifo atribuído ao apóstolo Santiago o Menor que trata sobre o nacemento da Virxe e a infancia de Xesús. Parece ser que foi escrito no s II.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lingua non testemuñada que se postula como precursora das linguas indoeuropeas, que se cre foi falada nalgún lugar da península de Anatolia ou no Cáucaso hai uns 7.000 anos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Teoría enunciada por William Prout en 1815, pola que os átomos dos elementos químicos han de ser formados por un número enteiro de átomos de hidróxeno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo empresarial do sector automobilístico que reúne, entre outras, as marcas Peugeot e Citroën. En 1974 Peugeot adquiriu o 38,2% de Citroën S.A, mantendo cada marca os seus propios modelos, e en 1976 Peugeot absorbeu a Citroën e formouse PSA Peugeot Citroën. En 1978 tomou o control de Chrysler Europa e en 1980 fusionouse con Talbot. Xunto coas actividades de construción e venda de automóbiles, o grupo inclúe outras actividades fóra do sector automobilístico como Banque PSA Finance e GEFCO, empresa de transporte e loxística. Ademais asinou convenios con outros construtores de automóbiles para producir conxuntamente bases de vehículos ou órganos como motores. Conta con 14 centros de produción, entre eles o de Vigo e Madrid, e 14 fábricas de mecánica e elementos de fundición. En 2003 produciu 3.309.000 vehículos, facturou 54.238 millóns de euros, vendeu 3.285.600 unidades e tiña 200.000 empregados. En 1957 Citröen instalouse en Vigo nunhas instalacións que a Zona Franca dispuña no porto....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de solo compacto, limoso, ácido, con humus xeralmente de tipo moder, e con concrecións ennegrecidas de ferro e manganeso, caracterizada pola presenza dunha capa freática temporal e pola sequidade estival.
-
-
Relativo ou pertencente ás pseudomonadáceas.
-
Bacteria da familia das pseudomonadáceas.
-
Familia de bacterias pseudomonadais que agrupa formas alongadas, rectas, raramente cocoides, móbiles por flaxelos polares, de crecemento moi rápido. Son oxidativas e teñen unha distribución moi ampla. Algunhas son cromoxénicas. Os xéneros máis importantes son Pseudomonas (como P. aeruginosa), Phythomonas e Xanthomonas, que son saprófitos dos vexetais, Protaminobacter e Mycoplana, entre outros moitos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Soter (Macedonia 367 a C - Exipto 283? a C) Rei de Exipto (305-285 a C), fillo de Lagos. Fundador da dinastía ptolemaica ou láxida. Foi xeneral de Alexandre o Grande e destacou na campaña de Asia. Nomeado sátrapa de Exipto e Libia (323 a C), enfrontouse polo poder co rexente Perdicas. Conquistou Corinto e Megara (308 a C), pero foi derrotado por Demetrio I de Macedonia en Salamina (Chipre, 306 a C). Adoptou o título de rei en 305 a C. Aliouse con Casandro, Lisímaco e Seleuco I (302 a C) e ocupou Celesiria (Palestina e Fenicia). En 285 a C abdicou no seu fillo, Ptolomeo II Filadelfo. Protector das artes, fundou o museo e a biblioteca de Alexandría.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Filadelfo (Cos 308 a C - 246 a C) Rei de Exipto (285-246 a C), fillo e sucesor de Ptolomeo I. O éxito contra os seléucidas Antíoco I (280-261 a C) e Antíoco II (261-246 a C) converteu Exipto na primeira potencia naval do Mediterráneo. Con el, a dinastía ptolemaica chegou ao seu cume.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Everxetes (Exipto 280? a C - 221 a C) Rei de Exipto (246-221 a C), fillo e sucesor de Ptolomeo II. Recuperou a Cirenaica, invadiu o reino seléucida (245 a C) e interveu nos asuntos gregos. Consolidou os seus dominios ata Tracia e levou a Exipto o apoxeo do poder. Entre outros, construíu o templo exipcio de Idfû.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Filopátor (238? a C - 205 a C) Rei de Exipto (221-205 a C), fillo e sucesor de Ptolomeo III. Sometido á influencia dos favoritos, co seu goberno corrupto comezou a decadencia da dinastía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Soter (142? a C - 81? a C) Rei de Exipto (116-107 a C e 88-81 a C), fillo e sucesor de Ptolomeo VIII. Gobernou coa súa nai Cleopatra III, quen conseguiu afastalo a Chipre (107 a C) para darlle o trono ao irmán, Ptolomeo X , coñecido como Alexandre I (? 140?-88? a C), que reinou de 107 a 88 a C, ano en que tivo que fuxir de Exipto a causa dun motín. Á súa morte (88 a C), Ptolomeo IX ocupou novamente o trono. O seu fillo Ptolomeo XI , coñecido como Alexandre II, gobernou entre 81 e 80 a C.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Epífanes (210? a C - 181 a C) Rei de Exipto (197-181 a C), fillo e sucesor de Ptolomeo IV. Orfo desde os cinco anos, durante a súa minoría de idade perdeu Celesiria e Asia Menor na Batalla de Panio (200 a C).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Filométor (185? a C - 145 a C) Rei de Exipto (181-145 a C), fillo e sucesor de Ptolomeo V. Durante a súa minoría de idade gobernou a súa nai Cleopatra I. Neste período Antíoco IV invadiu Exipto (170 a C), pero apresárono e fixo elixir rei ao seu irmán, Ptolomeo VIII. Roma detivo unha nova invasión de Antíoco (168 a C) e interveu decididamente desamigando a ambos os dous irmáns e atribuíndo Cirenaica ao seu fillo Ptolomeo VII Neofilopátor (162 a C-144 a C), asasinado ao cabo dun ano polo seu tío Ptolomeo VIII.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Everxetes (182 a C - 116 a C) Rei de Exipto (145-116 a C), fillo de Ptolomeo V e irmán de Ptolomeo VI. Reinou co seu irmán (170-163 a C) ata converterse en rei da Cirenaica (163-145 a C). No intento de tomar Chipre (154 a C), foi derrotado polo seu irmán. Morto este (145 a C), casou coa viúva Cleopatra II e coa fillastra desta, Cleopatra III. A oposición da poboación helenística provocou que Cleopatra II o expulsase (130 a C). Reconciliados novamente (124 a C), deu unha ampla amnistía (118 a C).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Filopátor Filadelfo Neo-Dionisio (110? a C - 51 a C) Rei de Exipto (80-51 a C), fillo de Ptolomeo IX. Coñecido tamén como Auletes (‘frautista’) e Noto (‘bastardo’), foi recoñecido polos romanos. Un motín, provocado pola anexión romana de Chipre, mantívoo afastado do trono do 58 ao 55 a C.