"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Relativo ou pertencente a R. Wagner.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Río do Deccan, en India continental, tributario do Godāvari (580 km). Nace na zona oriental dos montes Sātpura (Mahādeo Hills), e durante case a metade do seu curso constitúe a fronteira entre os estados de Mahārā Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ṣ h Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ṭ ra e Āndhra Pradesh.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (A Coruña 28.8.1878 - Madrid 16.4.1954) Político. Militante do Partido Conservador, foi deputado no Congreso por Pontedeume (1913-1923), director xeral de Rexistros e Notariados (1917), subsecretario do ministerio de Gobernación (1920) e ministro de Graza e Xustiza (1921), Economía Nacional (1930) e Facenda (1930-1931). Recibiu a Légion d’Honour.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Teatro tradicional xavanés que xurdiu cara a finais do s VIII na illa de Xava. Consistía na proxección de sombras sobre unha superficie plana, mediante marionetas de coiro ou madeira, que representaban historias tradicionais do folclore xavanés e relatos de orixe hindú do Mahābhārata e do Rāmāyana.

    2. Marioneta que se emprega no teatro de wajang.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Suwalki 6.3.1926) Director cinematográfico polaco. Realizou unha obra de gran realismo crítico sobre problemas profundamente humanos. Da súa filmografía destacan Popiol e diament (Cinzas e diamantes, 1958), Polonawie na muchy (A caza de moscas, 1968), Krajobraz po bitwie (Paisaxe tras a batalla, 1970), Korczak (1990), Pan Tadeusz (1999) e Zemsta (2002). Recibiu un Silbener Bär en 1996 e un Oscar en 2000.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión do NL de Afganistán, apéndice que, entre o Hindū Kush e o Pamir, prolonga o Badakhsha afgán e separa Taxikistán do val do Indo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Priluki, Ucraína 22.7.1888 - Hyannis, Massachusetts 16.8.1973) Microbiólogo ucraíno. Naturalizado estadounidense, estudou os microorganismos do solo e descubriu estreptomicina, substancia extraída do Streptomyces griseus, eficaz contra o bacilo de Koch e tratamento fundamental da tuberculose. Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (1952).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e diplomático polaco, conde de Colonna, fillo natural de Napoleón I. Naturalizado francés, foi ministro de Asuntos Exteriores (1856-1860) e presidiu o Congreso de París (1856). Como ministro de Estado (1860-1863) propugnou medidas reformistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reprodutor de casetes portátiles que consiste nunha caixiña provista dun cabezal lector e duns auriculares moi lixeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produtora cinematográfica estadounidense fundada en California por Walt Disney no ano 1923 co nome de Walt Disney Produtions. Dedicada á creación e produción de filmes dirixidos ao público infantil, posúe varios parques temáticos e xestiona os estudios cinematográficos Miramax e a cadea de televisión ABC News.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do Gran Londres, Inglaterra, Reino Unido, situada ao S do Támesis e ao SW da City (260.380 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político chinés.Opúxose a Chiang Kai-Shek en 1927. Expulsado do partido ata 1930, ocupou a presidencia do comité executivo (1932-1935). Constituíu un goberno chinés con sede en Nanking (1940), nos territorios ocupados por Xapón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor chinés. As súas paisaxes son composicións tráxicas que serviron de modelo á chamada pintura culta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo chinés. É o autor máis importante da dinastía Yuan por Xi Xiangji (Historia da á oeste), baseada nun conto popular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor chinés. Atribúeselle a fundación da chamada escola meridional, caracterizada pola paisaxe monocroma e pola técnica chamada da tinta salpicada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo chinés. Principal representante da escola da mente, idealista, afirmaba que a lei moral está no interior e non nas cousas externas, e é recoñecida grazas a unha sindérese (liagzhi) común a todos os homes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Motor de combustión interna, ideado por F. Wankel en 1959, que consiste nunha cámara fixa no interior da que xira, con movemento planetario, un émbolo rotatorio constituído por tres lóbulos e impulsado pola forza de expansión do combustible en ignición. Os catro tempos efectúanse no curso dunha volta compacta do émbolo. A mestura carburante é aspirada nun volume relativamente grande, que se comprime ata que é inflamada, provocando que os gases saian ao exterior sen necesidade de válvulas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parque natural do NO de Zimbabwe lindante coa fronteira de Botswana (14 593 km2). É un dos hábitats meirandes de elefantes de África.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Sichuan, na rexión do Suroeste (156.823 h [1990]). Situada á entrada da boca do Iang-Tse, é un centro comercial e un porto fluvial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Andhra Pradesh, India (446.760 h [1991]). Núcleo industrial, foi capital do reino de Andhra.

    VER O DETALLE DO TERMO