"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Sociólogo. Dirixiu o primeiro departamento de socioloxía existente no mundo, na University of Chicago, e fundou a American Sociological Review. Escribiu Dynamic Sociology (1883) e Pure Sociology (1903).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Andrew Warhola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista e cineasta. Coñecido como Andy Warhol, partindo de experiencias informalistas de estilo abstracto-expresionista, converteuse no pioneiro da pop-art americana. Utilizou a fotografía e a serigrafía en composicións seriadas e repetitivas dunha mesma imaxe como accidentes de automóbil, Marilyn Monroe ou Mao. Dedicouse ao cine underground, mantendo a mesma imaxe durante horas na pantalla, Sleep (1963), ou mostrando a vida dos grupos marxinados, como en Blow-job (1964) ou Heat (1972).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Botánico danés. Fundador da ecoloxía vexetal, describiu a flora ártica e a de Brasil. Escribiu Plantesamfund. Gruntraek af den okologiscke Plantengeografi (Comunidades vexetais. Introdución á xeobotánica ecolóxica, 1895).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Título peñorable representativo da propiedade dunha mercancía, xeralmente agrícola, depositada nun almacén ou nos peiraos.

    2. Certificado de opción para subscribir, nun título de valor, durante un período ou a data fixa, e a un prezo fixo, determinados instrumentos financeiros, como accións ou obrigas da sociedade emisora ou do seu grupo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico alemán. Desenvolveu un procedemento para diagnosticar a sífilis mediante a aplicación do método inventado por Bordet chamado fixación do complemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do antigo Reino de Mitanni, situada probablemente preto das fontes do Khabur, ao N de Mesopotamia. Foi incorporada ao Imperio Asirio (1336? a C).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e radiotécnico escocés. Estudou o radar e as súas aplicacións, e conseguindo facer funcionar o primeiro radar práctico en 1935. En 1919 patentou o primeiro instrumento para o estudo da atmosfera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. Formouse con C. Gillot, que o introduciu na temática do teatro e das singeries. En 1707 entrou no taller de C. Audran, que lle confiou a decoración con chinoiseries do palacio de La Muette. lang=EN-GB mso-ansi-language:EN-GB >Pintou escenas galantes como La surprise, L’indifférent ou Réunion en plain air.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo austríaco. lang=EN-GB mso-ansi-language: EN-GB >Formou con H. Henneberg e H. Kühn a Das Kleebatt. Foi un dos descubridores da impresión combinada que, xunto co uso do papel fotográfico engurragado, contribuíu á creación dun estilo propio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e deseñador inglés. En 1861 foi un dos creadores da primeira sociedade de W. Morris para o deseño de obxectos. Construíu a Red House (1859-1860) e a Routon Grange (1881-1891).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Paniculite non supurativa nodular febril recidivante, de etioloxía descoñecida, caracterizada pola formación de nódulos inflamatorios necrosados no panículo, con febre, malestar xeral e síntomas xerais de enfermidade. OBS: Tamén se denomina paniculite nodular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e director de orquestra. Formou co seu mestre Schönberg e con A. Berg, a escola de Viena. Utilizou o método dodecatónico a partir de 1924, e converteu a melodía de timbres, die Klangfarbenmelodie, nunha serie de carácter tímbrico. lang=EN-GB mso-ansi-language:EN-GB >Das súas obras destacan Passacaglia (1908), Bagatellen (1913) e Variationen (1936).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Saxofonista de jazz estadounidense. Coñecido como Ben Webster, da súa discografía sobresaen Coleman Hawkins Encounters Ben Webster (1957) e Ben Webster Meets Don Byas (1968).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo e actor alemán. A súa obra dramática, dun ton humorístico, ataca duramente a vida sexual da burguesía. Destacan Der Erdgeist (O espírito da Terra, 1895) e Die Büchse der Pandora (A caixa de Pandora, 1904), que unidas, formaron a ópera Lulu de Alban Berg.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antropólogo alemán. Estudou os homínidos primitivos como o pitecántropo ou o sinántropo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Shandong, China, na rexión do Leste (428.522 h [1990]). Está situada entre os ríos Wei He e Jiao He, ao pé do Yi Shan. Creouse en 1949 coa unión da antiga Weixian coa vila mineira de Fangzu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. Coñecida como Lauren Bacall, da súa filmografía destacaTo have and have not (1944), The Big Sleep (1946) ou Key Largo (1948). Desde a década de 1950 dedicouse ao teatro. Na súa filmografía recente destaca Misery (1990) e Prêt-a-Porter (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Biólogo alemán. Realizou estudos sobre a herdanza e expuxo nas súas obras a teoría da continuidade do plasma xerminal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político israelí. Piloto das forzas aéreas, foi dun dos inspiradores do acordo de paz entre Israel e Exipto en 1979. Foi presidente de Israel (1993-2000).

    VER O DETALLE DO TERMO