Weifang

Weifang

Cidade do sheng de Shandong, China, na rexión do Leste (428.522 h [1990]). Está situada entre os ríos Wei He e Jiao He, ao pé do Yi Shan. Creouse en 1949 coa unión da antiga Weixian coa vila mineira de Fangzu.