"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Odín.
-
PERSOEIRO
Escritora. Coñecida como Toni Morrison, a súa obra fala das condicións das mulleres afroamericanas en EE UU. lang=EN-GB mso-ansi-language:EN-GB >Destacan as novelas The Bluest Eye (1970), Sula (1973), Song of Solomon (1977), Beloved (1987) e Paradise (1998). Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1993.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo. En 1882 descubriu as relacións entre as manchas solares e o magnetismo terrestre.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Inspirado na ópera cómica italiana do s XVIII, compuxo Le donne curiose (1903), I quattro rusteghi (1906), L’amore medico (1913), Sly (1927), Il campiello (1936) e La dama boba (1937, baseada na obra de Lope de Vega).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Explorador inglés. Participou na expedición ao macizo de Ruwenzori (África Oriental), organizada polo British Museum, e ascendeu o cume que leva o seu nome (4.659 m).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da provincia de Kangwŏn, República Democrática de Corea (300.148 [1993]). É un porto e un centro industrial na costa da badía de Yonghŭng.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Festival de rock celebrado en Bethel (New York) entre o 15 e o 18 de agosto de 1969. Con 450.000 asistentes, actuaron Jimi Hendrix, The Who ou Janis Joplin. Foi documentado por Michael Wadleigh no filme Woodstock (1970, Oscar ao mellor documental en 1971).
-
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica. Coñecida como Joanne Woodward, destacou como intérprete dramática. Da súa filmografía sobresaen The Three Faces of Eva (1956, Oscar á mellor actriz en 1957), Rachel, Rachel (1968), Harry and Son (1983), Mr. and Mrs. Bridge (1990) ou Breathing Lessons (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa do océano Ártico, situada fronte á costa nordés de Siberia, entre o mar de Siberia Oriental e o mar de Chukotka (7.300 km2). Leva o nome do seu descubridor, F. P. Wrangel (1823). Posesión da URSS desde 1924, está habitada por chukchis.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar lituano. Oficial da garda imperial rusa, uniuse ás forzas antibolxeviques. Conseguiu numerosas vitorias na Rusia meridional e formou un goberno que foi recoñecido por Francia. Foi vencido polos bolxeviques no istmo de Perekop e en Sebastopol.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Montes volcánicos do SL de Alasca, preto da fronteira con Canadá. O seu cumio acada os 5.036 m de altitude.
-
PERSOEIRO
Arquitecto. Traballou en Chicago (1887-1893), onde foi influído pola ideoloxía de Louis Sullivan. A súa principal característica é a integración da construción no seu medio e a non-ruptura coa natureza. Das súas obras destaca a a Fallingwater House ou Kaufmann House en Bear Run, Pennsylvania (1936).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pioneiros da aviación estadounidenses. Wilbur Wright (Millville, Indiana 16.4.1867 - Dayton 30.5.1912) e Orville Wright (Dayton 19.8.1871 - 30.1.1948) construíron en 1900 un modelo de planador. En 1903 construíron un biplano provisto dun motor de 16 CV e con dúas hélices, co que en decembro dese mesmo ano, Orville efectuou o considerado primeiro voo mecánico -aínda que C. Ader efectuara varios voos entre 1890 e 1897- en Kitty Hawk (Carolina do Norte), de 266 m de percorrido e cunha duración de 59 s. En 1905 os dous irmáns voaron 39 km en circuíto pechado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á matriz que, dadas n funcións dunha variable real, f1,...,fn, ten na primeira fila as funcións dadas, e nas (n-1) filas restantes as (n-1) primeiras derivadas:
FORMULA
f1(x) f2(x) ... f1(x)
W(x) = (f’1(x) f’2(x) ... f’n(x) )
f1 (n-1) f2(n-1)... fn(n-1)(x) -
CIDADES
Cidade do sheng de Hubei, China, na rexión do Centro-sur (3.284.229 h [1990]). Situada na confluencia do Han e o Iang-Tsé, nunha rica rexión agrícola, é unha conurbación urbana. Conta co principal porto fluvial sobre o Iang-Tsé de China e é un centro industrial diversificado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Würm.
-
MONTAÑA
Montaña de China, situada ao N do sheng de Shanxi, rodeada practicamente polo río Hutuo He (2.892 m). É unha montaña santa do budismo desde a dinastía Han (ss I-II).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que adoptou a cidade chinesa de Suzhou de 1912 a 1949.
-
CORDILLEIRAS
Cordilleira da China suroriental, que se alza ata os 2.000 m de altitude. É a parte máis elevada do macizo do Zhejiang e Fujian, de rochas arcaicas e primarias, que separa a conca media do Iang-Tsé das rexións costeiras.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
hurón.