Woodstock Music and Art Fair

Woodstock Music and Art Fair

Festival de rock celebrado en Bethel (New York) entre o 15 e o 18 de agosto de 1969. Con 450.000 asistentes, actuaron Jimi Hendrix, The Who ou Janis Joplin. Foi documentado por Michael Wadleigh no filme Woodstock (1970, Oscar ao mellor documental en 1971).