Woods, Eldrick

Woods, Eldrick

Golfista. Coñecido polo seu alcume de Tiger Woods, comezou a xogar ao golf aos dous anos, e antes dos 20 xa gañara tres Abertos dos Estados Unidos na categoría Amateur. Fíxose profesional en 1996, e en tres meses gañou dous torneos. Con 21 anos gaña o Masters de Augusta (1997). Máis adiante gaña o Campionato da PGA (1999), o Aberto de Estados Unidos, o Aberto Británico e de novo o Campionato da PGA (os tres no ano 2000). Ao gañar de novo o Masters (2001) converteuse no único posuidor dos catro trofeos do grand slam. Leva gañado catro veces o Masters de Augusta (1997,2001,2002 e 2005), tres o Aberto de EE.UU. (2000, 2002, 2008), tres o Aberto Británico (2000, 2005, 2006) e catro a PGA (1999, 2000, 2006, 2007).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Cypress, California